![]() Savielly Tartakower | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de1887 Rostov-on-Don ![]() |
Morte | 4 de xaneiro de1956 París ![]() |
Lugar de sepultura | Cimetière parisien de Pantin(pt)![]() ![]() |
País de nacionalidade | Polonesa![]() ![]() |
Educación | Collège Calvin Universidade de Viena ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Xogador dexadrez |
Membro de | |
Movemento | Escola hipermoderna(pt)![]() ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira Guerra Mundial segunda guerra mundial ![]() |
Nacionalidade deportiva | Polonia Francia ![]() |
Deporte | xadrez![]() |
Título de xadrecista | Gran Mestre (1950)![]() |
Participou en | |
1950 | Olimpíada de xadrez de 1950 |
1939 | Olimpíada de xadrez de 1939 |
1937 | Olimpíada de xadrez de 1937 |
1935 | Olimpíada de xadrez de 1935 |
1933 | Olimpíada de xadrez de 1933 |
1931 | Olimpíada de xadrez de 1931 |
1930 | Olimpíada de xadrez de 1930![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih,![]() ![]() |
![]() |
Ksawery Tartakower (enruso,Савелий Григорьевич Тартаковер), nado enRostov-on-Don (Rusia) o22 de febreiro de1887 e finado enParís o4 de xaneiro de1956, foi un destacadoGran Mestre Internacionalpolonés efrancés dexadrez. Era coñecido comoSaviely ouSavielly, dopolacoSawielly, que significa "pequeno Saul"; ou menos frecuentementeXavier Tartacover ouXavier Tartakover.
Naceu nunha familia de orixexudía polonesa. Á idade de doce el e a súa familia deixaron Rusia para trasladarse aoImperio Austrohúngaro. Finalmente establecéronse enViena, onde Tartakower viviu a súa mocidade. Graduouse nas escolas de leis das universidades deXenebra e Viena. Durante os seus estudos interesouse no xadrez e comezou a frecuentar reunións de xogadores nos cafés vieneses. Alí tivo oportunidade de enfrontarse con algúns dos máis grandes xadrecistas do seu tempo, entre elesCarl Schlechter,Geza Maroczy (fronte ao cal gañaría a súa partida máis brillante)[1],Milan Vidmar eRichard Réti. O seu primeiro gran logro foi o título maior nun torneo enNuremberg en1906. Tres anos despois conseguiu o segundo lugar no torneo de Viena, unicamente perdendo fronte a Réti.
Durante aprimeira guerra mundial foi chamado a filas no exército austro-húngaro e serviu como oficial destaff en varias posicións. Ao finalizar a guerra emigrou aFrancia e estableceuse en París. A pesar de que Tartakower nin sequera falaba opolonés, logo de que Polonia recuperou a súa independencia en1918 aceptou a cidadanía deste país e transformouse nun dos seus máis importantesembaixadores honoríficos.
En Francia decidiu dedicarse á práctica profesional do xadrez. Tamén comezou a traballar para varias publicacións relacionadas co tema. Escribiu varios libros na materia, o máis famoso dos cales,Die hypermoderne Schachpartie (O xogo de xadrez hipermoderno) foi publicado en1924 e tivo case cen reedicións desde entón. Tartakower tamén participou en moitos dos encontros máis importantes da época. En1927 e1928 gañou dous torneos enHastings e compartiu o primeiro posto conAaron Nimzowitsch na competición deLondres. Nesta última ocasión puido imporse sobre notables xadrecistas comoFrank Marshall,Milan Vidmar eYefim Bogolubov. En1930 gañou o torneo deLiexa, batendo aMir Sultan Khan por dous puntos. Tamén superou aAkiba Rubinstein, Nimzowitsch e Marshall, entre outros.
Na década de1930 Tartakower representou a Polonia en seisolimpíadas de xadrez, obtendo tres medallas individuais (ouro en1931 e bronce en1933 e1935), e cinco medallas grupais (ouro, dous de prata e dúas de bronce). Foi un dos principais organizadores daOlimpíada de Xadrez de Varsovia 1935. Tamén gañou o campionato polaco dúas veces, en1935 (Varsovia]) e1937 enJurata).
En1939 o comezo dasegunda guerra mundial sorprendeuno enBuenos Aires, onde se atopaba xogando naOitava Olimpíada de Xadrez en representación de Polonia, nun equipo no que figuraban, entre outros,Mieczyslaw Najdorf. Najdorf sempre se referiu a Tartakower como "o meu mestre".
Logo dunha curta estadía naArxentina decidiu retornar aEuropa. Arribou a Francia pouco antes do colapso a mans alemás en1940. Baixo o falso apelidoCartier uniuse ás forzas do xeneralCharles de Gaulle. Logo dasegunda guerra mundial e o ascenso do podercomunista en Polonia, Tartakower adoptou a cidadanía francesa. Representou a este país nas olimpíadas de xadrez de1950. AFIDE instituíu o sistema de títulos oficiais ese mesmo ano; Tartakower estivo no primeiro grupo de xogadores en recibir a honra de Gran Mestre Internacional.
Tartakower é recoñecido como unha das máis grandes personalidades xadrecísticas do seu tempo.Harry Golombek, quen traduciu o libro de Tartakower sobre os seus mellores xogos, escribiu a introdución:
O Dr. Tartakower é por moito o máis culto e enxeñoso de todos os mestres xadrecistas que coñecín. A súa moi centrada mentalidade e o seu natural enxeño fan da súa conversación un constante pracer. Tanto é así que considero que Tartakower é unha das máis brillantes atraccións que un torneo internacional pode depararme. A súa charla e pensamento aseméllanse a unha modernizada mestura deSpinoza eVoltaire; e con esta todo un toque de paradoxal orixinalidade que é esencialmente TartakowerHarry Golombek
Talentoso xogador, foi tamén coñecido polos seus incontablesaforismos, ás veces alcumadosTartakoverismos. Unha das variacións dadefensa danesa é chamada na súa honra. Adefensa Tartakower, tamén coñecida como o sistema Tartakower-Makogonov-Bondarevsky, tamén leva o seu nome. Crese que é o inventor daapertura do orangután (1.b4...), chamada así logo de que Tartakower quedase encantado cun gransimio doZoolóxico de Nova York que coñeceu nunha visita durante o gran torneo de1924.
![]() | AGalicitas posúe citas sobre: Savielly Tartakower |