Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Segunda Cámara dos Estados Xerais (Países Baixos)

Coord.:52°04′47″N4°18′54″L / 52.07962,4.31508
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Segunda Cámara dos Estados Xerais
Escudo de armas
Escudo
 Instancia de
 Parte de
 Composto por
Representación esquemática
Escanos
 Número de escanos
150
72
68
58
55
75
86
80
100
110Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Cargo dirixente
 Presidente/a
Martin Bosma14 de decembro de 2023
Vera Bergkamp7 de abril de 2021- 5 de decembro de 2023
Khadija Arib13 de xaneiro de 2016- 7 de abril de 2021
Anouchka van Miltenburg25 de setembro de 2012- 12 de decembro de 2015Editar o valor en Wikidata
Datas e cronoloxía
 Fundación
24 de agosto de 1815Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 Sede
 Xurisdición
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+31-70-318-2211Editar o valor en Wikidata
Redes
Facebook: TweedeKamerTwitter: 2eKamertweetsInstagram: tweede_kamerLinkedIn: tweede-kamer-der-staten-generaalYoutube: UCEqXS8PoH57XaizXKMTL_UQEditar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Escudo da Segunda Cámara dos Estados Xerais

ASegunda Cámara dos Estados Xerais ou Cámara de Representantes (enneerlandés:Tweede Kamer der Staten-Generaal) é a cámara baixa doparlamento dosPaíses Baixos (Staten-Generaal). Xunto coSenado, ouPrimeira Cámara, exerce o poderlexislativo do sistema político neerlandés. Ten a súa sede naHaia no complexo histórico do Binnenhof que alberga ás principais institucións do país.

Funcións

[editar |editar a fonte]

O capítulo 3 da Constitución dosPaíses Baixos (artigos do 50 ao 72) establece as atribucións da Segunda Cámara dosEstados Xerais:[1][2]

  • Exercer a iniciativa lexislativa: propor leis ou debater e aprobar aquelas propostas polo goberno. A diferenza daPrimeira Cámara, ou Senado, que non pode máis que aceptar ou rexeitar a totalidade do proxecto de lei, a Segunda Cámara pode introducir emendas aos proxectos.
  • Aprobar ou rexeitar osorzamentos do goberno para oEstado.
  • Controlar a acción dogoberno: os ministros son responsables ante o parlamento e responden ante o lexislativo de diferentes xeitos. Dunha parte, os membros do parlamento poden elevar cuestións por escrito ao executivo, que deben responder en tres semanas. Ademais, os membros da Segunda Cámara poden preguntar oralmente aos ministros nunha sesión parlamentaria que con tal fin se celebra os martes e que é retransmitida por televisión. Doutra banda, un deputado poder convocar a un ministro ou secretario de Estado para debater de forma urxente sobre un tema sempre que consiga o apoio da maioría da cámara, nestes casos, o ministro ou secretario de Estado non pode eludir a convocatoria.
  • Investigar: a Segunda Cámara pode constituír unhacomisión composta por algúns dos seus membros para investigar cuestións específicas. Para facer as súas investigacións pode convocar a calquera cidadán, que está obrigado a comparecer baixo xuramento. As conclusións da comisión de investigación son presentadas ante o conxunto da Segunda Cámara e poden incluír recomendacións, máis non sancións. A Segunda Cámara adoita investigar para dar resposta a problemas que teñen forte impacto na opinión pública, como por exemplo para esclarecer oaccidente aéreo do voo 1862 de El Al, ou as responsabilidades do exército dos Países Baixos nomasacre de Srebrenica.[3]

Composición

[editar |editar a fonte]

A Segunda Cámara dos Estados Xerais está conformada por 150 membros electos pola cidadanía cada 4 anos porsufraxio universal.[4] Os membros da Segunda Cámara teñen dedicación exclusiva ás súas tarefas parlamentarias.[2] O votoproporcional foi introducido o voto proporcional en 1917 canda osufraxio universal masculino, ampliado en1919 ásmulleres. Dende1933 os escanos a escoller son repartidos seguindo ométodo d'Hondt.[5] O número de membros foi de cen entre1830 e1956, cando foi ampliado aos 150 actuais.[5]

A Segunda Cámara dos Estados Xerais está liderada por un presidente que é votado polos seus membros ao inicio dalexislatura, xunto co resto dos membros dopresidium que organiza os traballos da asemblea.[6] Os deputados electos intégranse en grupos parlamentarios que se corresponden cos partidos polos que foron escollidos. Ademais das sesións plenarias, os deputados integran comités específicos para facer o seguimento da cada unha das políticas gobernamentais.[7] As sesións da Segunda Cámara dos Estados Xerais teñen lugar osmartes,mércores exoves.[2]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Nederlandse grondwet/Hoofdstuk 3 - Wikisource".nl.wikisource.org(en neerlandés). Consultado o2021-03-19. 
  2. 2,02,12,2Ramkema, H (2008).Reseña del Sistema Político Neerlandés. NIMD e Instituut voor Publiek en Politiek.ISBN 978-90-79089-03-1. 
  3. "Holanda culpable de masacre de Srebrenica"(eninglés). 2003-01-27. Consultado o2021-03-19. 
  4. admin (2011-04-11)."Elections and the formation of a Cabinet".www.houseofrepresentatives.nl(eninglés). Consultado o2021-03-19. 
  5. 5,05,1"Holanda —".aceproject.org. Consultado o2021-03-19. 
  6. admin (2011-04-15)."New members of the House of Representatives".www.houseofrepresentatives.nl(eninglés). Consultado o2021-03-19. 
  7. admin (2011-04-14)."Committees: The backbone of the work of the House of Representatives".www.houseofrepresentatives.nl(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 16 de abril de 2021. Consultado o2021-03-19. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos:

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas:

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Segunda_Cámara_dos_Estados_Xerais_(Países_Baixos)&oldid=6517823»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp