Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Seha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.

Seha foi un reino da Anatolia oriental, tributario primeiro deArzawa e despois doshititas. Estaba no val do río Seha, río non identificado, probabelmente na zona da costa fronte aLesbos.

Historia

[editar |editar a fonte]

O reino fundouse despois do-1430. O primeiro rei que aparece, na metade doséculo –XIV, levaba o nome deMuwa-Walwis ("León poderoso") e gobernaba ata Artemis en Lesbos; cando morreu, deixou o trono aManapa-Tarhunta I, probabelmente fillo seu, pero non o máis vello, cousa que provocou a revolta do príncipe herdeiro (o irmán máis vello)Ura-Tarhunta, e o rei tivo que escapar aKarkiya (Caria, se ben outras fontes dan Karkišša) onde os seus bens serían expropiados polo gobernante local. Con todo, o novo rei foi impopular.

Suppiluliumas I morreu por mor dunha epidemia nunha data entre o-1345 e o-1320 e sucedeuno o seu filloArnuwandas II, o cal fixo agasallos ao gobernante de Karkiya ou Karkissa e logrou reinstalar a Manapa-Tarhunta cando o impopular Ura-Tarhunta foi derrubado.

Pero a epidemia causou tamén a morte un ano despois a Arnuwandas II, e sucedeuno o seu irmán máis novoMursilis II. Durante este período fixérase co poder nos restos de Arzawa o reiUhha-Ziti instalado porSuppiluliumas I, pero independizouse ao cabo do seu reinado. Este rei e os seus dous fillos serían derrotados antes porMursilis II, que, ao acabar a campaña, avanzou entón polo río Seha, onde o rei Manapa-Tarhunta recibiu ao soberano solemnemente. Mursilis confirmoulle as terras do río e a terra deAppawiya.

Os pequenos reis de Mira,Hapalla e do río Seha asinaron un tratado recoñecendo ao reino Hitita como soberano, ao mesmo tempo que se recoñecía a súa liberdade.

Un rei que as taboíñas mencionan cono E.gal.pap (os dous puntos están por dúas letras que faltan) sublevouse ao oeste deHatti durante dez anos, pero finalmente foi derrotado. A revolta tivo incidencia en Seha, o rei da cal parece que permaneceu fiel aos hititas.

Muwatallis II, sucesor de Mursilis II, non confiaba bastante na xente de Arzawa segundoAlaksandu deWilusa. O rei hitita estivo en Seha para facer campaña contraPiyama-radu, un guerreiro posibelmente da illa deLazba ouLesbos, de onde era o seu avó, que dirixía un continxente de desarraigados de Arzawa, e tiña a axuda deAhhiyawa,Millawanda (casou coa filla do reiAtpa de Millawanda) eWilusa. Lesbos era unha dependencia do rei de Seha, e Piyama-radu atacouna; o seu avó minara a lealdade dos habitantes da illa e o Saripu (¿delegado?) de Seha en Lazba, e o Saripu do gran rei hitita na illa serían incitados polo avó a se rebelaren e, ao final, fixérono e pasáronse a Piyama-radu. Muwatallis enviou un exército a Seha desde onde atacou Wilusa.Manapa-Tarhunta II de Seha non participou alegando estar moi doente (segundo unha carta quedara imposibilitado e probabelmente morreu deseguido); pouco despois, cara ao final do reinado de Muwatallis II, aparece xaMasturi como rei de Seha; Masturi era probabelmente un fillo de Manapa-Tarhunta II e casou conMinaššanauzzi, irmá de Muwatallis II. O final da historia de Piyama-radu non se coñece, pero, en todo, caso Piyama-radu, coa axuda de Ahhiyawa e deMillawanda, continuou o enfrontamento cos hititas durante bastante tempo.

Urhi-Teshub chegou ao trono hitita baixo o nome deMursilis III, e inmediatamente depuxo algúns das gobernadores dos antigos estados da rexión de Arzawa e estableceu o goberno directo e foi á zona para consolidar o seu poder. O rei de Seha non foi destituído ou, se fuxiu, foi restablecido despois porHattusilis III do que foi unha axuda na guerra civil.

Á morte do rei Masturi de Seha, o país fíxose independente baixo un home de orixe descoñecida chamadoTarhuna-radu, que se aliou co rei deAhhiyawa.Tudhaliyas IV, rei hitita, fixo persoalmente a campaña contra Seha.Ahhiyawa interveu, pero sufriu unha completa derrota. Tarhuna fuxiu a un illote chamado Outeiro da Aguia, lugar que tamén foi ocupado por Tudhaliyas IV e fíxoo prisioneiro xunto coas súas mulleres e outros familiares e levouno aArinna. Colocou no trono a un membro da dinastía de Muwa-Walwis e a situación volveu á normalidade.

O reino desapareceu coa invasión dosPobos do Mar antes do-1185.

Lista de reis

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Seha&oldid=6272242»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp