Seixebra | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Aspecto xeral. | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Teucrium scorodonia' L.,Sp. Pl., vol.2, p. 564, 1753[1] |
Aseixebra [1], Teucrium scorodonia, é unhaplanta herbáceaperenne da familia dasLamiáceas de follas enteiras e flores brancas, amarelas ou avermelladas, agrupadas en inflorescencias. Medra nas zonas temperadas, incluíndoGaliza e adoita usarse comaornamental[2]. Tamén recibe os nomes deourego bravo e sarxa brava[3].
Arbusto anano viloso, de talos ergueitos e ramosos de até 50 cm ou máis.Follas triangulares-ovadas de baseen forma de corzón, con dentes arredondados, engurrados, peciolados.Flores amarelo-averdadas, raramente brancas ou vermellas, eninflorescencias longas, simples ou ramosas, laxas, espiciformes.Corola de 9 mm, de pelo tipola,estames moito máis longos. Cáliz acampanado, bilabiado, con labios tomentosos e a metade de longo ca ocáliz, que está curvado e é protuberante no baseamento. Florea a final da primavera e polo verán.
Sotobosque defaiais,sobreirais,caxigais, freixedos,piñeirais,fragas,uceiras, herbeiras, pasteiros montanos, lamazais, lugares húmidos e sombríos, beirís dos camiños e beiras dos regueiros, fendas de rochas, noiros rochosos, lugares abertos e asollados, en substratosilíceo,area oucalcario; medra dende o nivel do mar até 2000 m de altitude. Florea de maio a novembro. Aparece enGaliza e en case toda a Península Ibérica, agás o Levante e o sueste.[4] Distribúese tamén en practicamente por todaEuropa, e esténdese atéTunisia polo sur.[5]
Teucrium scorodonia, foi descrita por (Coss. ex Pau)Castrov. & Bayon e publicado enAnales del Jardín Botánico de Madrid 47: 508. 1989[1990].[6]
Teucrium: nome xenérico que deriva dogregoτεύχριον, e despois dolatínteucri,-ae eteucrion, -ii, usado porPlinio o Vello enHistoria naturalis, 26, 35 e 24, 130, para designar o xéneroTeucrium, mais tamén oAsplenium ceterach, adouradiña, unha especie de fento (25, 45).[7] Hai outras interpretacións que derivan o nome deTeucri, -ia, -ium, dostroianos, poisTeucro era fillo do río Escamandro e aninfa Idaia, e foi o antepasado lendario dostroianos, polo que estes últimos a miúdo son chamados de teucrios.[8] Mais taménTeucrium podería se referir aTeûkros, en latínTeucri, ou sexaTeucro, fillo deTelamón eHesione e medio-irmán deAjax, e que loitaron contraTroia durante a guerra do mesmo nome, durante a cal descubriu a planta no mesmo período en queAquiles, segundo a lenda, descubriu aAchillea.[9]
scorodonia:epíteto derivado do gregoσχόρόδον e despois do latínscorodon, -i, os dous significando "allo", pois as follas da planta son aromáticas, con algo de sabor a allo[10][11]