Aseca pódese definir como unha anomalía de duración máis ou menos longa, na que a dispoñibilidade deauga se sitúa por debaixo dos requirimentos dunha zona xeográfica dada. A auga non é suficiente para abastecer as necesidades dasplantas, osanimais e oshumanos.
A causa principal de toda seca é, popr tanto, o déficit de precipitacións. Cando a falta de chivias non é demasiado prolongada adoita falarse deseca meteorolóxica que, se perdura, deriva nunhaseca hidrolóxica, caracterizada pola desigualdade entre a dispoñibilidade de auga e as demandas naturais da mesma. En casos extremos pódese chegar áaridez.
Aínda que algúns consideran aseca como sinónimos deestiaxe, existe unha non pequena diferenza entre ambos os conceptos, pois a estiaxe é un fenómeno que ocorre nun intervalo de tempo máis ou menos curto, é dicir, a estiaxe non é permanente, mentres que a seca é permanente.[2][3]
O fenómeno da seca provoca desequilibrioshidrolóxicos importantes. Normalmente a ocorrencia da seca dase cando aevapotranspiración supera durante un período de tempo amplo a precipitación de chuvias.