Unsarcófago ousartego é unrecipiente, xeralmente tallado en pedra, destinado a conter uncadáver. NoAntigo Exipto, os sarcófagos da realeza albergaban polo menos uncadaleito, xeralmente de madeira, onde se custodiaba amomia do defunto que previamente era sometido a un proceso deembalsamamento.
Dolatínsarcophagus, sendo este a transcrición deσαρκοφάγος, palabragrega compostaσαρκος - φαγος, que en galego se traduciría como «o que devora a carne». A palabra provén da expresiónlithos sarkophagos (λιθος σαρκοφάγος). A explicación do nome xorde conEratóstenes e recólleaPlinio o Vello. Comentan que o nome debíase a que os gregos construíanos cun tipo de pedra calcárea moi porosa procedente das canteiras de Assos, na Tróade, que en pouco tempo consumía os cadáveres.[1][2]
Moitos sarcófagos foron construídos para permanecer enmausoleos,templos oucriptas visitables, e xa que logo adoitaban estar elaborados, tallados, ou adornados esmeradamente.
NoAntigo Exipto o sarcófago estaba relacionado cos rituais deembalsamamento e momificación, tendentes a conseguir a vida eterna. Os sarcófagos eran depositados enmastabas,pirámides,hipoxeos, e outros tipos de sepulturas ou edificacións funerarias. Son destacables os sarcófagos antropomorfos elaborados en pedra, ouro, prata ou madeira policromada. É soado o deTutankhamon,faraón dadinastía XVIII, descuberto porHoward Carter noVal dos Reis, fronte aTebas. Estaba elaborado encuarcita e albergaba tres cadaleitos e amomia, que portaba unha máscara funeraria de ouro e pedras preciosas.[3]
Os sarcófagos, tanto de metal ou xeso así como de pedra calcaria, tamén foron utilizados polosromanos ata que apareceu o costume cristián do enterramento ensepulcros, co que caeu en desuso o sarcófago.[2]
Coa chegada daIdade Media, o costume de elaborar sarcófagos para os dignatarios e monarcas vestidos coas súas regalias máis suntuosas, tallándoos xacendo plácidamente coma se durmisen, cada vez aumentou máis. A finais da Idade Media, e coa chegada doRenacemento, unha serie de símbolos apareceron paulatinamente, onde leóns, cans e outros animais aparecián baixo os pés do defunto tallado, reflectindo a súa supremacía. Tamén xunto aos personaxes eclesiásticos e laicos, ánxeles sostiñan un manto por encima seu, ou sinxelamente portaban oescudo de armas da familia.
Estes ricos tallados nos sarcofágos funcionan como unha valiosisima referencia para coñecer as armaduras e a vestimenta da época, definir a heráldica e simbolismo ao redor desa persoa e a súa dignidade, e inclusive, atrevidamente para definir os trazos físicos, fisonómicos do personaxe histórico.
A palabrasarcófago tamén foi utilizada para describir a grande estrutura erixida ao redor dos restos da central nuclear deChernóbil para illala da contorna, tras oaccidente de Chernóbil.
O nome da mosca da familiaSarcophagidae ten a mesma raíz pero distinto significado. É coñecida vulgarmente como moscarda da carne porque as súas larvas desenvólvense naprea e o esterco, así como nos tecidos vivos das persoas e outros animais.