O establecemento dun novo imperio foi aprobado nun referendo. A partir de aquí houbo unha gran represión sobre os grupos opositores. Ao igual que oPrimeiro Imperio Francés, este foi contestado por boa parte da opinión pública. Para mantelo houbo que manter unha autoridade máis forte, polo queNapoleón III transformou o seu goberno nun réxime autoritario que conseguiu basearse no apoio do exército, que perdera boa parte das súas ideas liberais e quería títulos e compensacións.Tamén foi apoiado pola burguesía, que valoraba máis a nova orde social establecida así como a prosperidades económica do ámbito internacional. AIgrexa foi o terceiro apoio, pois viu favorecida unha nova alianza reflectida no apoio dado ao presuposto clereo e as escolas relixiosas. Durante o Segundo Imperio prodúcese un forte desenvolvemento dos medios de transporte, así como unha bonanza económica. Increméntase a rede bancaria e se firman acordos conInglaterra en1860 que fomentou o comercio internacional.
A caída comeza cara1860 por medidas de política interna, posto que aínda que tiñan o apoio dosrepublicanos e obreiros, chocaban coscatólicos e aburguesía financeira. Ademais disto, a política exterior tivo unha serie de fracasos importantes; tamén se conta nese aspecto, que o declive do imperio comezou desde o inicio da expedición aMéxico, xa que alí o imperio sufriu a súa primeira derrota militar (desde abatalla de Waterloo) na batalla de Puebla o5 de maio de1862, a mans de tropas mexicanas, pola que Francia se converteu en obxecto de burla de toda Europa. No aspecto militar, as cousas xa non serían iguais logo dese acontecemento, hai problemas enItalia, a estrepitosa derrota na guerra de México culminou coa execución deMaximiliano en1867 e a terribleGuerra Franco-Prusa de1870 coa que Napoleón III foi vencido totalmente.
As derrotas producíronse por falta dun exército preparado así como de aliados, ao igual que polas contradicións da política de Napoleón III (en contra das unificacións r en contra de Europa). O caso é que, en1870, Napoleón capitula naSedán e é feito prisioneiro.
A partir de aquí establecese un goberno provisional por parte das autoridades legais do Imperio, pero o sector republicano invade a Asemblea e proclama aTerceira República Francesa en1870.
Casado conEugenia de Montijo (condesa de Teba), unha nobre española de ascendencia escocesa e española, Napoleón III tivo un fillo,Napoleon Eugène,1856–1879, que, á súa morte, se converteu en xefe da familia e foi chamado polos seus partidarios Napoleón IV.