Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Seitura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde decembro de 2015.)
Este artigo non posúe formato wiki axeitado
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga olibro de estilo da Galipedia.
Pode axudar amellorar este artigo e outros encondicións semellantes.
Seitura en Guitiriz na década de 1970.

Aseitura,corta ousega era un traballo tradicional doagro galego que consistía en segar a planta decenteo outrigo para despois namalla separar o gran da palla e almacenalo logo nas huchas ou tullas para consumilo durante o ano (facerpan, para os animais e para sementar á volta do ano).

Historia e características

[editar |editar a fonte]

Tradicionalmente, polas condiciónsclimáticas, enGalicia cultivábase maiormente centeo e non trigo (na Galicia central, ata hai ben pouco chamábaselle pan ó centeo).

Ata a década de1970, data en que se foi xeneralizando a introdución de apeiros mecánicos, un día de seitura consistía no que a continuación se dirá:

Como era un traballo colectivo, no día sinalado (un día de sol contra o25 de xullo, como di o refrán:polo San Xoán sécalle unha raíz ó pan, polo San Pedro sécalle a do medio e polo Santiago fouciños ó agro) o dono das leiras chamaba unha cuadrilla de homes e mulleres, algúns a xornal, outros por razóns de veciñanza e axuda mutua e outra parte por familiares. Todos eles presentábanse na casa do dono nada máis romper o día, provistos dos apeiros necesarios para o labor que ían realizar: os homes confouciños e as mulleres e nenos só coas gañas de traballar. Era costume ofrecerlles de almorzo caldo requente, torresmos con pan ouleite mazado.

Había que aproveitar as primeiras horas do día, xa que a calor provocaba que se debullase o gran e se perdese. Xa na leira os homes en ringleiras ían segando a palla e poñendo en feixes. Non era raro que houbera unha grande competencia entre os segadores mais afamados de cada lugar. Antes de comenzar a xornada afiábanse os fouciños na moa da casa e despois cada segador ía provisto dunha pequena pedriña que utilizaba para afiar o apeiro se este se cegaba.

Era raro ver unha muller segando, xa que o traballo reservado para esta era coller o feixe depalla, sacudirlle os fentos ou outras herbas malas que levase, e atalo cunha presa da mesma palla ata facer un mollo. Os nenos (algúns de só cinco ou seis anos) recollían tras das atadoras as espigas que ían quedando e tamén tiñan que ir á fonte máis próxima porauga fresca nuns porróns de barro para os traballadores, e encargarse de gardalos á sombra para que no se quentara a auga. E outros dedicábanse a recoller "pan corvo" que logo se vendería.

Cando a calor apertaba, o normal era retirarse, ben para comer nunhacarballeira ou na casa do dono, que tiña a obriga de ofrecerlles a comida, que era o único pago para moitos deles. Unha vez segada unhaleira, o normal era trasladarse a outra do mesmo propietario se non estaba moi lonxe e había tempo dabondo no mesmo día. O último traballo era amorear osmollos en medouchos ou montóns perfectamente construídos que protexían o gran dospaxaros e posibles inclemencias do tempo (a espiga escondíase no interior do montón e cara a fóra só quedaba a palla) ata que se trasladaran a eira para facer a meda unha ver remataba a seitura.

Normalmente naconstrución dos medouchos participaban os máis vellos que dirixían este labor ou a facían eles mesmos, namentres os rapaces lles traían os mollos espallados pola leira. Era costume que as mulleres fosen provistas demedias gordas ou ben de pantalóns para evitar as feridas das canas que quedaban unha vez cortado o pan. A mesma precaución tiñan que adoptar os nenos.

Esta forma de facer a seitura resistiu inalterable durante séculos, ata que a finais dadécada de 1960 e principios de1970 apareceron as segadoras mecánicas (as clásicas "Bartollini") que substituíron os fouciños, se ben as atadoras, os mollos e os medochos seguíronse facendo igual. E xa a mediados dadécada de 1980 chegaron as colleitadoras que facían a un tempo a sega e amalla.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Seitura

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Seitura&oldid=6941246»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp