Aselección nacional de fútbol do Brasil é o equipo que representa aoBrasil en campionatos internacionais defútbol. ACanarinha, como é coñecida popularmente, é o equipo máis laureado a nivel mundial tras acadar a vitoria en cincoCopas do Mundo. É ademais a única selección que participou en tódalas edicións do torneo. A selección está rexida polaConfederación Brasileira de Fútbol, afiliada áCONMEBOL.
O Brasil gañou o seu primeiro Mundial naedición de 1958 enSuecia, onde xa destacaba un mozoPelé que marcou dous goles na final. O encontro rematou 5-2. Catro anos despois, noMundial de 1962 enChile volveron repetir éxito. O terceiro campionato lográrono en1970, enMéxico. Brasil presentou o que posiblemente sexa o mellor equipo de tódolos tempos, con estrelas comaPelé,Tostão,Gérson,Jairzinho ouRivellino. Gañaron cantos encontros disputaron nese torneo. Ademais quedaron co trofeo en propiedade ó se-los primeiros en gañar por tres veces a copa.
Pasaron 24 anos ata que o equipo brasileiro puido celebrar un novo título planetario, gañando oMundial de 1994, nosEstados Unidos, despois de derrotar na final áselección italiana. O marcador ó final do partido foi de 0-0 polo que o torneo decidiuse por primeira vez naquenda de penaltis. Despois de acabar como segundo noMundial de 1998 a selección brasileira gañou o seu quinto campionato noMundial de 2002 noXapón eCorea do Sur. A final xogouse entre as dúas seleccións máis laureadas da historia do fútbol,Alemaña e o Brasil, gañando o equipo suramericano grazas a dous goles deRonaldo.
A selección brasileira foi formada por primeira vez o20 de agosto de1914. Xogou o seu primeiro partido contra oExeter Cityinglés, no campo doFluminense, o27 de xullo daquel ano. O partido rematou con vitoria para os brasileiros por 2 a 0, sendo o primeiro gol marcado por Oswaldo Gomes, do Fluminense. Con todo, o equipo aínda xogou máis partidos aquel ano, en dous contra aselección da Arxentina, un amigable o20 de setembro e outro oficial valendo a Copa Roca o27 de setembro. Esta competición visaba aproximar máis a estes dous países, en que acabou vencendo por 1 a 0 enBuenos Aires (gol de Rubens Salles) consagrándose campioa do torneo, sendo ese o primeiro de varios títulos conquistados pola selecciónCanarinha.
O primeiro título relevante conquistado pola selección brasileira foi oCampionato Suramericano de1919, actualCopa América, conFriedenreich marcando o gol do título sobre oUruguai, noEstadio das Laranjeiras construído poloFluminense para esta ocasión, xa que o goberno brasileiro non tiña o diñeiro para financiar este evento internacional. En1922, o Fluminense ampliou o seu estadio e a selección brasileira repetiu o seu triunfo no Campionato Suramericano.
O Brasil é a única nación que se ten clasificado para tódalas edicións daCopa do Mundo. Con todo, as participacións iniciais do país estiveron lonxe de seren exitosas. Iso debese á disputa interna do fútbol brasileiro sobre o profesionalismo, o que fixo que aConfederación Brasileira de Fútbol fose incapaz de convocar equipos cos mellores xogadores. En particular, as disputas entre as federacións estatais deSão Paulo e doRío de Xaneiro (as dúas máis importantes da época) significaban que a selección estaría composta por xogadores vidos dunha soa desas federacións. Tanto noMundial de 1930, candoPreguinho marcou o primeiro gol da historia da selección brasileira na Copa do Mundo, na estrea contraIugoslavia, en que o Brasil perdeu por 2 a 1, como na de1934, o Brasil foi eliminado pronto na primeira fase. A situación cambiou a partir doMundial de 1938, no que o Brasil terminou nun bo terceiro lugar, conLeônidas da Silva facendo historia e sendo o primeiro xogador a marcar catro goles nun único encontro da Copa do Mundo.
O Brasil acolleu aCopa do Mundo de 1950, a primeira edición despois dasegunda guerra mundial, e a primeira celebrada noBrasil. O torneo de1950 foi único por non ter unha única final, mais ao contrario diso, unha final cuadrangular; con todo, o partido decisivo entre o Brasil e o Uruguai serviu como "final" do torneo. O partido foi xogado no estadio deMaracanã noRío de Xaneiro (entón capital do país), cunha asistencia en torno aos 200.000 espectadores, e o Brasil só precisaba dun empate para ser campión.Friaça abriu o marcador para os brasileiros, pero os uruguaios acabaron remontando con goles deSchiaffino eGhiggia. O partido foi coñecido dende entón como oMaracanazo e o 16 de xullo de 1950 pasou á historia como o día máis triste da historia do fútbol brasileiro.[7][8]
Ata aquel entón a selección brasileira xogaba de branco, pero trala derrota realizouse un concurso para escoller un novo uniforme para o equipo, sendo escollidos oamarelo como cor da camiseta, oazul como cor do calzón e obranco coma cor das medias. O concurso, promovido polo xornalCorreio da Manhã, doRío de Xaneiro, foi gañado polo profesor, xornalista gaucho e, ironicamente, seareiro do Uruguai, Aldyr Garcia Schlee. Para aCopa do Mundo de 1954, enSuíza, o equipo brasileiro estaba completamente renovado, para que a derrota do Maracanã puidese ser esquecida, mais aínda tiña un bo grupo de xogadores, incluíndoNilton Santos,Djalma Santos,Julinho eDidi. O Brasil chegou aos cuartos de final, onde caeu derrotado ante a selección favorita,Hungría, nun dos partidos máis violentos da historia dos Mundiais, que pasou á historia como aBatalla de Berna.
O técnico do Brasil,Vicente Feola, impuxo regras estritas para o equipo para aCopa do Mundo de 1958, enSuecia. Os xogadores recibiron unha lista de corenta cousas prohibidas, incluíndo usar chapeu ou paraugas, fumar mentres vestían uniforme oficial e conversar coa prensa fóra dos locais designados. Foi o único equipo que levou unpsicólogo (por mor da lembranza de 1950, que aínda afectaba algúns xogadores) ou un dentista (xa que, por causa das súas orixes humildes, moitos xogadores tiñan problemas dentais, o que causaba infeccións e tiñan tamén un impacto negativo nos partidos). Ademais mandaron un representante aEuropa para asistir aos partidos eliminatorios un ano antes do comezo do torneo.
Unha vez comezado o mundial, o Brasil caeu no grupo máis difícil, conInglaterra, aUnión Soviética eAustria. No primeiro encontro Brasil bateu a Austria por 3 a 0, e despois empatou 0 a 0 con Inglaterra. Os brasileiros estaban preocupados co seu partido fronte ossoviéticos, que tiñan un físico excepcional e eran un dos favoritos a gañar o torneo; a súa estratexia era arriscar no comezo do xogo para tentar marcar un gol pronto no inicio. Antes do partido, os líderes do equipo, Bellini, Nílton Santos eDidi, falaron co técnico e persuadírono para facer tres substitucións que serían cruciais para gañar aos soviéticos e a Copa: Zito,Garrincha ePelé comezarían o xogo contra a Unión Soviética. No asubío inicial, pasaron a bóla a Garrincha que pasou por tres xogadores antes de acertar a trabe cun xute. O equipo brasileiro mantivo a presión sen descanso, e tras tres minutos, que máis tarde serían chamados de "os tres minutos máis grandiosos da historia do fútbol",Vavá deu ao Brasil o primeiro gol. Finalmente o partido rematou con vitoria por 2 a 0, tras un segundo gol de Vavá.
Pelé marcou o único gol do partido de cuartos de final contraGales, e posteriormente bateron aFrancia por 5 a 2 nas semifinais. Xa na final, Brasil venceu aos anfitrións,Suecia, por 5 a 2, gañando a súa primeira Copa do Mundo e converténdose a primeira selección en gañar un título de Copa do Mundo fóra de seu propio continente. Repetiu o feito en2002, ao triunfar naAsia, sumando títulos en tres continentes. Despois doBrasil sóEspaña eAlemaña conseguiron un título mundial fóra do propio continente.
NaCopa do Mundo de 1962, o Brasil conseguiu o seu segundo título, nun campionato que trala lesión de Pelé, tivo aGarrincha como a grande estrela, facendo goles de cabeza e tamén coa súa perna esquerda, e xogando con febre a final. NaCopa do Mundo de 1966, a preparación do equipo estivo afectada por mor de influencias políticas. Tódolos grandes clubs do fútbol brasileiro querían aos seus xogadores incluídos no equipo brasileiro para darlles maior exposición. Durante os meses finais da preparación, o técnicoVicente Feola estaba traballando con 46 xogadores, dos cales só 22 irían aInglaterra; iso causou moitas disputas internas e presión psicolóxica. O resultado foi que, en1966, o Brasil tivo unha das súas peores actuacións de tódalas Copas do Mundo. Alén diso, a derrota contra Hungría supuxo a única derrota deGarrincha coa camisa da selección.
Antes daCopa do Mundo de 1970, o3 de setembro de1969, a selección disputou un partido amigable contra oAtlético Mineiro e a futura selección campioa foi derrotada por 2-1. Despois do ocorrido, foron prohibidos os partidos amigábeis de equipos brasileiros coa selección. O Brasil gañou súa terceira Copa do Mundo na Copa do Mundo de 1970 enMéxico. Naquela ocasión, colocou en campo o que foi considerado, segundo unha pescuda global con especialistas, realizada pola revistainglesaWorld Soccer, o mellor equipo de fútbol de tódolos tempos conPelé, na súa última edición de Copa do Mundo,Carlos Alberto Torres,Jairzinho,Tostão,Gérson,Piazza,Clodoaldo eRivellino. Tras gañar a Copa Jules Rimet por terceira vez, o Brasil quedou con ela en propiedade. Porén, foi roubada e fundida anos máis tarde. En 1984 relizouse unha réplica totalmente confeccionada a partir dos seus moldes orixinais. Despois desa conquista, a selección pasou 24 anos sen conquistar unha Copa do Mundo. Nese período alcanzou unha nova final, noMundial de 1982 cunha selección que contaba con xogadores comoZico,Sócrates,Falcão eJúnior, sendo considerada por moitos unha das mellores seleccións da historia dos mundiais.
En1994, a selección brasileira non estaba considerada como unha das favoritas. Un ano antes, nas eliminatorias, clasificarase no último momento grazas á axuda deRomário, que foi atéalcumadoSan Romário. Xa naCopa disputada nosEstados Unidos, o equipo deCarlos Alberto Parreira estaba considerado como demasiado defensivo, o que contrariaba o estilo tradicional do fútbol brasileiro. No decorrer da competición, mentres, o Brasil foi superando barreiras e clasificándose para as seguintes fases. Foi o primeiro do seu grupo na primeira fase, despois de vencer óCamerún e aRusia e empatar conSuecia. Nos oitavos de final, eliminou aselección dos Estados Unidos en pleno día4 de xullo. Nos cuartos de final, nun partido emocionante, eliminou osPaíses Baixos e, nas semifinais, volveuse a atopar conSuecia, despachando finalmente á selecciónescandinava. Na final, derrotou aItalia naquenda de penaltis, tras un empate sen goles despois do tempo normal e aprórroga. Pasou así a ser a primeira selección en conquistar catro Copas do Mundo e a primeira en conquistar o título a grazas a unha rolda de penaltis.
Entre1998 e2002 a selección tivo até catro técnicos diferentes (Luxemburgo,Candinho,Émerson Leão eScolari) e volveu ter problemas para clasificarse para un Mundial. Outra vez aSeleção non era vista como favorita e, outra vez, acabou sorprendendo. Para aCopa do Mundo de 2002, Scolari convocou aRonaldo, o que xerou moitas dúbidas, pois levaba dous anos parado por unha lesión. Porén, o dianteiro tivo grandes actuacións e contribuíu a que acanarinha eliminase sucesivamente as seleccións deBélxica,Inglaterra,Turquía eAlemaña, esta última na final. Ronaldo foi o máximo goleador do torneo, con oito goles, dous deles na final na que o Brasil conquistou o seu quinto título.
Co bo desempeño nas eliminatorias daCopa do Mundo de 2006, Brasil continuou sendo o único país que conseguiu a clasificación para tódolosmundiais, alén de xa ser o que máis veces foi campión. Con todo, no mundial a selección fracasou, non demostrou o fútbol esperado e sucumbiu de forma vexatoria conFrancia, fracasando no soño de obter o a sexta copa. O24 de xullo de2006, Parreira foi destituído, eDunga foi anunciado como o novo adestrador, nunha tentativa daConfederación Brasileira de Fútbol de dar unha resposta ás críticas por parte dos seareiros e da prensa. Este troco veu por mor da imaxe de loita e garra que dera Dunga na súa etapa xogador, contrapóndose á imaxe de falta de comando e profesionalismo, que foi creada de seu antecesor na campaña fracasada de2006.
Dende que asumiu a Selección, a palabra de orde do técnico Dunga é renovación. Diante disto, foron afastados do equipo brasileiro xogadores veteranos comoCafú,Roberto Carlos,Ronaldo eEmerson, xogadores que ao lado do técnico Carlos Alberto Parreira, foron responsabilizados polo fracaso brasileiro no mundial de Alemaña. Dunga, que vivía a súa primeira experiencia como técnico de fútbol, chamou ao seu amigo e excompañeiro daCopa do Mundo de 1994,Jorginho para o cargo de auxiliar técnico, cargo este que era ocupado porZagallo.
Dunga estreouse na selección no amigable contraNoruega, o día16 de agosto, enOslo. O partido acabou 1 a 1. Na súa segunda actuación como técnico, Dunga levou a selección á vitoria contraArxentina o3 de setembro, enLondres, por 3 a 0. O amigable seguinte contraGales o 5 de setembro enLondres foi outro logro para a selección, vencendo por 2 a 0. Despois xogou contra o combinado deKuwait, e o Brasil venceu por 4 a 0, coa estrea do porteiro Hélton. No último partido de2006, o Brasil afrontou aSuíza, e conseguiu outra vitoria por 2 a 1.
O6 de febreiro nun amigábel contraPortugal, selección do ex-técnico doPalmeiras e da selección brasileira,Luiz Felipe Scolari, Dunga foi criticado por escoller un equipo considerado feble e, ao contrario do que moitos esperaban, non convocaRogério Ceni para a portería da selección, insistindo nos porteiros Hélton eJúlio César. A derrota por 2 a 0 foi a primeira do técnico. En marzo, Brasil realizou dous amigábeis enSuecia: 4 a 0 contraChile e 1 a 0 contraGhana.
A selección brasileira non ten un estadio nacional de orixe do mesmo xeito que moitos outros equipos e seleccións nacionais. Por tal motivo a selección brasileira xoga os seus partidos amigables e clasificatorios en diferentes escenarios. Entre estes atópanse o míticoEstadio Maracanã que foi sede daCopa Mundial de Fútbol de 1950 celebrada noBrasil. Este estadio é coñecido pola súa capacidade, na final do propio mundial albergou a 200.000 espectadores, e tamén por un episodio acontecido durante ese encontro, o chamadoMaracanazo. Nese encontro a selección doBrasil, que tan só precisaba dun empate para levarse aCopa do Mundo. O partido comezara ben para ledicia dos seareiros, mais aselección do Uruguai conseguiu darlle a volta ao marcador e levarse o título.
Ademais do estadio deMaracanã, que hoxe conta cunha capacidade para 82.238 espectadores, está o estadio Olímpico João Havelange, onde a selección brasileira disputou partidos de eliminatorias para oMundial de 2010. Os estadios Morumbi, Mineirão, Beira-Rio, Manei Garrincha entre outros, son utilizados igualmente pola selección. Con todo, a selección brasileira disputou encontros oficiais para as eliminatorias domundial de fútbol Alemaña 2006 en estadios máis pequenos como o estadio Vivaldo Lima enManaus, o estadio Rei Pelé enMaceió, o estadio Serra Dourada enGoiânia e o estadio Mangueirão enBelém do Pará.
Brasil dende os seus comezos levou unha súa indumentaria conformada por camiseta, pantalón e medias de cor branca até oMundial de 1950. Despois do famoso "Maracanazo", cambiou o seu uniforme polo actual facendo o seu debut noMundial de Suíza 1954 coa goleada de 5-0 fronte aMéxico noStade des Charmilles na cidade deXenebra.
Actualmente, o uniforme oficial da selección brasileira componse dunha camiseta amarela, pantalón azul e medias brancas. O uniforme de visitante componse de camiseta e medias azuis e pantalóns brancos. A indumentaria da selección está feita con tecnoloxía "Dri-Fit" de Nike, unha tecnoloxía innovadora que mellora o rendemento dos xogadores axudándoos a manterse máis secos, frescos e liviáns. Lógrao levando a transpiración do corpo á parte externa da tea para un secado rápido.