Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Scopus (base de datos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Scopus (base de datos)


Instancia debase de datos en liña,revista eletrónica(pt)Traducir,abstract database(en)Traducir ecitation database(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Propietario/aElsevierEditar o valor en Wikidata
Operador/aElsevierEditar o valor en Wikidata
Actividade
Produtos
Data
Fundación15 de marzo de 2004Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEBscopus.comEditar o valor en Wikidata
RedesFacebook: elsevierscopusTwitter: ScopusLinkedIn: scopus-an-eye-on-global-researchYoutube: UCdBxVf17uMtOMAOsGE36WKQEditar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Scopus é unhabase de datos bibliográfica que contén resumos e citas de artigos de revistas académicas. Contén case 22.000 títulos dunhas 5.000 editoriais, das cales 20.000 son publicaciónsrevisadas por pares dos campos científicos, técnicos, médicos e das ciencias sociais (incluíndo as artes e humanidades).[1] O seu propietario éElsevier e está dispoñible en liña porsubscrición. As procuras que se fan en Scopus incorporan tamén procuras en bases de datos de patentes.[2]

Dado que Elsevier é o propietario de Scopus e é tamén unha das principais editoriais internacionais de revistas científicas, estableceuse unha Selección de Contido de Scopus international e independente e unha Xunta de Asesores (Advisory Board) para impedir posibles conflitos de intereses na elección das revistas que deberían incluírse na base de datos e para manter unha política de cobertura transparente e aberta, independente das editoriais.[3] A xunta consta de científicos e bibliotecarios especializados.

Un estudo de 2006 que avaliaba a facilidade de uso e a cobertura de Scopus e daWeb of Science (WOS), chegou á conclusión de que "Navegar por Scopus é doado, mesmo para o usuario novato. [...] A capacidade de buscar tanto cara adiante coma atrás a partir dunha determinada cita debería ser moi útil para o investigador. O aspecto multidisciplinario permite ao investigador facer facilmente procuras fóra da (sic) súa disciplina" e "Unha vantaxe de WOS sobre Scopus é a profundidade de cobertura, xa que a base de datos completa de WOS remóntase a 1945 e Scopus remóntase a 1966. Porén, Scopus e WOS compleméntanse entre si xa que ningunha procura o inclúe todo. [...]".[4]

Scopus tamén ofrece perfís do autor que inclúen afiliacións, número de publicacións e os seus datosbibliográficos,referencias, e detalles sobre o número de citas que tivo cada documento publicado. Ten características que dan avisos que permiten aos usuarios rexistrados rastrexar os cambios dun perfil e unha característica para calcular oíndice h dos autores, que mide a produtividade e impacto das citas das publicacións dos autores.

Scopus pode ser integrado conORCID.[5]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Scopus Content Overview".Scopus Info. Elsevier. Consultado o2013-09-04. 
  2. Kulkarni, A. V.; Aziz, B.; Shams, I.; Busse, J. W. (2009)."Comparisons of Citations in Web of Science, Scopus, and Google Scholar for Articles Published in General Medical Journals".JAMA302 (10): 1092–6.PMID 19738094.doi:10.1001/jama.2009.1307. 
  3. "Scopus Content Overview: Content Policy and Selection".Scopus Info. Elsevier. Consultado o2013-09-04. 
  4. Burnham, JF (2006)."Scopus database: A review".Biomedical Digital Libraries3: 1.PMC 1420322.PMID 16522216.doi:10.1186/1742-5581-3-1. 
  5. "Scopus2Orcid". Scopus. Arquivado dendeo orixinal o 24 de xullo de 2014. Consultado o7 May 2014. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Scopus_(base_de_datos)&oldid=6901882»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp