ASelección de fútbol de Austria (enalemán:Österreichische Fußballnationalmannschaft), dependente daÖsterreichischer Fußball-Bund, é unha das seleccións de fútbol máis antigas do mundo. Nunca conseguiu ningún título de relevancia, sendo o mellor resultado nunhaCopa de Mundo o terceiro posto en1954 e o cuarto en1934. Tampouco logrou nunca clasificarse para unha fase final daEurocopa, participando por primeira vez en2008 como coorganizador.
A nacional autríaca xoga os seus partidos locais noEstadio Ernst Happel (até 1992 coñecido como Praterstadion), situado no Prater deViena.O estadio ten capacidade para 49.825 espectadores e é a maior instalación deportiva de Austria. É un dos estadios máis modernos de Europa e posúe a categoría de cinco estrelas da UEFA, sendo o único deste nivel que non supera os 50.000 espectadores.
Austria, como a veciña Alemaña, sempre empregou a camisola branca con pantalóns negros, coa diferenza de beiras vermellas. Na versión de visitante xogaba con camisola vermella.Esta tradición cambiou nos últimos anos, pasando a empregar como local a camisola vermella e como visitante a negra.