AsAceráceas (Aceraceae) constituían unha familia de plantas que comprendía entre 120 e 150 especies deárbores earbustos, polo xeralcaducifolios conflores actinomorfas e hermafroditas ou unisexuais e froito en dobresámara.
Na actualidade moitos taxonomistas non a consideran unha familia e inclúen as súas especies na familia dassapindáceas (Sapindaceae),familia pertencente áordeSapindales que conta con arredor de 140-150 xéneros cunhas 1400-2000 especies nativas de países cálidos. Entre outros xéneros, pertencen a ela ospradairos (xéneroAcer) e oscastiñeiros das bruxas (xéneroAesculus).
Sonárbores,arbustos,rubideiras eherbas, frecuentementeguacos. Follas esparexidas. A miúdo con células secretoras. Floreshermafroditas, ou unisexuadas por aborto,zigomorfas, en xeralpentámeras, xeralmente cun disco anular excéntrico entre acorola e oandroceo, con 8-10estames;xineceo de 2-3carpelosconcrescentes, cun únicoóvulo cada un. Froito variábel,capsular, seco e indehiscente,esquizocarpico, enbaga oudrupa.
Coma dixemos asaceráceas agrupaban a unhas 125 especies nativas das rexións frías do hemisferio norte, nosxéneros vexetaisAcer (os pradairos) eDipteronia; estudos xenéticos recentes levaron a reclasificar este taxon coma parte da familia Sapindaceae, polo que non se emprega actualmente.