Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Santo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Falta por universalizar
Este artigo ou sección precisa contidos, imaxes ou perspectivas globais. Por favor,universalíceo.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Santo.
Tareixa de Ávila, pintura deRubens. Santa Tareixa de Xesús.

Ossantos (dolatínsanctus, -i, desanctus, -a, -um, 'sagrado', 'venerado'; engrego αγίος (hagíos); enhebreoqâdosh, 'elixido por Deus') son homes ou mulleres distinguidos nas diversastradiciónsrelixiosas polas súas atribuídas relacións especiais coasdivindades.

Estas relacións conducen a unha especial distinción dos suxeitos polas súas calidades en especial morais, e este sentido presérvase en tradicións espirituais no necesariamenteteístas.

A influencia dun santo supera o ámbito da súa relixión cando a aceptación da súamoralidade adquire compoñentes universais: por exemplo, é o caso deTareixa de Calcuta e, en xeral, polo menos até certo punto, de todos os fundadores das grandes relixións.

Catolicismo

[editar |editar a fonte]

AIgrexa Católica ensina que ela non fai santo a ninguén, senón que simplemente recoñece a santidade de determinadas persoas. Na Igrexa Católica, o título de"Santo" refírese a aquela persoa que ten sidocanonizada e que, xa que logo, pénsase que está noCeo e proponse como modelo aos fieis:

828. Ao canonizar a certos fieis, isto é, ao proclamar solemnemente que eses fieis praticaran de xeito heroico as virtudes e viviran con fidelidade á graza de Deus, a Igrexa reconhece o poder do Espírito de santidade que está nela, e ampara a esperanza dos fieis, propóndolles os santos como modelos e intercesores.[1]

Aveneración dos santos, enlatín"cultus", é a devoción particular a un santo determinado. Este culto é un culto de honra e respecto (dulia), mais non de adoración (latria), reservada só aDeus e nunca empregado cos santos. Pódese pedir a súa intercesión ante Deus por aqueles fieis que aínda viven, do mesmo xeito que un fiel pode pedirlle a outro que pregue por el.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "828. Ao canonizar certos fiéis, isto é, ao proclamar solenemente que esses fiéis praticaram heroicamente as virtudes e viveram na fidelidade à graça de Deus, a Igreja reconhece o poder do Espírito de santidade que está nela, e ampara a esperança dos fiéis, propondo-lhes os santos como modelos e intercessores.",Catecismo da Igreja Católica,(enportugués).

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Santo&oldid=7107486»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp