Asegunda guerra mundial[1] foi un conflito armado a escala mundial que durou do1 de setembro de1939 ó2 de setembro de1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas asgrandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: osAliados e oEixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. Nun estado de "guerra total", os principais participantes adicaron a súa capacidade económica, industrial e científica ó completo óesforzo de guerra, eliminando as distincións entre recursos militares e civís. Marcada polas mortes masivas de civís, incluíndo oHolocausto, no que faleceron uns 11 millóns de persoas e os bombardeos estratéxicos de centros industriais e de poboación nos que faleceron ó redor dun millón de persoas, incluíndo osbombardeos de Hiroshima e Nagasaki, tivo como resultado final un total de entre 50 e 58 millóns de mortes. Isto fixo da segunda guerra mundial o conflito militar con maior número de mortos na historia dahumanidade.
O avance do Eixe detívose en 1942 cando o Xapón perdeu abatalla de Midway preto deHawai, e cando Alemaña sufriu importantes derrotas nonorte de África eStalingrado. En 1943, tras unha serie de derrotas alemás naFronte Oriental, a invasiónAliada deSicilia eItalia deron como resultado a rendición de Italia. Xunto coas vitorias Aliadas no Pacífico, o Eixe perdeu a iniciativa da guerra e levou a cabo unha retirada estratéxica en tódalas frontes. En 1944 os Aliados Occidentaisinvadiron a Francia ocupada por Alemaña, mentres que a Unión Soviética recuperou o territorio perdido e comezou unha invasión de Alemaña e os seus aliados. Durante os anos 1944 e 1945 os xaponeses sufriron varios reveses no continente asiático, nosur ecentro da China e enBirmania, mentres que os Aliados conseguiron debilitar aArmada Xaponesa e capturaron varias illas chave do Pacífico Occidental.
A segunda guerra mundial alterou os aliñamentos políticos e a estrutura social do mundo. Estableceuse aOrganización das Nacións Unidas co obxectivo de fomentar a cooperación internacional e previr conflitos futuros semellantes, e asgrandes potencias mundiais vitoriosas —osEstados Unidos, aUnión Soviética, aChina, oReino Unido eFrancia— convertéronse en membros permanentes do seuConsello de Seguridade. A Unión Soviética e os Estados Unidos xurdiron comosuperpotencias mundiais, preparando o escenario daguerra fría que duraría 46 anos. Ó mesmo tempo a influencia mundial das potencias europeas diminuíu considerablemente, dando lugar a descolonización deAsia eÁfrica. A maioría de países que viron a súa industria danada pola guerra comezaron diversos esforzos para unharecuperación económica, e a integración política, especialmenteen Europa, xurdiu como un esforzo para atallar conflitos evitando posibles guerras e co obxectivo de crear unha identidade común europea.
O comezo da guerra en Europa adoita indicarse no 1 de setembro de 1939 coainvasión alemá de Polonia,[2][3][4] aínda que a declaración de guerra por parte do Reino Unido e Francia non tivo lugar ata dous días despois.[5][6] A data indicada para o comezo da guerra no Pacífico é habitualmente a do comezo dasegunda guerra sino-xaponesa, o 7 de xullo de 1937,[7] pero nalgunhas ocasións tamén se indica como tal ainvasión xaponesa de Manchuria o 19 de setembro de 1931.[8][9] Outros autores seguen a opinión do historiador británicoA. J. P. Taylor, que afirmou que a guerra sino-xaponesa e a guerra en Europa e nas súas colonias comezou de forma simultánea e que as dúas guerras uníronse nunha soa en 1941,[10] e outro punto de vista indica que a data de comezo da guerra nainvasión italiana de Abisinia o 3 de outubro de 1935.[11][12] O historiador británicoAntony Beevor considerou o comezo da segunda guerra mundial nasbatallas de Khalkhin Gol entre o Xapón e as forzas deMongolia e da Unión Soviética dende maio ata setembro de 1939.[13] Existe tamén o punto de vista que chega a considerar aprimeira guerra mundial e a segunda guerra mundial como parte da mesma guerra civil europea ou segunda guerra dos Trinta Anos".[14][15]
Da mesma forma non hai un acordo total na data exacta do fin da guerra. Xeralmente acéptase que a guerra finalizou coarmisticio do 14 de agosto de 1945 (oDía da Vitoria sobre o Xapón), no lugar da rendición formal do Xapón o 2 de setembro de 1945.[16][17] Algunhas das consecuencias e eventos posteriores causados pola guerra inclúense en ocasións como parte desta. Otratado de paz co Xapón foi asinado en 1951, formalizando varias cuestións pendentes como por exemplo as compensacións os prisioneiros de guerra Aliados que foran vítimas de atrocidades,[18] e outros autores chegaron incluso a considerar que a guerra non rematou realmente ata o colapso daUnión Soviética e o fin daguerra fría, cualificando a esta última como unha continuación da segunda guerra mundial.[19] Así mesmo, ata 1990 non se asinou oTratado Dous Máis Catro que permitiu areunificación alemá e resolveu outras cuestións relacionadas con orixe na segunda guerra mundial.[20]
Malia que xurdiu un forte sentimentopacifista comoconsecuencia da primeira guerra mundial,[24] o seu desenlace deu lugar a unha correnteirredentista enacionalista en varios países Europeos.[25][26] Estes sentimentos foron especialmente marcados enAlemaña,[27][28] principalmente debido ás significativas perdas territoriais, coloniais e financeiras impostas noTratado de Versalles.[28] Baixo este tratado, Alemaña perdeu ó redor dun 13% do seu territorio europeo e tódalas súascolonias, prohibíuselle a anexión doutros estados, impuxéronlle diversas reparacións e limitouse a súa capacidade de desenvolvementomilitar.[29]
Italia formou parte dos aliados daTripla Entente, gañando territorio trala guerra. Porén, os nacionalistas italianos sentíronse anoxados polo incumprimento ao final da guerra daspromesas feitas porReino Unido eFrancia para conseguir asegurar a entrada italiana na guerra.[30][31] De 1922 a 1925 o movementofascista liderado porBenito Mussolini conseguiu o poder no país cunha axenda nacionalista,totalitarista e clasista que aboliu a representatividade democrática, reprimiu osocialismo e as forzas liberais e de esquerdas,[31] e procurou unha política exterior expansionista moi agresiva coa intención de converter a Italia nunhapotencia mundial baixo a promesa da creación dun novoImperio Romano.[32]
Hitler nunha manifestación políticaNazi enWeimar en outubro de 1930.
OReino Unido,Francia eItalia formaron aFronte de Stresa procurando conter a Alemaña.[37] Porén, en xuño de 1935 o Reino Unido acordou untratado independente con Alemaña que levantou algunhas das restricións impostas previamente. A Unión Soviética, preocupada polosobxectivos alemás de expansión cara ó leste de Europa, redactou un tratado de axuda mutua con Francia. Antes de ser efectivo, opacto franco-soviético tivo que pasar a burocracia da Liga das Nacións, quedando practicamente ineficaz.[38][39] Pola súa banda, osEstados Unidos observaban os eventos que estaban tendo lugar en Asia e Europa, e aprobaron unha Lei de Neutralidade en agosto dese mesmo ano.[40] Hitler desafiou os tratados de Versalles eLocarno,remilitarizandoRenania en marzo de 1936 cunha mínima oposición do resto de potencias Europeas.[41] En outubro dese ano Alemaña e Italia formaron oEixe Roma-Berlín,[42] e un mes despois Alemaña e oXapón asinaron oPacto Anticomintern,[43] ó que se uniría posteriormente Italia en 1937.[44]
Demasiado débil para resistir o pulo xaponés, a China apelou áLiga das Nacións pedindo axuda, e o Xapón saíu da Liga tras sercondenada pola súa incursión enManchuria.[48] Os dous países enfrontáronse nunha serie de batallas enShanghai,Rehe eHebei, ata que asinaron aTregua de Tanggu en 1933.[49] Non obstante, forzas voluntarias chinesas mantiveron a resistencia á agresión xaponesa enManchuria,Chahar e Suiyuan.[50] Traloincidente de Xi'an en 1936, o Kuomintang e as forzas comunistas chinesas acordaron un cesamento das hostilidades para presentar unhafronte unida contra o Xapón.[51]
Asegunda guerra italo-abisinia foi unha breveguerra colonial que deu comezo en outubro de 1935[52] e finalizou en maio de 1936.[53] A guerra comezou coa invasiónitaliana doImperio Etíope (tamén coñecido como "Abisinia"), lanzada dende aSomalia Italiana[54] eEritrea.[52][55] O conflito resultou naocupación militar de Etiopía e a súa anexión á nova colonia deÁfrica Oriental Italiana.[53] Tamén expuxo a debilidade daLiga das Nacións como unha forza de preservación da paz. Tanto Italia como Etiopía eran membros da Liga, que non interveu aínda cando Italia violou un dos seus propios artigos.[56] Alemaña foi a única nación Europea que apoiou a invasión, e Italia subsecuentemente retirou as súas obxeccións ó obxectivo alemán de absorberAustria.[57]
Tralo estalido da guerra civil enEspaña, Hitler e Mussolini prestaron apoio militar óssublevados nacionalistas liderados polo xeneralFrancisco Franco,[58][59] mentres que a Unión Soviética apoiou o goberno existente, aSegunda República.[60] Máis de 30 000 voluntarios estranxeiros, coñecidos como asBrigadas Internacionais, tamén loitaron no bando republicano contra os nacionalistas. Tanto Alemaña como a Unión Soviética empregaron estaguerra delegada como unha oportunidade para probar en combate as súas armas e tácticas máis avanzadas. Obombardeo de Guernica por parte daLexión Cóndor en abril de 1937 provocou unha preocupación global temendo que a seguinte gran guerra incluiríabombardeos de terror extensivos sobre brancos civís.[61][62] Por outra banda, segundoTony Judt "a estratexia comunista en España resultou ser un ensaio para a toma de poder en Europa Oriental tras 1945".[63] Finalmente, o bando nacional gañou a guerra civil en abril de 1939. Franco, agoraditador do país, levou a cabo negociacións e acordos con ámbolos dous bandos durante a segunda guerra mundial, enviando aDivisión Azul a loitar nafronte oriental baixo ordes alemás,[64] aínda que España permaneceu neutral e non chegou a participar de forma activa no conflito.[58]
En marzo de 1938 as forzas nacionalistas chinesas gañaron abatalla de Taierzhuang, pero a cidade deXuzhoufoi capturada polos xaponeses en maio dese mesmo ano.[71] En xuño de 1938 as forzas chinesas detiveron o avance xaponésinundando orío Amarelo. Esta manobra deu tempo ó exército chinés a preparar a defensa deWuhan, pero acidade foi capturada en outubro.[72] As vitorias xaponesas non conseguiron colapsar a resistencia chinesa e o goberno chinés trasladouse aChunquin, continuando a guerra entre os dous países.[73][74]
A mediados e finais dos anos 1930 as forzas xaponesas enManchukuo mantiveron conflitos fronteirizos esporádicos coa Unión Soviética eMongolia. O exército imperial xaponés favoreceu a doutrinaHokushin-ron que poñía énfase na expansión do Xapón cara ó norte,[75][76] pero non conseguiu manter esta política debido ás derrotas sufrida nasbatallas de Khalkhin Gol en 1939[77] e a procura alemá dunha neutralidade cos soviéticos. O Xapón e a Unión Soviética firmarían eventualmente unpacto de neutralidade en abril de 1941,[78] e o Xapón adoptou a doutrinaNanshin-ron favorecida pola armada,[75][76] mudando os seus obxectivos cara ó sur e dando lugar á eventual guerra cosEstados Unidos e osAliados.[79][80]
En Europa, Alemaña e Italia foron cada vez máis agresivas.[81] En marzo de 1938 Alemañaanexionou Austria, cunha mínimaresposta por parte das outras potencias europeas.[82] Hitler comezou entón a facer presión coas reclamacións alemás noSudetenland, unha zona deChecoslovaquia cunha poboación predominante deetnia alemá. O Reino Unido e Francia seguiron o consello do primeiro ministro británicoNeville Chamberlain e concedéronlle este territorio a Alemaña por medio doPacto de Múnic, contra os intereses do goberno checoslovaco, e a cambio da promesa de que Alemaña non faría máis reclamacións territoriais.[83] Ó pouco tempo, Alemaña e Italia forzarían a Checoslovaquia aceder territorio adicional aHungría.[84]
En agosto de 1939 Alemaña e a Unión Soviética asinaron oPacto Ribbentrop-Molotov,[98] tratado polo que as dúas partes repartíronse os dereitos a dúas "esferas de influencia" (Polonia occidental e Lituania para Alemaña, Polonia oriental,Finlandia,Estonia,Letonia eBesarabia para a Unión Soviética) e poñía en dúbida a continuidade da independencia polaca.[99] A situación acadou un estado de crise xeral a finais de agosto cando as tropas alemás comezaron a súa mobilización cara á fronteira polaca.[100]
O 6 de outubro Hitler fíxolle unha proposta pública de paz ó Reino Unido e Francia, afirmando que o futuro de Polonia estaría determinado de forma exclusiva por Alemaña e a Unión Soviética.Chamberlain rexeitouna o 12 de outubro, afirmando: "As experiencias do pasado amosaron que non se pode depositar confianza nas promesas do presente goberno alemán".[114] Hitler ordenou entón unha ofensiva inmediata contra Francia,[115][116] que finalmente pospuxo ata a primavera de 1940 debido ás malas condicións do tempo e a oposición dos seus xenerais.[117][118][119][a]
As forzas alemás lideradas polo xeneralHeinz Guderiancomezaron unha ofensiva contra Francia o 10 de maio de 1940, e adheríndose óPlan Manstein Alemaña atacou tamén os países neutrais deBélxica,Países Baixos eLuxemburgo.[129] Ese mesmo día forzas británicas desembarcaron enIslandia e nasIllas Feroe para previr unha posible invasión alemá destes territorios.[130][b] Os Estados Unidos, en colaboración coenviado danés enWashington, D.C., acordaron a protección deGroenlandia, fundando a base política para o establecemento de bases militares en abril de 1941.[132] OsPaíses Baixos eBélxica foron invadidos empregando tácticas deBlitzkrieg nuns poucos días e semanas respectivamente.[133] Alemaña circunvalou as fortificacións francesas daLiña Maginot e o corpo principal de forzas aliadas desprazadas en Bélxica mediante un movemento de flanqueo a través do espeso bosque da rexión dasArdenas,[134] que os aliados consideraban erroneamente unha barreira natural impenetrable para os vehículos blindados.[135][136] Como resultado disto, a maioría das forzas aliadas viuse arrodeado e foi derrotado. Os alemáns aprisionaron a maioría das forzas aliadas, aínda que uns 300 000 soldados, na súa maioría británicos e franceses, foronevacuados do continente enDunkerque a comezos de xuño, deixando atrás case todo o seu equipamento.[137]
O 10 de xuñoItalia invadiu Francia, declarando a guerra tanto a Francia coma ó Reino Unido.[138]París caeu perante ós alemáns o 14 de xuño e oito días despoisFrancia asinou un armisticio con Alemaña, quedando dividida en dúas zonas de ocupación controladas por Alemaña e Italia,[139] xunto a un estado residual non ocupado baixo o réximefascista deVichy, manténdose oficialmente neutral mais cunha postura política proalemá.[140] Francia mantivo a súa frota pero, temendo que Alemaña se apropiase dela, o Reino Unido levou a cabo unataque o 3 de xullo para limitar a súa capacidade.[141]
Abatalla de Inglaterra comezou a primeiros de xullo conataques daLuftwaffe a varios portos e fretes británicos.[142][143] O 19 de xullo Hitler fixo unha nova oferta para finalizar a guerra, aducindo que non desexaba destruír oImperio Británico, ultimato que foi rexeitado polo Reino Unido.[144] A principalcampaña de superioridade aérea alemá comezou en agosto pero non conseguiu derrotar o Mando de Caza daRAF, e o 17 de setembro Alemaña pospuxo indefinidamente o seuplan de invasión de Inglaterra.[145][146] A ofensiva alemá debombardeos estratéxicos infensificouse en forma de ataques nocturnos aLondres e outras cidades noBlitz, pero non conseguiu afectar de forma significativa ó esforzo de guerra británico.[143]
Usando os recentemente capturados portos franceses, a armada alemá conseguiu varios éxitos contra aArmada Real Británica, empregando osU-Boots contra os navíos británicos nabatalla do Atlántico.[147] Non obstante, o Reino Unido conseguiu unha vitoria significativa o 27 de maio de 1941 afundindo oAcoirazado Bismarck.[148][149] Ademais, durante a batalla de Inglaterra aRAF conseguira resistir o asalto da Luftwaffe, limitando a campaña alemá de bombardeos en maio de 1941.[150][c]
En novembro de 1939 os Estados Unidos emendaron aActa de Neutralidade para permitir as adquisicións de materiais "cash and carrry" por parte dos Aliados.[151] En 1940, trala captura alemá de París, os Estados Unidos incrementaron de forma significativa a súaarmada.[152] En setembro dese mesmo ano os Estados Unidos chegaron a un acordo para cederdestrutores estadounidenses a cambio de establecer bases en territorio británico.[153] Porén, unha gran maioría da opinión pública estadounidense continuou opoñéndose a unha intervención militar directa no conflito ata ben avanzado o ano 1941.[154] Malia que Roosevelt prometera manter os Estados Unidos fóra da guerra, en decembro de 1940 acusou a Hitler de planear unha conquista mundial e desbotou calquera tipo de negociación con Alemaña, convocando a que os Estados Unidos se converteran nun "arsenal da democracia" e promovendo a adopción das axudaslend-lease en apoio do esforzo de guerra británico.[144] En xaneiro de 1941 mantivéronse conversas de alto nivel co goberno británico co propósito de determinar a forma de derrotar Alemaña no caso de que os Estados Unidos entrasen en guerra. Nestas conversas decidíronse varias políticas ofensivas, incluíndo ofensivas aéreas, a "eliminación prematura" de Italia, asaltos e apoio ós grupos de resistencia, e a captura de varias posicións para lanzar unha ofensiva contra Alemaña.[155]
A finais de setembro de 1940, oPacto Tripartito uniu oXapón,Italia eAlemaña formalizando osPoderes do Eixe. Este pacto estipulou que calquera país, a excepción da Unión Soviética, que atacase a calquera dos tres países estaría forzado a entrar en guerra cos tres xuntos.[156][157] O Eixe ampliouse en novembro de 1940 candoHungría,Eslovaquia eRomanía uníronse ó pacto.[158] Romanía e Hungría farían unha contribución destacada ó Eixe contra a Unión Soviética, tanto na recaptura do territorio deBesarabia eBucovina do norte como na consecución das intencións deIon Antonescu de combater o comunismo.[159]
Italia comezou unha serie de operacións noMediterráneo en 1940, iniciando unasalto aMalta en xuño,[160]iniciando a conquista daSomalia Británica en agosto[161] efacendo unha incursión enExipto en setembro.[162] En outubro dese mesmo ano Italia comezou unhainvasión deGrecia, pero ós poucos días os italianos foron rexeitados e obrigados a retirarse ata o sur deAlbania.[163] O Reino Unido respondeu ás peticións de axuda gregas enviando tropas aCreta e fornecendo apoio aéreo, aínda que de forma limitada.[164] Hitler decidiu apoiar a Italia para previr que os británicos conseguisen afianzar unha posición nosBalcáns, combater a dominación naval británica no Mediterráneo,[165] e asegurar o acceso alemán ópetróleo deRomanía.[166] En decembro de 1940 as forzas da Commonwealth Británica comezaron unha serie de contraofensivas fronte asforzas italianas en Exipto eÁfrica oriental.[167] A ofensiva británica no norte de África tivo un éxito significativo e cara a comezos de febreiro de 1941 Italia perdera o control do leste deLibia,[161] e amariña italiana sufriu varias derrotas importantes nas mans daRoyal Navy nas batallas deTaranto eCabo Matapán.[168]
UnPanzer III alemán avanzando polo norte de África en abril de 1941.
A finais de marzo de 1941Bulgaria asinou oPacto Tripartito e Alemaña atopábase preparada para intervir en Grecia.[172] Porén, estes plans cambiaron debido aos eventos que tiveron lugar na veciñaIugoslavia. O goberno iugoslavo asinara o Pacto Tripartito o 25 de marzo, pero dous días despois foi derrocado nungolpe de estado apoiado polo Reino Unido.[172] Hitler considerou este novo réxime como hostil e decidiu que debía ser eliminado de forma inmediata.[173] O 6 de abril Alemaña invadiuIugoslavia eGrecia de forma simultánea,[174] conseguindo un rápido progreso e obrigando a ámbalas dúas nacións a renderse ó mes de iniciar as invasións. Os británicos foron expulsados dos Balcáns tralaconquista alemá de Creta a finais de maio dese mesmo ano.[175] Malia rápida vitoria alemá en Iugoslavia, a subsecuente resistencia partisana contra aocupación do país continuou ata o final da guerra.[176] Outro tanto, sucedería durante aocupación de Grecia polo Eixo: a coñecida como Tripla Ocupación
Os Aliados conseguiron algúns éxitos durante este tempo. NoOriente Medio, as forzas da Commonwealth sufocaron unlevantamento enIraq, apoiado por aeronaves alemás dende basesSirias controladas polo réxime de Vichy,[177][178] e coa axuda daFrancia Libre invadironSiria e Líbano para previr futuros conflitos similares na zona.[179]
Un equipo delanzachamas alemán avanzando na Unión Soviética en xuño de 1941.
O Xapón planeaba aproveitarse da guerra en Europa para apoderarse das posesións europeas ricas en recursos naturais nosueste asiático, e asinou xunto a Unión Soviética oPacto de Neutralidade Soviético-Xaponesa en abril de 1941.[180] Por outra banda, as tensións entre a Unión Soviética e Alemaña foron en aumento e os alemáns comezaron a prepararse para un ataque á Unión Soviética, amasando as súas forzas na fronteira soviética.[181]
Hitler cría que o rexeitamento británico da súa oferta de finalizar a guerra baseábase na esperanza de que osEstados Unidos e a Unión Soviética entrarían na guerra contra Alemaña.[182] Por este motivo decidiu tentar fortalecer as relacións entre Alemaña e os soviéticos, ou na súa falta, atacar e eliminalos como factor na guerra.[183] En novembro de 1940tiveron lugar varias negociacións para determinar se a Unión Soviética uniríase ó Pacto Tripartito.[184] Os soviéticos amosaron o seu interese, pero esixiron concesións de Finlandia, Bulgaria,Turquía e o Xapón que Hitler considerou inaceptables,[185] polo que o 18 de decembro de 1940 ordenou unha directiva para comezar as preparacións dunha invasión da Unión Soviética.[186]
O 22 de xuño de 1941 Alemaña, co apoio de Italia e Romanía, invadiu a Unión Soviética baixo aoperaciónBarbarossa, acusando ós soviéticos de conspirar contra Alemaña. Finlandia e Hungría uníronse á ofensiva alemá pouco tempo despois.[187] Os principais obxectivos desta ofensiva sorpresa[188] foron a rexión doBáltico,Moscova eUcraína co obxectivo final de finalizar a campaña de 1941 preto daLiña Arkhangelsk-Astrakán, dende oCaspio ata omar Branco. As intencións de Hitler eran eliminar a Unión Soviética como poder militar, exterminar ocomunismo, xerarLebensraum ("espazo vital")[189]desapoderando a poboación nativa[190] e garantir o acceso ós recursos estratéxicos necesarios para derrotar os restantes rivais de Alemaña.[191]
Malia que oexército Vermello xa comezara a prepararse para unhacontraofensiva antes da invasión,[192]Barbarossa obrigou óMando Supremo Soviético a adoptar unhadefensa estratéxica. No verán de 1941 o Eixo conseguiu realizar avances significativos en territorio soviético, inflixindo un gran número de baixas persoais e perdas materiais.[193] Non obstante, cara a mediados de agosto oAlto Mando do Exército Alemán decidiususpender a ofensiva do considerablemente minguado grupo central do exército, e desviar o2º Grupo Panzer para reforzar ás tropas que avanzaban cara a Ucraína central eLeningrado.[194] Aofensiva de Kíiv tivo un grande éxito para Alemaña, arrodeando e eliminando a catro corpos do exército soviéticos e facendo posible un avance adicional cara aCrimea e a industrialmente desenvolvidaUcraína oriental.[195]
Cara outubro o Eixe acadou os seus obxectivos operacionais en Ucraína e na rexión do Báltico, cos soviéticos aínda resistindo os asedios deLeningrado[201] eSebastopol.[202] Alemaña renovou a súaofensiva en Moscova. Tras dous meses de batallas baixo unhas condicións atmosféricas cada vez máis duras, o exército alemán conseguira achegarse á periferia exterior de Moscova, momento no que as súas tropas xa exhaustas[d] víronse obrigadas a suspender a ofensiva.[204] O Eixe acadou unhas ganancias territoriais considerables, pero a súa campaña non conseguiu os seus obxectivos principais: dúas das cidades chave,Leningrado eSebastopol, mantíñanse baixo control soviético, a capacidade de resistencia soviética non estaba eliminada e a Unión Soviética aínda mantiña unha parte considerable do seu potencial bélico. Considérase que foi neste momento cando a fase de guerra daBlitzkrieg en Europa tivo a súa fin.[205]
A comezos de decembro, novas forzas de reserva soviéticas recentemente mobilizadas[206] permitíronlle a Unión Soviética acadar unha paridade numérica coas tropas do Eixe.[203] Isto, xunto adatos de intelixencia que establecían que un número mínimo de tropas soviéticas no leste serían suficientes para disuadir calquera tipo de ataque por parte doexército Kwantung xaponés,[207] permitiu ós soviéticos levar a cabo unhacontraofensiva masiva que comezou o 5 de decembro por toda a fronte e fixo retroceder ás tropas alemás entre 100 e 250km cara ó oeste.[208][e]
En 1939 os Estados Unidos renunciaron ó seu tratado co Xapón. Comezando cun embargo no combustible para avións en xullo de 1940,[210] O Xapón viuse baixo unha cada vez maior presión económica.[211][212] Foi neste tempo cando o Xapón lanzou o seuprimeiro ataque contraChangsha, unha cidade chinesa de importancia estratéxica, pero as forzas xaponesas foron rexeitadas cara a finais de setembro.[213] Maliavarias ofensivas por parte de ámbolos dous bandos, a guerra entre a China e o Xapón chegou a un estado de táboas en 1940.[214][215] O Xapón bloqueou as rutas de subministración chinesas, e procurando unha mellor posición das súas forzas no caso dunha guerra coas potencias occidentais,invadiu e ocupou o norte deIndochina.[216] Tras isto, os Estados Unidos estableceron unembargo deferro,aceiro e pezas mecánicas contra o Xapón.[217]
En agosto dese mesmo ano, oscomunistas chineses lanzaron unhaofensiva na China central.[218] Como represalia, o Xapón instituíuduras medidas nas zonas ocupadas para reducir os recursos humanos e materiais dispoñibles para os comunistas.[219] Os conflitos entre os comunistas e os nacionalistas chineses continuaron eculminaron nun enfrontamento armado en xaneiro de 1941, rematando así a súa cooperación de forma efectiva.[220] En marzo o 11º exército xaponés atacou o cuartel xeral do 19º exército chinés, pero foi repelido durante abatalla de Shanggao.[221] En setembro, o Xapón intentou tomar de novoa cidade de Changsha, enfrontándose alí coas forzas nacionalistas chinesas.[222]
Os éxitos alemáns en Europa animaron ó Xapón a incrementar a presión nos territorios gobernados polos europeos nosueste asiático.[223] O gobernoneerlandés acordou fornecer o Xapón con algunhas subministracións de petróleo procedente dasIndias Orientais Holandesas, pero as negociacións para un maior acceso ós seus recursos fracasaron en xuño de 1941.[224] En xullo o Xapón enviou tropas ó sur de Indochina, ameazando así as posesións territoriais en oriente do Reino Unido e dos Países Baixos. Os Estados Unidos xunto ó Reino Unido e outros gobernos occidentais reaccionaron a este movemento conxelando os activos xaponeses e impoñéndolle un embargo total do petróleo.[225][226]
Dende comezos de 1941 os Estados Unidos e o Xapón mantiveran negociacións nun intento de mellorar a súa relación e finalizar a guerra na China. Nestas negociacións o Xapón fixo unha serie de propostas que foron rexeitadas polos estadounidenses por consideralas "non axeitadas".[227] Ó mesmo tempo os Estados Unidos, o Reino Unido e os Países Baixos mantiveron unha serie de conversas secretas para asegurar a defensa conxunta dos seus territorios no caso dun ataque xaponés.[228] Roosevelt reforzou asFilipinas (protectorado estadounidense coa súa independencia programada para o 1946) con forzas estadounidenses baixo o mando do xeneralMacArthur,[229] e advertiu ó Xapón que os Estados Unidos reaccionarían ós ataques xaponeses contra calquera "país veciño".[228]
OUSS Arizona afundíndose tralo ataque sorpresa xaponés aPearl Harbor o 7 de decembro de 1941.
O 17 de outubro o xeneralHideki Tōjō converteuse no primeiro ministro do Xapón, e o 20 de novembro os xaponeses presentáronlle ós Estados Unidos unha proposta temporal como oferta final, pedindo a fin da axuda estadounidense á China e que se retomase a subministración de petróleo e outros recursos para o Xapón. A cambio prometeron non lanzar ningún ataque no sueste asiático e retirar as súas forzas das súas posicións no sur de Indochina.[227] A contraoferta estadounidense tivo lugar o 26 de novembro, requirindo que o Xapón evacuase toda a China sen condicións e acordara pactos de non agresión con tódalas potencias do Pacífico.[230] Isto provocou que o Xapón se vise esencialmente forzado a escoller entre abandonar as súas ambicións territoriais na China ou obter pola forza os recursos naturais que precisaba nas Indias Orientais.[231][f] O exército xaponés non considerou a primeira opción, e moitos dos seus oficiais consideraron o embargo de petróleo como unha declaración de guerra velada.[233]
O Xapón planeaba tomar pola forza as colonias europeas en Asia para crear un gran perímetro defensivo que chegaba ata o Pacífico central. Isto permitiríalles explotar os recursos naturais do sueste asiático esgotando os Aliados nunha guerra defensiva.[234][g] Para previr unha intervención estadounidense ó mesmo tempo en que aseguraban este perímetro, o Xapón planeou neutralizar a frota estadounidense do Pacífico e a presenza das forzas estadounidenses en Filipinas.[236] O 7 de decembro de 1941 (8 de decembro nas zonas horarias asiáticas), o Xapón atacou propiedades británicas e estadounidenses con ofensivas case simultáneasno sueste asiático e no Pacífico central.[237] Estas ofensivas incluíron unataque á frota estadounidense enPearl Harbor,[238] ataques en Filipinas,[239]desembarcos enTailandia eMalaisia[237] e un ataque aHong Kong.[240] Tras estes ataques os Estados Unidos, o Reino Unido, a China, Australia e varios outros estados formalizaron a súa declaración de guerra ó Xapón, mentres que a Unión Soviética, involucrada en hostilidades en grande escala en Europa, mantivo o seu acordo de neutralidade co Xapón.[241][h] Alemaña, seguida dos restantes estados do Eixe, declarou a guerra ós Estados Unidos en solidariedade co Xapón, citando como xustificación ataques estadounidenses a navíos de guerra alemáns que foran ordenados por Roosevelt.[243]
En xaneiro de 1942, o"Big Four"[244] (os Estados Unidos, Reino Unido, a Unión Soviética e a China) xunto con outros 22 gobernos menores ou no exilio emitiron aDeclaración das Nacións Unidas, reafirmando aCarta do Atlántico[245] e acordando non asinar unha paz de forma individual coas potencias do Eixe.[246]
Durante 1942 os oficiais Aliados debateron cal sería a estratexia global axeitada que debían perseguir. Todos eles acordaron que a derrota de Alemaña era o obxectivo principal. Os estadounidenses favorecían unataque directo en grande escala a Alemaña a través de Francia, mentres que os soviéticos demandaban tamén unha segunda fronte. Os británicos pola súa banda argumentaron que as operacións militares debían ter como obxectivo as zonas periféricas para desgastar as forzas alemás, reducir a súa moral e reforzar os movementos de resistencia. Alemaña sería obxectivo dunha gran campaña de bombardeos, e a ofensiva final estaría liderada por divisións blindadas Aliadas sen empregar exércitos en grande escala.[247] Eventualmente os británicos convenceron ós estadounidenses de que un desembarco en Francia non era factible en 1942 e que no seu lugar deberían centrarse en expulsar ó Eixe do norte de África.[248]
NaConferencia de Casablanca a comezos de 1943, os Aliados reiteraron as afirmacións da Declaración das Nacións Unidas de 1942, e demandaron arendición incondicional de Alemaña e os seus aliados.[249][250] Os británicos e os estadounidenses acordaron continuar a presión no Mediterráneo cunhainvasión deSicilia para asegurar por completo as rutas de subministración na zona.[251] Malia que os británicos insistiron na necesidade de levar a cabo operacións militares nos Balcáns para atraer aTurquía á guerra, en maio de 1943 os estadounidenses acadaron o compromiso británico para limitar as operacións Aliadas no Mediterráneo a unha invasión de Italia continental e unha invasión de Francia en 1944.[252]
A finais de abril de 1942 o Xapón e o seu aliadoTailandia conquistaran case por completoBirmania,Malaisia, asIndias Orientais Holandesas,Singapur eRabaul, inflixindo un severo número de baixas nas tropas Aliadas e atrapando a un gran número de prisioneiros.[253] Malia forteresistencia das forzas estadounidenses e filipinas, aCommonwealth de Filipinas foi finalmente conquistada en maio de 1942, forzado o exilio do seu goberno.[229] En Birmania, o 16 de abril uns 7 000 soldados británicos foron arrodeados pola 33ª División xaponesa nabatalla de Yenangyaung e posteriormente rescatados pola 38ª División chinesa.[254] As forzas xaponesas conseguiron vitorias nomar do Sur da China, nomar de Xava e noÍndico,[255] ademais debombardear a base naval Aliada deDarwin.[256] En xaneiro de 1942 o único éxito aliado contra o Xapón foi unhavitoria chinesa en Changsha.[257] Esta serie de éxitos militares contra os seus pouco preparados opoñentes estadounidenses e europeos provocaron un exceso de confianza e unha extralimitación territorial no Xapón.[258]
Coa súa capacidade ofensiva reducida de forma significativa como resultado da batalla de Midway, o Xapón centrouse nun tardío intento de capturarPort Moresby por medio dunhacampaña por terra noTerritorio de Papúa.[262] Ó mesmo tempo Estados Unidos planeou un contraataque na zona sur dasIllas Salomón, principalmente enGuadalcanal, como primeiro paso para unha captura deRabaul, a principal base de operacións xaponesa no sueste asiático.[263] Os dous plans comezaron en xullo, pero nos mediados de setembro abatalla de Guadalcanal fíxose prioritaria para os xaponeses, que ordenaron un traslado de tropas deNova Guinea na zona de Port Moresby cara ónorte da illa, onde se enfrontaron a tropas estadounidenses e australianas nabatalla de Buna-Gona.[264] Guadalcanal tornouse nun foco principal para ámbolos dous bandos, que involucraron nesta batalla un gran número de tropas e navíos. A comezos de 1943 os xaponeses foron derrotados na illa eretiraron as súas tropas.[265] Mentres tanto en Birmania as forzas da Commonwealth montaron dúas operacións. A primeira, unhaofensiva na rexión de Arakan a finais de 1942, tivo un resultado desastroso para os Aliados que se viron forzados a retirarse cara áIndia a finais de 1943.[266] A segunda foi unhainserción deforzas irregulares por detrás das liñas xaponesas en febreiro, acadando resultados mixtos no final de abril.[267]
A comezos de 1942 Alemaña e os seus aliados detiveron a súa ofensiva no centro e sur da Unión Soviética, mantendo a maior parte dos territorios conquistados durante todo o ano anterior.[268] En maio Alemaña repeleu as ofensivas soviéticas doEstreito de Kerch eKharkov,[269] para posteriormente lanzar unhaofensiva de verán no sur de Rusia en xuño dese mesmo ano, co obxectivo de capturar oscampos petrolíferos doCáucaso e ocupar aestepa deKuban, ó mesmo tempo en que mantiñan as súas posicións no norte e centro da fronte. Os alemáns dividiron o seu Grupo Sur do exército en dous grupos: o grupo A avanzou cara á parte baixa dorío Don e atacou a parte sueste do Cáucaso, mentres que o grupo B dirixiuse cara óVolga. Os soviéticos tomaron entón a decisión de facer a súa defensa enStalingrado.[270]
A mediados de novembro os alemánstiñan tomado Stalingrado case por completo no medio dunha cruentaguerra urbana cando os soviéticos comezaron a súa segunda contraofensiva de inverno, comezando por unha operación paraarrodear as forzas alemás en Stalingrado[271] e cun asalto nosaínte de Rzhev preto de Moscova, malia que esta última fracasou de forma significativa.[272] A primeiros de febreiro de 1943 o exército alemán sufrira un número moi elevado de perdas, as tropas alemás en Stalingrado víronse obrigadas a renderse,[273] e a liña da fronte foi repelida ata máis atrás da súa posición antes da ofensiva de verán. Nos mediados de febreiro, cando o pulo soviético foi diminuíndo, Alemaña lanzou outroataque en Kharkov, creando un saínte na súa liña de fronte ó redor da cidade deKursk.[274]
Europa occidental, Atlántico e Mediterráneo (1942–43)
Aproveitando unha serie de pobres decisións do mando naval estadounidense, amariña alemá fixo estragos importantes na frota aliada nas operaciónsPaukenschlag eNeuland na costa atlántica dos Estados Unidos.[275] En novembro de 1941 as forzas da Commonwealth lanzaron unha contraofensiva no norte de África, aoperaciónCrusader, e recuperaron os territorios que conquistaran ata entón os alemáns e italianos.[276] Alemaña respondeu cunha nova ofensiva en xaneiro de 1942, rexeitando as posicións británicas ata aLiña Gazala a comezos de febreiro,[277] seguida dun momento de calma temporal no combate que os alemáns aproveitaron para preparar novas ofensivas.[278] O Reino Unidoinvadiu a illa deMadagascar, controlada polaFrancia de Vichy, a principios de maio dese ano temendo que os xaponeses puidesen empregar as súas bases militares.[279] Por outra banda unhaofensiva do Eixe enLibia forzou unha retirada dos Aliados ataExipto ata que as forzas do Eixe foron detidas enEl Alamein.[280] No continente europeo varias incursións con pouco éxito decomandos Aliados a obxectivos estratéxicos, culminando na considerada como desastrosaincursión de Dieppe,[281] demostraron a necesidade de mellor preparación, equipamento e seguridade operacional por parte dos Aliados para lanzar unha invasión en grande escala na Europa continental.[282]
En agosto de 1942 os Aliados tiveron éxito repelendo unsegundo ataque enEl Alamein[283] e conseguironentregar subministracións á asediadaMalta, aínda que cun gran custo en baixas.[284] Poucos meses despois os Aliadosrealizaron o seu propio ataque en Exipto, desbancando as forzas do Eixe e comezando un avance a través de Libia.[285] A este ataque seguiron osdesembarcos anglo-estadounidenses na África do Norte francesa baixo o mando deEisenhower, dando como resultado a unión destes territorios ó bando Aliado.[286] Hitler respondeu á deserción das colonias francesas ordenando aocupación da Francia de Vichy.[286] Aínda que as forzas de Vichy non se resistiron a esta violación do armisticio, conseguiron afundir a súa propia frota para previr a súa captura por parte das forzas alemás.[286][287] As forzas do Eixo en África víronse atenazadas e retiráronse aTunisia, que foiconquistada polos Aliados en maio de 1943.[286][288] A comezos de 1943 os británicos e estadounidenses comezaron aOfensiva de Bombardeo Combinado, unha campaña de bombardeos estratéxicos contra Alemaña co obxectivo de danar a economía de guerra alemá, reducir a moral das súas tropas e deixar sen fogares á poboación civil.[289]
Mentres tanto na Unión Soviética, tanto os alemáns coma os soviéticos pasaron a primavera e comezos do verán de 1943 preparándose para varias ofensivas en Rusia central. O 4 de xullo de 1943 Alemañaatacou as forzas soviéticas ó redor deKursk. Nunha semana as forzas alemás víronse esgotadas tralos intentos de derrotar as ben construídas e graduais defensas soviéticas,[294][295] e por primeira vez na guerra Hitler cancelou a operación antes de que esta conseguise un éxito táctico ou operativo.[296] Esta decisión viuse parcialmente motivada polainvasión aliada deSicilia liderada polo xeneral estadounidenseGeorge Patton e polo mariscal británicoBernard Montgomery, que deu comezo o 9 de xullo e que xunto ós fracasos previos de Italia desembocaron no derrocamento e arresto deMussolini a finais dese mesmo mes.[297] Tamén en xullo, os británicos realizaron unbombardeo enHamburgo que causou a morte dunhas 40 000 persoas.[298] O 12 de xullo de 1943 o xeneral soviéticoGeorgii Zhukov ordenou o comezo dacontraofensiva soviética.[299] A vitoria soviética en Kursk marcou a fin da superioridade alemá,[300] dando á Unión Soviética a iniciativa nafronte oriental.[301][302] Alemaña tentou estabilizar a súa fronte na apresuradamente fortificadaLiña Panther-Wotan, pero os soviéticosconseguiron rachala enSmolensk e noBaixo Dnieper.[303]
No Atlántico, ascontramedidas Aliadas tornáronse máis efectivas cara a maio de 1943, provocando un considerable número de perdas desubmarinos alemáns que forzaron un alto temporal na campaña naval alemá do Atlántico.[310] En novembro,Roosevelt eChurchill reuníronse conChiang Kai-shekno Cairo e posteriormente conStalinen Teherán.[311] A primeira reunión determinou a devolución e repartición do territorio xaponés trala guerra[312] e os plans militares para aCampaña de Birmania,[313] mentres que a segunda incluíu un acordo polo que os Aliados occidentais invadirían Europa en 1944 e a Unión Soviética declararíalle a guerra ó Xapón ós tres meses da derrota de Alemaña.[314] A partir de novembro de 1943, durante as sete semanas dabatalla de Changde, a China obrigou ó Xapón a loitar nunha custosa guerra de desgaste, mentres agardaba polo relevo Aliado.[315][257][316] En xaneiro de 1944 os Aliados levaron a cabounha serie de ataques en Italia contra a liña deMonte Cassino ademais de tentar flanqueala condesembarcos enAnzio.[317] A finais de xaneiro, unhagrande ofensiva soviética expulsou ás forzas alemás darexión de Leningrado,[318] finalizando así o que foi considerado un dos asedios máis longos e letais da historia.[319]
Os Aliados conseguiron resultados mixtos en Asia continental. En marzo de 1944 os xaponeses levaron a cabo unha invasión dasposicións británicas enAssam, aIndia,[331] e asediaron posicións da Commonwealth enImphal eKohima.[332] Xa en maio as forzas británicas montaron unha contraofensiva que fixo retroceder ás tropas xaponesas ataBirmania,[332] e as forzas chinesas queinvadiran o norte de Birmania a finais de 1943 asediaron as tropas xaponesas enMyitkyina.[333] Asegunda invasión xaponesa da China tivo como obxectivo destruír as principais forzas chinesas e asegurar vías deferrocarril entre o territorio xaponés e as bases aéreas Aliadas que capturaran.[257] En xuño os xaponeses conseguiron o control da provincia deHenan e comezaron un novoataque enChangsha, na provincia deHunan.[334]
A comezos de xullo de 1944 as forzas da Commonwealth no sueste asiático repeleron os asedios xaponeses enAssam e fixéronos retroceder ata orío Chindwin,[356] mentres que os chineses capturaronMyitkyina.[357] Na China continental os xaponeses obtiveron máis éxito, capturando Changsha a mediados de xuño e a cidade deHengyang a comezos de agosto.[358] Pouco tempo despois invadiron a provincia deGuangxi, gañando varios enfrontamentos contra os chineses enGuilin e Liuzhou cara a finais de novembro,[359] e unindo as súas forzas da China e Indochina cara a mediados de decembro.[360] Mentres tanto no Pacífico as forzas estadounidenses continuaron facendo presión no perímetro xaponés. A mediados de xuño de 1944 comezaron unhaofensiva nas illasPalau eMarianas, derrotando de forma decisiva ós xaponeses nabatalla do mar de Filipinas.[361] Estas derrotas levaron á dimisión do primeiro ministro xaponésHideki Tojo, e facilitaron ós Estados Unidos bases aéreas dende as que lanzar ataques intensivos de bombardeiros pesados no territorio xaponés.[362] A finais de outubro os estadounidensesinvadiron a illa deLeyte, e pouco despois obtiveron outra vitoria nabatalla do golfo de Leyte, unha das maiores batallas navais da historia.[363]
O 16 de decembro de 1944 Alemaña realizou un último intento nafronte occidental usando a maioría das súas reservas restantes para lanzar unhacontraofensiva masiva nasArdenas co propósito de separar os Aliados occidentais, arrodear grandes porcións das súas tropas e capturar o porto deAnveres para forzar un acordo político cos Aliados.[364] Cara a xaneiro de 1945 esta ofensiva foi repelida sen que Alemaña conseguise ningún dos seus obxectivos.[364] En Italia, os Aliados mantiñan unha situación de táboas na liña defensiva alemá. A mediados de xaneiro os soviéticos e polacosatacaron en Polonia, avanzando dende oVístula ata oOder eatravesandoPrusia oriental.[365] O 4 de febreiroRoosevelt,Churchill eStalin reuníronse naConferencia de Ialta, acordando os termos da ocupación de Alemaña trala guerra e a data da entrada en guerra da Unión Soviética contra o Xapón.[366]
En maio de 1945 tropas australianasdesembarcaron enBorneo, capturando os campos petrolíferos da illa.[383] Forzas británicas, estadounidenses e chinesas derrotaron os xaponeses nonorte de Birmania en marzo, continuando cun avance británico que chegou aRangún cara ó 3 de maio.[360] A China comezou un contraataque nooeste de Hunan que tivo lugar entre o 6 de abril e o 7 de xuño de 1945.[384] As forzas navais e anfibias estadounidenses tamén avanzaron cara ó Xapón, con vitorias nas batallas deIwo Jima en marzo eOkinawa a finais de xuño.[385] Ó mesmo tempo submarinos estadounidenses interceptaron as importacións xaponesas, reducindo drasticamente a capacidade xaponesa de dar subministracións ás súas forzas militares.[386]
O 11 de xullo os líderes aliados reuníronse enPostdam,confirmando os anteriores acordos sobre Alemaña,[387] e reiterando a demanda da rendición incondicional do Xapón, afirmando especificamente que "a alternativa para o Xapón e unha rápida e completa destrución".[388] Paralelamente a esta conferencia, o Reino Unido celebrou eleccións xerais, eClement Attlee substituíu a Churchill como primeiro ministro do país.[388] En agosto a USAAFlanzou dúas bombas atómicas nas cidades xaponesas deHiroshima eNagasaki. Os aliados xustificaron estes bombardeos como unha necesidade militar para evitar ainvasión do Xapón que tería un custo de entre 250 000 e 500 000 soldados Aliados e millóns de tropas e civís xaponeses.[389] Entre os dous bombardeos os soviéticosinvadiron o territorio xaponés enManchuria, derrotaron oExército Kwantung, naquel momento a maior forza armada dos xaponeses,[390][391] e capturaron a illaSakhalin e asIllas Kuriles.[392] O 15 de agosto de 1945, oXapón rendeuse de forma incondicional, asinando osdocumentos da rendición na cuberta do acoirazado estadounidenseUSSMissouri o 2 de setembro de 1945, finalizando desta forma a segunda guerra mundial.[393]
Os Aliados estableceron administracións para a ocupación enAustria eAlemaña.Austria converteuse posteriormente nun estado neutral, non aliñado con ningún bloque político,[394] mentres queAlemaña quedou dividade facto, creándose os estados independentes daRepública Federal Alemá na zona de ocupación occidental controlada polosAliados, e daRepública Democrática Alemá na zona de ocupación oriental controlada polaUnión Soviética.[395]. Nos anos seguintes á guerra instaurouse un programa dedesnazificación en Alemaña que deu lugar a unhapersecución de criminais de guerra Nazis e a eliminación dos antigos Nazis do poder,[396][397] aínda que en anos posteriores esta política deu lugar a outras enfocadas na amnistía e reintegración dos antigos nazis na sociedade da Alemaña occidental.[398] Tralo fin da guerra Alemaña perdeu un cuarto do territorio que posuía en 1937 antes desta. No lado oriental,Polonia tomou os territorios deSilesia,Neumark e gran parte dePomerania.Prusia Oriental quedou dividida entre Polonia e a Unión Soviética. Uns 9 millóns de alemáns foron expulsados destas provincias, xunto a outros 3 millóns que foron expulsados deSudetenland enChecoslovaquia. A Unión Soviética pola súa banda incorporou as provincias polacas ó leste daliña Curzon, das que uns 2 millóns de polacos foron expulsados,[399] o nordeste deRomanía,[400][401] partes deFinlandia oriental,[402] e os tresestados bálticos.[403][404]
Expansión soviética e creación doBloque do leste trala guerra.
Europa quedou dividida entre as dúasesferas de influencia occidental e soviética.[411] Gran parte dos países de Europa central e oriental quedaron dentro dobloque soviético, dando lugar ó establecemento de réximescomunistas neses países co apoio parcial ou total das autoridades soviéticas da ocupación. Como resultado,Polonia,Hungría,Alemaña oriental,[412]Checoslovaquia,Romanía eAlbania[413] pasaron a serestados satélite soviéticos.[414] Pola súa banda,Iugoslavia levou a cabo unha política totalmente independente, causando certa tensión política coa Unión Soviética.[415] A división do mundo de posguerra quedou formalizada na creación de dúas alianzas militares internacionais, aOTAN liderada polas Nacións Unidas e oPacto de Varsovia liderado pola Unión Soviética.[416] Os anos seguintes da súa creación, coñecidos como o período deguerra fría, supuxeron un longo período de tensións políticas e competición militar entre elas, dando lugar a unhacarreira de armamento e un número deguerras delegadas sen precedentes.[417]
Como o resto deEspaña,Galiza non entrou directamente no conflito. Porén, segundo un estudo dos historiadoresEmilio Grandío eJavier Rodríguez tivo unha importancia estratéxica durante a guerra.[423][424] Dasminas devolframio galegas, como as deSan Fins, saía omineral co que os alemáns, entre outras cousas, blindaban os seustanques,[425] utilizando empresas pantalla para controlar a produción e o transporte deste.[426]
Centos de galegos viaxaron para loitar cos alemáns naFronte Oriental, dentro daDivisión Azul.[64] Por outra banda, antigos combatentes republicanos loitaron cos aliados, sendo moitos deles recluídos encampos de concentración.[427] Dos portos galegos saíanU-Boot alemáns, e para manter a comunicación con estes, os nazis construíron enCospeito unhaantena que enviaba o sinal que permitía a navegación. Unha vez rematou o conflito, moitos criminais nazis utilizaron osportos deVigo eFerrol para fuxir aAmérica do Sur.[428]
A segunda guerra mundial foi o conflito militar con maior número de mortos na historia dahumanidade.[429] As estimacións do número total de falecidos durante a guerra varían segundo as fontes, xa que moitas das mortes non foron rexistradas. A maioría de fontes indica que faleceron ó redor duns 75 millóns de persoas, incluíndo uns 20 millóns de militares e uns 40 millóns de civís. Gran parte das baixas civís foron a causa dexenocidio deliberado, masacres, bombardeos estratéxicos,enfermidades efame.[430][431][432]
A Unión Soviética perdeu uns 27 millóns de persoas durante a guerra,[433] repartidos en 8,7 millóns de militares e uns 19 millóns de civís. Das baixas militares, 5,7 millóns eran deetniarusa, seguidos duns 1,3 millóns de etniaucraína.[434] En conxunto, un cuarto da poboación total da Unión Soviética sufriu feridas ou faleceu durante a guerra.[435] Alemaña pola súa banda sufriu uns 5,3 millóns de baixas militares, principalmente nafronte Oriental e durante as batallas finais en Alemaña.[436]
Antes e durante a segunda guerra mundial non existía ningunhalei positiva internacional oucostumeinternacional humanitario con respecto águerra aérea.[457] ALuftwaffe alemá levou a cabo varios bombardeos masivos de zonas civís, os máis notables enVarsovia,Rotterdam eLondres, nos que se incluían como obxectivoshospitais civís e grupos de refuxiados que fuxían da guerra.[458] Os Aliados pola súa banda realizaron tamén varios ataques a zonas civís, incluíndo o bombardeo deTokyo e das cidades alemás deDresden,Hamburgo eColonia. Este tipo de accións por parte dos Aliados tiveron como resultado a destrución de máis de 160 cidades e a morte de máis de 600 mil civís alemáns.[459] Osbombardeos de Hiroshima e Nagasaki, nos que faleceron entre 129 000 e 246 000 civís e soldados xaponeses,[460] foron a primeira e única vez da historia na que se empregaronarmas nucleares como arma ofensiva no transcurso dunha guerra.[461][462]
AAlemaña nazi mantivocampos de concentración (alemán:Konzentrationslager) en tódolos seus territorios controlados. Os primeiros destes campos creáronse enAlemaña en marzo de 1933 xusto despois de queHitler se convertese en chanceler e de que o seuPartido Nazi conseguise o control da policía por medio deWilhelm Frick eHermann Göring.[463] Nos comezos había uns 45 000 prisioneiros nestes campos, inicialmente empregados para manter prisioneiros e torturar a opoñentes políticos e representantes sindicais.[464] AsSS deHeinrich Himmler tomaron o control total da policía e dos campos de concentración alemáns entre 1934 e 35.[465] Himmler ampliou o papel destes campos para internar os chamados "elementos raciais non desexados" da sociedade alemá, como os xudeus, criminais, homosexuais ou xitanos entre outros.[466] O número de prisioneiros nestes campos, que experimentara unha redución progresiva ata os 7 500, aumentou de novo ata os 21 000 no comezo da guerra[467] e chegou ó máximo de 715 000 en xaneiro de 1945.[468]
O uso detraballadores forzados na Alemaña nazi e nos territorios ocupados de Europa durante a guerra tivo lugar nunha escala sen precedentes ata entón,[469] e foi unha parte vital da explotación económica alemá dos territorios conquistados.[470] Alemaña capturou aproximadamente uns 12 millóns de persoas duns vinte países europeos, uns dous terzos delas procedentes deEuropa oriental.[471][472] Moitos traballadores faleceron debido ás súas condicións de vida, sufrindo maltratos,desnutrición etorturas.[473] No seu punto culminante, os traballadores forzados representaban o 20% da man de obra alemá.[474] Tendo en conta as mortes e substitucións, un total duns 15 millóns de homes e mulleres víronse obrigados a realizar traballos forzados nalgún momento da guerra.[475]
Nosgulagssoviéticos pereceron tamén cidadáns dos territorios ocupados comoPolonia,Lituania,Letonia eEstonia, ademais deprisioneiros de guerra alemáns e cidadáns soviéticos sospeitosos de ser simpatizantes dos nazis.[476] SegundoUlrich Herbert o 60 % dos prisioneiros de guerra soviéticos capturados polos alemáns finaron durante a guerra.[477]Richard Overy pola súa banda indica que houbo un total de 5,7 millóns de prisioneiros de guerra soviéticos, dos que uns 3,6 millóns (o 57 %) morreron ou foron asasinados.[478] Os ex-prisioneiros de guerra e civís soviéticos repatriados foron tratados como sospeitosos e potenciais colaboradores dos nazis, e algúns deles foron enviados ós gulags tras ser investigados polaNKVD.[479][480][481] Segundo o tratado dosAliados naConferencia de Ialta, a Unión Soviética puido empregar a varios millóns de prisioneiros de guerra e civís como traballadores forzados trala guerra,[482] como no caso deHungría no que os húngaros víronse obrigados a traballar para a Unión Soviética ata 1955.[483]
Os campos de prisioneiros de guerraxaponeses, moitos deles usados como campos de traballos forzados, tiveron unhas altas taxas de mortalidade. OTribunal Militar Internacional para o Extremo Oriente indicou que a taxa de falecidos entre os prisioneiros occidentais fora dun 27,1 % (37 % entre os prisioneiros estadounidenses),[484] sete veces máis alta que a dos prisioneiros de guerra capturados dos alemáns e italianos.[485] Tralarendición do Xapón foron liberados uns 37 583 británicos, 28 500holandeses, 14 473estadounidenses e 56chineses.[486] Segundo o historiador Zhifen Ju, polo menos 5 millóns de civís do norte da China eManchukuo foron escravizados entre 1935 e 1941 por parte doKōain xaponés para traballar nas minas e industrias de guerra, número que chegou ós 10 millóns en 1942.[487] ABiblioteca do Congreso dos Estados Unidos estimou que o exército xaponés enXava obrigou a realizar traballos forzados a entre 4 e 10 millóns derōmusha ("traballadores manuais"). Uns 270 000 destes traballadores foron enviados a outros territorios ocupados polos xaponeses nosueste asiático, e só 52 000 deles foron repatriados a Xava.[488]
O 19 de febreiro de 1942Roosevelt asinou aOrde Executiva 9066, pola que se internou a uns 100 000 xaponeses residentes nacosta oeste dos Estados Unidos, e noCanadá instaurouse un programa semellante.[489][490] A maiores, o goberno investigou e declarou como riscos de seguridade a 14 000 cidadáns de orixe alemá e italiana que tamén foron enviados a campos de internamento.[491] En decembro de 1944 Roosevelt suspendeu esta orde executiva e os internados foron liberados, moitos deles trasladados a instalacións e casas temporais, e os campos foron clausurados finalmente en 1946.[492] Nos anos posteriores á guerra, os xaponeses-americanos que foran internados víronse obrigados a reconstruír as súas vidas, xa que moitos deles perderan os seus fogares, negocios e aforros, e os individuos nados no Xapón non tiveron a opción de converterse en cidadáns estadounidenses naturalizados ata 1952.[492]
En Europa, antes do comezo da guerra os Aliados tiñan unha vantaxe tanto económica como demográfica. En 1938 oReino Unido,Francia,Polonia e os dominios británicos tiñan unproduto interior bruto e unha poboación un 30% maior ca daAlemaña eItalia. Contando as colonias, os Aliados tiñan cinco veces máis poboación e o dobre deproduto interior bruto que estes. Analogamente, no continente asiático, aChina tiña seis veces máis poboación e un PIB un 89% maior que oXapón. Contando as colonias xaponesas, a China triplicaba a súa poboación e contaba cun PIB un 38% máis elevado.[493]
No centro, norte e oeste de Europa (Francia,Noruega,Dinamarca, osPaíses Baixos e osterritorios anexionados deChecoslovaquia), Alemaña estableceu varias políticas económicas polas que acumulou uns 69 500 millóns deReichmarks recadados no final da guerra, número que non ten en conta oespolio nazi de produtos industriais, equipamento militar, materias primas e outros produtos.[494] Os ingresos procedentes das nacións ocupadas superaron o 40% dos ingresos por recadación de impostos en Alemaña.[495] Ao leste de Europa, Alemaña non conseguiu acadar os obxectivos doLebensraum debido ás frontes flutuantes e das políticas soviéticas deterra queimada que limitaron os recursos dispoñibles para os invasores alemáns.[495] Ó contrario que no oeste, as políticas raciais alemás promoveron unha brutalidade excesiva contra o que consideraban os "Untermensch" (xente inferior) de ascendenciaeslava, e a maioría de avances territoriais alemáns foron acompañados deexecucións masivas.[496] Na maioría de territorios ocupados formáronsegrupos de resistencia locais, mais non conseguiron afectar as operacións alemás de forma significativa nin no leste[497] nin no oeste[498] ata finais de 1943.[499][500][501][502]
Muller traballando nunha fábrica deFort Worth en 1942.
En Asia, o Xapón consideraba que as nacións baixo a súa ocupación formaban parte daEsfera de Coprosperidade da Grande Asia Oriental, unhahexemonía co suposto propósito de "liberar os pobos colonizados".[503] Aínda que as forzas xaponesas foron recibidas como liberadores da dominación europea nalgúns territorios, a súa excesiva brutalidade tornou a opinión local na súa contra en poucas semanas.[504] Nas etapas iniciais da conquista, os xaponeses capturaron uns 4 millóns de barrís (640 000 m3) de petróleo (~5,5×105t) abandonados polas forzas aliadas na súa retirada, e cara ó ano 1943 o Xapón conseguiu recuperar a produción nasIndias Orientais Neerlandesas ata uns 50 millóns de barrís anuais (~6,8×106 t), un 76% da produción que tiñan en 1940.[504]
Os rápidos ataques daBlitzkrieg alemá e xaponesa mitigaron a vantaxe inicial dos Aliados, pero a superioridade económica e de poboación destes converteuse nun factor decisivo en 1942 trala entrada da Unión Soviética e dos Estados Unidos no bando aliado e cambio cara a unhaguerra de desgaste.[505] Malia que é habitual que se atribúa a maior capacidade produtiva dos Aliados ó seu maior acceso a recursos naturais, existiron outros factores que contribuíron a esta vantaxe produtiva, como a relutancia de Alemaña e o Xapón a empregar mulleres comoman de obra,[506] osbombardeos estratéxicos Aliados,[507] e o cambio tardío de Alemaña cara a unhaeconomía de guerra[508]. A maiores, nin Alemaña nin o Xapón tiñan un plan para combater unha guerra estendida, e non tiñan os recursos necesarios para tal propósito.[509][510] Para mellorar a súa capacidade produtiva, Alemaña e o Xapón empregaron millóns de traballadoresescravos.[511] Alemaña usou uns 12 millóns de persoas paratraballos forzados, provenientes na súa maioría da Europa oriental,[471][472] mentres que o Xapón usou máis de 18 millóns de persoas no Extremo Oriente.[487][488]
Países europeos que recibiron axudas doPlan Marshall.
A economía global viuse severamente afectada pola guerra, aínda que as nacións participantes recibiron o seu impacto de formas distintas en cada caso. OsEstados Unidos de América foron os máis beneficiados economicamente. O país tivo unbaby boom trala guerra e nos anos 1950 pasou a dominar a economía mundial cun PIB per cápita moito maior que o de calquera das outras potencias mundiais.[512][513] O Reino Unido e os Estados Unidos lideraron unha política de desarmamento industrial enAlemaña Occidental entre os anos 1945–1948,[514] e tivo lugar un estancamento económico en Europa debido ás interdependencias de comercio internacional, atrasándose a súa recuperación económica durante varios anos.[515][516] A recuperación xeral europea comezou a mediados de 1948 coareforma monetaria de Alemaña Occidental, axudada pola liberación económica causada de forma directa e indirecta poloPlan Marshall entre 1948 e 1951.[517][518] Durante os catro anos que estivo en funcionamento, os estadounidenses destinaron uns 13 000 millóns dedólares de axuda a un total de dezaseis países.[519] A consecuente recuperación alemá sería posteriormente coñecida como o "Milagre económico alemán".[520] Italia experimentou tamén un rápido crecemento económico[521] e a economía francesaexperimentou unha recuperación.[522] Pola contra, o Reino Unido atopouse nun estado de ruína económica,[523] e malia recibir un cuarto do total da axuda destinada no Plan Marshall, máis que calquera outro país europeo,[524] continuou sufrindo un declive económico relativo durante décadas.[525]
Pola súa banda, aUnión Soviética, malia as cuantiosas perdas humanas e materiais sufridas, experimentou tamén un rápido incremento da produción nos anos inmediatamente posteriores á guerra.[526] Fronte ao plan Marshall, a Unión Soviética lanzou nun primeiro momento oplan Molotov e posteriormente liderou a creación da organización económica coñecida comoComecon.[527] En Asia, o Xapón experimentou un crecemento económicoincriblemente rápido, converténdose nunha das potencias económicas mundiais nos anos 1980,[528] mentres que a China conseguiu recuperar os seus niveis de produción de preguerra cara ó ano 1952.[529]
Os roles militares dasaeronaves avanzaron de modo significativo durante a guerra, en funcións derecoñecemento,caza,bombardeo eapoio aéreo de proximidade.[530] Entre as innovacións introducidas destacaron otransporte aéreo, a capacidade de transportar rapidamente subministracións, equipamento e persoal,[531] así como osbombardeos estratéxicos, o bombardeo de centros industriais e de poboación para reducir a capacidade inimiga de manterse na guerra.[532] Os sistemas e armas dedefensa antiaérea recibiron avances significativos como oradar[533] e a artillaría terra-aire, como por exemplo na destacada88 mm alemá.[534] A introdución pioneira aínda que tardía dosavións de reacción tivo pouco impacto na propia guerra, pero deu paso a que este tipo de avións se convertesen no estándar das forzas aéreas de todo o mundo.[535][536]
A guerra terrestre mudou as frontes estáticas da primeira guerra mundial cara a unha maior mobilidade earmamento combinado.[550] Otanque, empregado na primeira guerra mundial principalmente como apoio da infantaría, evolucionou ata converterse unha arma principal da guerra.[551] A finais dos anos 1930 o deseño de tanques atopábase considerablemente máis avanzado que na guerra anterior,[552] e os avances continuaron durante toda a guerra con melloras significativas na súa velocidade, blindaxe e armamento.[553] Nos comezos da guerra a maioría dos comandantes consideraban que para facer fronte ós tanques inimigos era necesario empregar tanques con especificacións superiores.[554] Esta idea viuse confrontada pola baixa eficacia dos canóns relativamente lixeiros dos primeiros tanques contra a blindaxe e a doutrina alemá de evitar os combates entre tanques. Estes factores xunto co uso do armamento combinado foron uns dos elementos chave do grande éxito da táctica alemá daBlitzkrieg enPolonia eFrancia.[551] Durante a guerra empregáronse diversos medios paracombater os tanques, incluíndo aartillaría indirecta,armas antitanque (tanto remolcadas comoautopropulsadas),minas e armas de infantaría antitanque de curto alcance.[554] Malia a mecanización en grande escala, a infantaría mantívose como a columna vertebral de tódalas forzas,[555] cun equipamento semellante ó da primeira guerra mundial durante gran parte da guerra.[556] O uso demetralladoras espallouse de forma notable, con exemplos como aMG34 alemá e variasmetralletas axeitadas para ocombate en espazos reducidos e nas zonas dexungla.[556] Orifle de asalto foi un desenvolvemento de finais da guerra que combinou moitas das características dosrifles e das metralletas, converténdose na arma de infantaría estándar de posguerra para a maioría dos exércitos.[557][558]
A guerra é unha figura prominente na literatura mundial, particularmente abundante na segunda metade doséculo XX, estando presente en miles denovelas e outras obras literarias,[578] moitas delas conmemorando os eventos nas distintas frontes de batalla,[579] as accións deespionaxe[580] e os homes e mulleres que participaron e víronse afectados pola guerra.[581] Pola súa parte, os grupos e eventos de recreación da segunda guerra mundial, que experimentaron un auxe a partir dos anos 1970,[582] procuran arecreación histórica da guerra con eventos dehistoria vivente e recreacións de operacións tácticas e batallas co obxectivo de axudar a revivir os eventos e experiencias da guerra cun carácter educativo.[583]
A Unión Soviética sufriu o maior número de baixas durante a guerra, e a súa historia deu pé a un gran número de obras literarias e filmes sobre o tema. Algúns dos filmes soviéticos máis destacados foron entre outros,Letyat zhuravli (1957),[594]Ivanovo detstvo (1962) eIdi i smotri (1985),[594] este último amplamente recoñecido como un dos mellores filmes sobre a guerra.[595][596] Na China os filmes sobre a guerra nos anos últimos anos da década de 1940 fixeron unha clara promoción do heroísmo e o martirio do pobo chinés nos tempos de crise nacional, con dramas sobre a fronte de guerra dominando as pantallas dos cinemas,[597] mentres que pola súa banda no Xapón os filmes sobre a guerra foron escasos durante os anos de ocupación estadounidense, centrándose en temáticas antiguerra e na vitimización dos soldados e civís xaponeses, con directores destacados comoIchikawa Kon eKobayashi Masaki.[598]
↑Segundo Deighton, "A ofensiva pospúxose vinte e nove veces antes de que se levase a cabo finalmente.[119]
↑Estados Unidos relevou posteriormente os británicos cun destacamento de marines que chegou aReiquiavik o 7 de xullo de 1941.[131]
↑Segundo Schofield, a aviación británica tivo un papel destacado na derrota dos U-boots alemáns durante a batalla do Atlántico.[131]
↑Segundo Glantz, "o 1 de novembro [aWehrmacht] perdera por completo o 20% da súa forza comprometida á guerra (686 000 homes), ata dous terzos do seu medio millón de vehículos motorizados, e un 65% dos seus tanques. O Alto Mando alemán cualificou as súas 136 divisións como equivalentes a 83 divisións á máxima capacidade".[203]
↑Evans indicou que "Zhukov fixera retroceder os alemáns ata onde lanzaran a OperaciónTyphoon dous meses antes. ... Só a decisión de Stalin de atacar por toda a fronte en lugar de concentrar as súas forzas nun asalto total contra o grupo central do exército alemán en retirada previu que o desastre fose aínda maior".[209]
↑Wood, listando varios desenvolvementos militares e diplomáticos, indicou que "a ameaza para o Xapón non era puramente económica".[232]
↑Dower chama a atención ó feito de que "a loita dos Aliados contra o Xapón espuxo os apuntamentos subxacentes da estrutura colonial europea e estadounidense. Xapón non invadiu países independentes no sur de Asia. Invadiu postos avanzados coloniais que os occidentais levaban dominando durante xeracións, dando por sentado a súa superioridade racial e cultural sobre os seus súbditos asiáticos". Dower continúa indicando que antes de que se fixesen patentes os horrores da ocupación xaponesa, moitos asiáticos responderon de forma favorable ás vitorias das forzas do Imperio Xaponés.[235]
↑Segundo May,Churchill afirmou: "A declaración de guerra contra o Xapón por parte de Rusia sería unha gran vantaxe para nós, sempre que os rusos teñan a confianza de que non prexudique a súa fronte occidental".[242]
↑Lightbody, Bradley (30 de marzo de 2011)."Invasion of Poland".BBC History. Consultado o 13 de setembro de 2016.
↑Förster, Stig; Gessler, Myriam (2005). "The Ultimate Horror: Reflections on Total War and Genocide". En Chickering, Roger; Förster, Stig; Greiner, Bernd.A World at Total War: Global Conflict and the Politics of Destruction, 1937–1945. Cambridge University Press. p. 64.ISBN978-0-521-83432-2.
↑Saideman, Stephen M.; Ayres, R. William (2012).For Kin or Country: Xenophobia, Nationalism, and War. Columbia University Press. pp. 3, 105, 141.ISBN9780231514491.
↑Haughton, Tim (2016).Aftermath: Legacies and Memories of War in Europe, 1918–1945–1989. Routledge. p. 210.ISBN9781317183907.
↑31,031,1Pollard, John (2005).The Fascist Experience in Italy. Routledge. p. 12-26.ISBN9781134819034.
↑Shaw, Anthony (2000).World War II: Day by Day. MBI Publishing Company. p. 35.ISBN978-0-7603-0939-1.
↑Schumann, Dirk (2012).Political Violence in the Weimar Republic, 1918-1933: Fight for the Streets and Fear of Civil War. Studies in German History10. Berghahn Books. p. 131, 145, 185.ISBN9780857453143.ISSN1937-3716.
↑Goldman, Aaron L. (1974). "Sir Robert Vansittart's Search for Italian Cooperation against Hitler, 1933-36".Journal of Contemporary History9 (3): 93–130.JSTOR260026.
↑Presseisen, Ernst Leopold (2013).Germany and Japan: A Study in Totalitarian Diplomacy 1933–1941. Springer. p. 237.ISBN9789401765909.
↑Spector, Robert Melvin (2005).World Without Civilization: Mass Murder and the Holocaust, History, and Analysis. University Press of America. p. 257.ISBN0761829636.
↑Coverdale, John F. (2015).Italian Intervention in the Spanish Civil War. Princeton University Press. p. 74.ISBN9781400867905.
↑Whealey, Robert H. (1971). "Foreign Intervention in the Spanish Civil War". En Carr, Raymond.The Republic and the Civil War in Spain. Problems in Focus Series. Macmillan Education. pp. 213–238.ISBN978-1-349-00058-6.doi:10.1007/978-1-349-00058-6_11.
↑75,075,1Dollery, Brian; Spindler, Zane; Parsons, Craig (2004). "Nanshin: Budget-Maximizing Behavior, the Imperial Japanese Navy and the Origins of the Pacific War".Public Organization Review4 (2): 135–155.ISSN1566-7170.doi:10.1023/B:PORJ.0000031626.61125.6c.
↑Kallis, A. (2002). "4 - Fascist expansionism in practice".Fascist ideology: territory and expansionism in Italy and Germany, 1922-1945. Routledge.ISBN9781134606597.
↑Mommsen, Hans (1997). "Hitler's Reichstag Speech of 30 January 1939".History and Memory9 (1/2): 147–161.JSTOR25681003.
↑White, Ralph K. (1949). "Hitler, Roosevelt, and the nature of war propaganda".The Journal of Abnormal and Social Psychology44 (2): 157–174.doi:10.1037/h0056667.
↑Hillgruber, Andreas (1974). "England's Place in Hitler's Plans for World Dominion".Journal of Contemporary History9 (1): 5–22.JSTOR260265.
↑Weinberg, Gerhard L. (1996).Germany, Hitler, and World War II: Essays in Modern German and World History. Cambridge University Press. p. 123-125.ISBN9780521566261.
↑Robertson, Esmonde M. (1989). "German Mobilisation Preparations and the Treaties Between Germany and the Soviet Union of August and September 1939". En Boyce, Robert; Robertson, Esmonde M.Paths to War: New Essays on the Origins of the Second World War. pp. 330–366.ISBN978-1-349-20333-8.doi:10.1007/978-1-349-20333-8_11.
↑Lund, Diderich H. (1947). "The Revival of Northern Norway".The Geographical Journal109 (4/6): 185–197.JSTOR1789438.doi:10.2307/1789438.
↑Commager, Henry Steele (2004).The Story of the Second World War. Brassey's. p. 9.ISBN978-1-57488-741-9.
↑Reynolds, David (2006).From World War to Cold War: Churchill, Roosevelt, and the International History of the 1940s. Oxford University Press. p. 76.ISBN978-0-19-928411-5.
↑Beukel, Erik; Jensen, Frede P.; Rytter, Jens Elo (2010).Phasing Out the Colonial Status of Greenland, 1945-54: A Historical Study. Museum Tusculanum Press. p. 29.ISBN9788763525879.
↑Umbreit, Hans (1991). "The Battle for Hegemony in Western Europe". En Maier, Klaus A.; Falla, P. S.Germany and the Second World War, Volume 2: Germany's Initial Conquests in Europe. Clarendon Press. p. 311.ISBN978-0-19-822885-1.
↑McCanne, Randy; Olson Olson, Greg D.; Teicher, Dario E. (2010).Operation Sea Lion: A Joint Critical Analysis, Or, How Hitler Could Have Won, If He Were More Joint. Nimble Books LLC. p. 2.ISBN9781608880225.
↑172,0172,1Hall, Richard C. (2015).Consumed by War: European Conflict in the 20th Century. University Press of Kentucky. p. 134.ISBN9780813159959.
↑Alcalay, Albert (2007).The Persistence of Hope: A True Story. University of Delaware Press. p. 40.ISBN9780874139631.
↑Stockings, Craig; Hancock, Eleanor (2013).Swastika over the Acropolis: Re-interpreting the Nazi Invasion of Greece in World War II. BRILL. p. 131.ISBN9789004254596.
↑Aitken, Andy, Dave Flitton & James Wignall (directores), Dave Flitton (produtor); Dave Flitton, Andy Aitken & James Wignall (escritores) (1996).The Battle for Russia (Documental).Battlefield.PBS. Consultado o 16 de outubro de 2016.
↑Wilt, Alan F. (1981). "Hitler's Late Summer Pause in 1941".Military Affairs45 (4): 187–91.JSTOR1987464.doi:10.2307/1987464.
↑Barnhart, Michael A. (2013).Japan Prepares for Total War: The Search for Economic Security, 1919–1941. Cornell University Press. p. 178.ISBN9780801468452.
↑Grenville, J. A. S. (2005).A History of the World from the 20th to the 21st Century. Psychology Press. p. 260.ISBN9780415289559.
↑Morison, Samuel Eliot (2002).History of United States Naval Operations in World War II, Volume 14: Victory in the Pacific, 1945. University of Illinois Press. p. 60.ISBN978-0-252-07065-5.
↑Chun, C. (2012).The Fall of the Philippines, 1941-1942. Osprey Publishing. pp. 14,20.ISBN978-1-84908-609-7.
↑Banham, Tony (2005).Not the Slightest Chance: The Defence of Hong Kong, 1941. Hong Kong University Press.ISBN9789622097803.
↑Dunn, Dennis J. (1998).Caught Between Roosevelt & Stalin: America's Ambassadors to Moscow. University Press of Kentucky. p. 157.ISBN978-0-8131-2023-2.
↑Bosworth, Richard; Maiolo, Joseph (2015).The Cambridge History of the Second World War Volume 2: Politics and Ideology. The Cambridge History of the Second World War (3 vol). Cambridge University Press. pp. 313–314.ISBN978-1107034075.
↑Erickson, John (2001). "Moskalenko". En Shukman, Harold.Stalin's Generals. Phoenix Press. p. 142.ISBN978-1-84212-513-7.
↑Milner, Marc (1990). "The Battle of the Atlantic".In John Gooch, ed., Decisive Campaigns of the Second World War(pp. 45–66). Frank Cass. p. 52.ISBN978-0-7146-3369-5.
↑Rich, Norman (1992) [1973].Hitler's War Aims, Volume I: Ideology, the Nazi State, and the Course of Expansion. W. W. Norton & Company. p. 178.ISBN978-0-393-00802-9.
↑Stewart, William Herman (1986).Ghost Fleet of the Truk Lagoon: An Account of "Operation Hailstone", February, 1944. Pictorial Histories.ISBN0-933126-66-2.
↑Frankland, Noble; Webster, Charles (1961).The Strategic Air Offensive Against Germany, 1939–1945, Volume II: Endeavour, Part 4. Her Majesty's Stationery Office. pp. 260–261.ISBN9781845744366.
↑Forczyk, Robert (2012).Georgy Zhukov. Bloomsbury Publishing. p. 37.ISBN9781849085571.
↑Vasilyev, Pavel (2012). "9 - Alimentary and Pellagra Psychoses in Besieged Leningrad". En Zweiniger-Bargielowska, Ina; Duffett, Rachel; Drouard, Alain.Food and War in Twentieth Century Europe. Ashgate Publishing, Ltd. p. 111-112.ISBN9781409490197.
↑Mälksoo, L. (2000). "Professor Uluots, the Estonian Government in Exile and the Continuity of the Republic of Estonia in International Law".Nordic Journal of International Law69 (3): 289–316.ISSN0902-7351.doi:10.1163/15718100020296305.
↑de Grazia, Victoria; Paggi, Leonardo (1991). "Story of an Ordinary Massacre: Civitella della Chiana, 29 June, 1944".Cardozo Studies in Law and Literature3: 153–169.JSTOR743479.doi:10.1525/lal.1991.3.2.02a00030.
↑Portelli, Alessandro (2003).The Order Has Been Carried Out: History, Memory, and Meaning of a Nazi Massacre in Rome. Palgrave Macmillan.ISBN978-1403980083.
↑Gordon, Robert S. C. (2012).The Holocaust in Italian Culture, 1944–2010. Stanford University Press. pp. 10–11.ISBN978-0-8047-6346-2.
↑Ortner, C.S. (1986). "Marzabotto: The Crimes of Walter Reder, SS-Sturmbannführer".Dokumentationsarchiv des österreichschen Widerstandes(enalemán).
↑MacDonald, Charles B. (2005).The Last Offensive: The European Theater of Operations. University Press of the Pacific.ISBN978-1410220721.
↑Ballard, Ted (1990).Rhineland 15 September 1944-21 March 1945. CMH Online bookshelves: World War II Commemorative Brochures. Washington: United States Army Center of Military History. CMH Pub 72-25. Arquivado dendeo orixinal o 31 de decembro de 2014. Consultado o 18 de outubro de 2016.
↑MacDonald, Charles B. (1993).The Siegfried Line campaign. United States Army Center of Military History. pp. 594–595. Arquivado dendeo orixinal o 15 de xuño de 2010. Consultado o 18 de outubro de 2016.
↑Berend, Ivan T. (1996).Central and Eastern Europe, 1944–1993: Detour from the Periphery to the Periphery. Cambridge University Press. p. 8.ISBN978-0-521-55066-6.
↑Weinberg, Gerhard L. (1993). "German Plans for Victory, 1944–45".Central European History26 (2): 215–228.doi:10.1017/S0008938900020136.
↑Abram, M. (2012). "20. Oktobar–Narratives of Identities in the Celebrations for Belgrade’s Liberation Day (1945-1961)".History of Communism in Europe3: 169–187.doi:10.7761/HCE.3.169.
↑Wiest, Andrew; Barbier, M. K. (2002).Strategy and Tactics: Infantry Warfare. MBI Publishing Company. pp. 65–66.ISBN978-0-7603-1401-2..
↑Taylor, J. G. (1957).Air supply in the Burma campaigns (Monográfico). AIR UNIV MAXWELL AFB AL RESEARCH STUDIES INST. ADA529960. Arquivado dendeo orixinal o 19 de outubro de 2016. Consultado o 19 de outubro de 2016.
↑360,0360,1Drea, Edward J. (2003).In the Service of the Emperor: Essays on the Imperial Japanese Army. University of Nebraska Press. pp. 54–57.ISBN978-0-8032-6638-4.
↑Shores, Christopher (1985).Duel for the Sky: Ten Crucial Battles of World War II. Grub Street. p. 250.ISBN978-0-7137-1601-6.
↑Harkavy, Robert E. (2013).Great Power Competition for Overseas Bases: The Geopolitics of Access Diplomacy. Elsevier. p. 111.ISBN9781483145204.
↑Smith, Robert Ross (2000) [1960]."Luzon Versus Formosa". En Greenfield, Kent Roberts.Command Decisions. United States Army Center of Military History. CMH Pub 70-7. Arquivado dendeo orixinal o 30 de decembro de 2007. Consultado o 19 de outubro de 2016.
↑Aluit, Alphonso J. (1995).By sword and fire: the destruction of Manila in World War II, 3 February-3 March 1945. Bookmark.ISBN9789715691628.
↑Brower, Charles F. (2012).Defeating Japan: The Joint Chiefs of Staff and Strategy in the Pacific War, 1943–1945. Palgrave Macmillan. pp. 133–144.ISBN978-1137025210.
↑Kennedy-Pipe, Caroline (1995).Stalin's Cold War: Soviet Strategies in Europe, 1943–56. Manchester University Press. pp. 123–124.ISBN978-0-7190-4201-0.
↑Applebaum, Anne (2012).Iron Curtain: The Crushing of Eastern Europe 1944–56. London: Allen Lane.ISBN978-0-7139-9868-9.
↑Naimark, Norman (2010). "The Sovietization of Eastern Europe, 1944–1953". En Leffler, Melvyn P.; Westad, Odd Arne.The Cambridge History of the Cold War, Volume I: Origins. Cambridge University Press. pp. 175–197.ISBN978-0-521-83719-4.
↑Garthoff, Raymond L. (1984). Terry, Sarah Meiklejohn, ed.Soviet Policy in Eastern Europe. The Yale paperbounds545. Yale University Press. p. 318.ISBN9780300031317.
↑Borstelmann, Thomas (2005). "The United States, the Cold War, and the color line". En Leffler, Melvyn P.; Painter, David S.Origins of the Cold War: An International History (2ª ed.). Routledge. p. 318.ISBN978-0-415-34109-7.
↑Leffler, Melvyn P.; Westad, Odd Arne, eds. (2010).The Cambridge History of the Cold War. Cambridge University Press.ISBN978-0-521-83938-9.
↑Stueck, William (2010). "The Korean War". En Leffler, Melvyn P.; Westad, Odd Arne.The Cambridge History of the Cold War, Volume I: Origins. Cambridge University Press. pp. 266–287.ISBN978-0-521-83719-4.
↑Lynch, Michael (2010).The Chinese Civil War 1945–49. Osprey Publishing. pp. 12–3.ISBN978-1-84176-671-3.
↑Grandío Seoane, Emilio; Rodríguez González, Javier, eds. (2013).War Zone: La segunda guerra mundial en el noroeste de la peninsula iberica. Puntos de vista(encastelán). Editorial Eneida.ISBN978-8415458043.
↑Smith, J.W. (1994).The World's Wasted Wealth 2: Save Our Wealth, Save Our Environment. Institute for Economic Democracy. p. 204.ISBN0-9624423-2-1.
↑Herf, Jeffrey (2003). "The Nazi Extermination Camps and the Ally to the East. Could the Red Army and Air Force Have Stopped or Slowed the Final Solution?".Kritika: Explorations in Russian and Eurasian History4 (4): 913–930.doi:10.1353/kri.2003.0059.
↑Florida Center for Instructional Technology (2005)."Victims".A Teacher's Guide to the Holocaust. Universidade de Florida do Sur. Consultado o 2 de febreiro de 2008.
↑Hedgepeth, Sonja; Saidel, Rochelle (2010).Sexual Violence against Jewish Women During the Holocaust. Lebanon, NH: University Press of New England. p. 16.ISBN9781584659044.
↑Totten, Samuel; Feinberg, Stephen (2016).Essentials of Holocaust Education: Fundamental Issues and Approaches. Routledge. pp. 19–23.ISBN9781317648086.
↑MacDonald, David Bruce (2003).Balkan holocausts?: Serbian and Croatian victim-centered propaganda and the war in Yugoslavia. Manchester University Press. pp. 170–171.ISBN978-0-7190-6467-8.
↑Lee, En-han (2002). "The Nanking Massacre Reassessed: A Study of the Sino-Japanese Controversy over the Factual Number of Massacred Victims". En Sabella, Robert; Li, Fei Fei; Liu, David.Nanking 1937: Memory and Healing. M. E. Sharpe. pp. 47–74.ISBN978-0-7656-0816-1.
↑Ulrich, Herbert (1997).Hitler's Foreign Workers: Enforced Foreign Labour in Germany under the Third Reich.ISBN9780521470001.
↑Scherner, Jonas; White, Eugene N. (2016).Paying for Hitler's War: The Consequences of Nazi Economic Hegemony for Europe. Cambridge University Press. p. 67.ISBN9781107049703.
↑Łuczak, Czesław (1979).Polityka ludnościowa i ekonomiczna hitlerowskich Niemiec w okupowanej Polsce [Polícita civil e económica da Alemaña Nazi na Polonia ocupada](en polaco). Poznań: Wydawnictwo Poznańskie. pp. 136–.ISBN832100010X.
↑Zemskov, V.N. (1990). "ON THE PROBLEM OF REPATRIATION OF SOVIET CITIZENS, 1944-1951".ISTORIYA SSSR (4): 26–41.
↑Bacon, Edwin (1992). "Glasnost' and the Gulag: New Information on Soviet Forced Labour around World War II".Soviet Studies44 (6): 1069–1086.JSTOR152330.doi:10.1080/09668139208412066.
↑Davidson, Eugene (1999).The Death and Life of Germany: An Account of the American Occupation. University of Missouri Press. p. 121.ISBN0-8262-1249-2..
↑Department of Labour of Canada (24 de xaneiro de 1947).Report on the Re-establishment of Japanese in Canada, 1944–1946. Office of the Prime Minister. p. 23.ISBN0-405-11266-1.
↑495,0495,1Milward, A. S. (1992) [1977].War, Economy, and Society, 1939–1945. University of California Press. p. 138,148.ISBN978-0-520-03942-1.
↑Barber, John; Harrison, Mark (2006). "Patriotic War, 1941–1945". En Suny, Ronald Grigor.The Cambridge History of Russia, Volume III: The Twentieth Century. Cambridge University Press. p. 232.ISBN978-0-521-81144-6.
↑Hill, Alexander (2005).The War Behind The Eastern Front: The Soviet Partisan Movement In North-West Russia 1941–1944. Frank Cass. p. 5.ISBN978-0-7146-5711-0.
↑Christofferson, Thomas R.; Christofferson, Michael S. (2006).France During World War II: From Defeat to Liberation. Fordham University Press. p. 156.ISBN978-0-8232-2562-0.
↑Skalidakis, Y. (2015). "From Resistance to Counterstate: The Making of Revolutionary Power in the Liberated Zones of Occupied Greece, 1943–1944".Journal of Modern Greek Studies33 (1): 155–184.doi:10.1353/mgs.2015.0000.
↑Pedersen, Bjørn Schreiber; Holm, Adam (1998). "Restraining excesses: Resistance and counter‐resistance in nazi‐occupied Denmark 1940–1945".Terrorism And Political Violence10 (1): 60–89.doi:10.1080/09546559808427444.
↑Nichols, Ralph D. (2015).Jedburgh Operations: Support To The French Resistance In Eastern Brittany From June-September 1944. Pickle Partners Publishing. pp. 7–14.ISBN9781786254146.
↑504,0504,1Rahn, Werner (2001). "The War in the Pacific". En Boog, Horst; Rahn, Werner; Stumpf, Reinhard; Wegner, Bernd.Germany and the Second World War, Volume VI: The Global War. Clarendon Press. p. 266.ISBN978-0-19-822888-2.
↑British Bombing Survey Unit (1998).The Strategic Air War Against Germany, 1939–1945. Frank Cass. p. 84.ISBN978-0-7146-4722-7.
↑Lindberg, Michael; Todd, Daniel (2001).Brown-, Green- and Blue-Water Fleets: the Influence of Geography on Naval Warfare, 1861 to the Present. Praeger. p. 126.ISBN978-0-275-96486-3.
↑Departamento de Asuntos Económicos e Sociais (2005).World Economic And Social Survey 2004: International Migration. Economics & social affairs291.Organización das Nacións Unidas. p. 23.ISBN9789211091472.
↑Wettig, Gerhard (2008).Stalin and the Cold War in Europe: The Emergence and Development of East-West Conflict; 1939 - 1953. Rowman & Littlefield.ISBN0-7425-5542-9.
↑Neary, Ian (1992). "Japan". En Harrop, Martin.Power and Policy in Liberal Democracies. Cambridge University Press. p. 49.ISBN978-0-521-34579-8.
↑Genzberger, Christine (1994).China Business: The Portable Encyclopedia for Doing Business with China. World Trade Press. p. 4.ISBN0-9631864-3-4.
↑Gander, Terry (2009).German 88: The Most Famous Gun of the Second World War. Pen and Sword. p. 7.ISBN9781783374793.
↑Klavans, Richard A.; Di Benedetto, C. Anthony; Prudom, Melanie J. (1997). "Understanding Competitive Interactions: The U.S. Commercial Aircraft Market".Journal of Managerial Issues9 (1): 13–361.JSTOR40604127.
↑Ward, Thomas A. (2010).Aerospace Propulsion Systems. Singapore: John Wiley & Sons. pp. 247–51.ISBN978-0-470-82497-9.
↑Aircraft Carriers: A History of Carrier Aviation and Its Influence on World Events, Volume I: 1909-1945 (2ª ed.). Potomac Books. 2006.ISBN978-1574886634.OCLC933516683.
↑Bishop, Chris; Chant, Chris (2004).Aircraft Carriers: The World's Greatest Naval Vessels and Their Aircraft. Silverdale Books. p. 7.ISBN1-84509-079-9.
↑Chenoweth, H. Avery; Nihart, Brooke (2005).Semper Fi: The Definitive Illustrated History of the U.S. Marines. Main Street. p. 180.ISBN1-4027-3099-3.
↑House, J. M. (1985). "5 - World War II -- The Complexity of Total War, 1942-1945".Toward Combined Arms Warfare: A Survey of 20th-century Tactics, Doctrine, and Organization. DIANE Publishing.ISBN9781428915831.
↑Dupuy, Trevor Nevitt (1982).The Evolution of Weapons and Warfare. Jane's Information Group. p. 231.ISBN0-7106-0123-9.
↑Steadman, Kenneth A. (21 de abril de 1982).The Evolution of the Tank in the U.S. Army(PDF) (Informe). United States Army - Combat Studies Institute. pp. 2–10. Consultado o 21 de maio de 2015.
↑560,0560,1Schoenherr, Steven (2007)."Code Breaking in World War II". History Department at the University of San Diego. Arquivado dendeo orixinal o 09 de maio de 2008. Consultado o 15 de novembro de 2009.
↑Ahnfeldt, Arnold Lorentz, ed. (1966).Radiology in World War II. Washington, D.C.: Office of the Surgeon General, Department of the Army.OCLC630225.
↑570,0570,1Hewlett, Richard G.; Duncan, Francis (1969).Atomic Shield, 1947–1952. A History of the United States Atomic Energy Commission. Pennsylvania State University Press. pp. 74–76, 252–253.ISBN0-520-07187-5.OCLC3717478.
↑Rojas, R.; Darius, F.; Göktekin, C.; Heyne, G. (2005). "The reconstruction of Konrad Zuse’s Z3".IEEE Annals of the History of Computing27 (3): 23–32.doi:10.1109/mahc.2005.48.
↑Goldstine, H. H.; Goldstine, Adele (1946). "The Electronic Numerical Integrator and Computer (ENIAC)".Mathematical Tables and Other Aids to Computation2 (15): 97–110.ISSN0891-6837.doi:10.2307/2002620.
↑Flagel, Thomas R. (2012).The History Buff's Guide to World War II: Top Ten Rankings of the Best, Worst, Largest, and Most Lethal People and Events of World War II. Sourcebooks, Inc. p. 344.ISBN9781402271465.
↑Hustler, David R. (2012).Basic Guide for World War II Reenacting. Dorrance Publishing. p. 16.ISBN9781434912428.
↑Gregg, Robert; McDonogh, Gary W.; Wong, Cindy H. (2005). "War movies".Encyclopaedia of Contemporary American Culture. Routledge. p. 764.ISBN9781134719297.
↑Buttsworth, Sara; Abbenhuis, Maartje M. (2010).Monsters in the Mirror: Representations of Nazism in Post-war Popular Culture. ABC-CLIO. pp. xix–xx.ISBN9780313382161.
↑Novick, Peter (2000).The Holocaust in American Life. Houghton Mifflin Harcourt. p. 214.ISBN9780547349619.
Eastman, Lloyd E. (1986). "Nationalist China during the Sino-Japanese War 1937–1945". En Fairbank, John K.; Twitchett, Denis C.The Cambridge History of China, Volume 13: Republican China 1912–1949, Part 2(eninglés). Cambridge University Press.ISBN978-0-521-24338-4.
Glantz, David M. (11 de outubro de 2001).The Soviet-German War 1941–45 Myths and Realities: A Survey Essay(PDF). 20th Anniversary Distinguished Lecture at the Strom Thurmond Institute of Government and Public Affairs(eninglés). Clemson University. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 17 de xuño de 2011. Consultado o 16 de outubro de 2016.
Harrison, Mark (1998).The Economics of World War II: Six Great Powers in International Comparison(eninglés). Cambridge University Press.ISBN978-0-521-62046-8.
Kennedy, David M. (2001).Freedom from Fear: The American People in Depression and War, 1929–1945(eninglés). Oxford University Press.ISBN978-0-19-514403-1.
Michel, Henri (1990).La segunda guerra mundial. T. I, Los éxitos del eje: septiembre de 1939-enero de 1943(encastelán).Akal.ISBN9788476006207.
Michel, Henri (1991).La segunda guerra mundial. T. II, La victoria de los aliados: enero de 1943-septiembre de 1945(encastelán). Akal.ISBN84-7600-620-9.
Murray, Williamson; Millett, Allan Reed (2001).A War to Be Won: Fighting the Second World War(eninglés). Harvard University Press.ISBN978-0-674-00680-5.
Shirer, William L. (1990) [1960].The Rise and Fall of the Third Reich: A History of Nazi Germany(eninglés). Simon & Schuster.ISBN0-671-72868-7.
Tucker, Spencer C.; Roberts, Priscilla Mary (2004).Encyclopedia of World War II: A Political, Social, and Military History(eninglés). ABC-CLIO.ISBN1-57607-999-6.
Weinberg, Gerhard L. (2005).A World at Arms: A Global History of World War II(eninglés) (2ª ed.). Cambridge University Press.ISBN978-0-521-85316-3.
Wells, Anne Sharp (2013).Historical Dictionary of World War II: The War against Germany and Italy(eninglés). Scarecrow Press.ISBN9780810879447.
Wettig, Gerhard (2008).Stalin and the Cold War in Europe: The Emergence and Development of East-West Conflict, 1939–1953(eninglés). Rowman & Littlefield.ISBN978-0-7425-5542-6.