Sciurus vulgaris Sciurus é unxénero demamíferos daorde dosroedores ,suborde dosesciuromorfos ,familia dosesciúridos ,subfamilia dosesciurinos (en latín,Sciurinae ) etribo do mesmo nome (en latín,Sciurini ).
É oxénero tipo da suborde, a familia, a subfamilia e o tribo.
Comprende á maioría dosesquíos denominados vulgarmenteesquíos arborícolas deEuropa , zonas temperadas deAsia ,Norteamérica ,Centroamérica eSuramérica .
O xénero foi descito en1758 porLinneo na páxina 63 do Tomo 1º do seuSystema Naturae (10ª edición).[ 1]
Linneo tomou o nome dogrego antigo σκίουροςskíouros (latinizadoscĭūrus ), que significa "esquío".[ 2] O temo grego deriva de σκιάskiá , "sombra" + οὐράourá , "cola de animal" (aludindo quizais a que estes animais poden poñerse "á sombra da súa cola").
Ademais de polo nome actualmente válido, oprotónimo de Linneo, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[ 1]
Aphrontis Schultze, 1893 Araeosciurus Nelson, 1899 Baiosciurus Nelson, 1899Echinosciurus Trouessart, 1880 Histriosciurus J. A. Allen, 1915 Leptosciurus J. A. Allen, 1915 Macroxus F. Cuvier, 1823 Mesosciurus J. A. Allen, 1915 Neosciurus Trouessart, 1880 Oreosciurus Ognev, 1935 Parasciurus Trouessart, 1880 Simosciurus J. A. Allen, 1915 Recoñécense os subxéneros seguintes:[ 1]