A cidade aséntase entre omonte Pedroso e omonte Viso, circundada polos ríosSar eSarela. Limita ao norte cos concellos deVal do Dubra,Trazo eOroso; ao sur conTeo,Vedra eBoqueixón; ao leste coPino; e ao oeste conAmes. Ademais da cidade de Santiago, o termo municipal comprende vinte e nove parroquias rurais[5]. Por poboación é o cuarto concello galego despois deVigo,A Coruña eOurense. Posúe unha densidade de poboación de 445,05 hab./km² (2022), e unha superficie de 220,6 km².
No territorio que actualmente ocupa a catedral de Santiago existía un poboado romano que se tende a identificar coa mansión romana deAseconia (esta mansión existiu entre a segunda metade doséculo I e oséculo V). O poboado desapareceu pero permaneceu unhanecrópole que tivo uso quizais ata oséculo VII.
O nacemento de Santiago, como se sabe agora, está ligado á presumible descuberta dos restos doApóstolo Santiago entre o820 e o835. O seu desenvolvemento débese á elevación ao rango relixioso dos restos, á Universidade e, na actualidade, á capitalidade de Galicia.
Estatua en Compostela deAfonso II, quen peregrinou a Santiago.
NaConcordia de Antealtares aparece por primeira vez (1077) a tradición medieval segundo a cal o eremita Paio, alertado por luces nocturnas que se producían no bosque de Libredón, avisou obispo deIria Flavia,Teodomiro, quen descubriu os restos deSantiago o Maior e de dous dos seus discípulos, no lugar no que posteriormente se levantaría Compostela, topónimo que podería vir deCampus Stellae, isto é "campo de estrelas"; ou máis probabelmente deComposita Tella, "terras ben axeitadas", eufemismo por cemiterio; ou mesmo de "[Ja]Com[e A]postol[u]". O nome tamén se ten relacionado co hipocorísticoCompostela, correspondente ao diminutivo deComposta.[6] A descuberta propiciou queAfonso II, necesitado de cohesión interna e apoio externo para o seu reino, fixera unhaperegrinación ao lugar. A nova que dela fixo, tanto no seu reino como fóra del, axudou a que Compostela aparecese como un novo lugar de peregrinación dacristiandade, nun momento no que a importancia deRoma decaera eXerusalén non era accesible por estar en poder dosmusulmáns.
Pouco a pouco foise desenvolvendo a cidade. Primeiro estableceuse unha comunidade eclesiástica permanente a carón dos restos atopados, formada polo bispo de Iria e os monxes de Antealtares. Espontaneamente asentouse unha poboación heteroxénea, a maioría procedente das aldeas próximas, que foi aumentando ao tempo que crecía por todo o occidente peninsular aperegrinación a Compostela, reforzada polo privilexio concedido porOrdoño II no ano915 polo que se establecía que calquera que permanecese corenta días sen ser reclamado como servo, pasaba a ser considerado como un home libre con dereito a residir en Compostela.
Lugar de coroación demonarcas doReino de Galicia e doReino de León, a cidade foi destruída porAlmanzor o10 de agosto do ano997 quen, segundo a lenda popular[7], tan só respectou o sartego do apóstolo. Tras a volta dos habitantes comezou a reconstrución. A mediados doséculo XI o bispoCresconio dotou a cidade dun cinto de foxos e dunhamuralla como medida defensiva. No ano1075 o bispoDiego Páez deu comezo á construción da catedralrománica.
O incremento da peregrinación fai de Compostela un importante lugar de referencia relixiosa enEuropa, aumentando tamén a súa importancia política. Durante o pontificado do ArcebispoDiego Xelmírez, en1120, a igrexa compostelá viuse recompensada coa concesión da categoría demetropolitana. Tamén en tempos de Xelmírez tiveron gran repercusión na cidade unha serie de revoltas urbanas, en1116 e1136. Entre os séculosXII eXIII foise artellando a rede de rúas dentro do recinto amurallado.
A chegada daPeste Negra a mediados doséculo XIV supuxo unha forte recesión demográfica. A poboación recupérase a partir de1380, e noséculo XV a cidade xa tiña entre catro e cinco mil habitantes. A fundación da Universidade a finais doséculo XV e o arcebispoAlonso III de Fonseca danlle a Santiago un novo pulo que atrae a novos poboadores, principalmente de Galicia.
Oestatuto de autonomía de Galicia estableceu a capitalidade galega en Santiago de Compostela. Como consecuencia, a cidade sufriu a finais doséculo XX un considerable aumento de poboación e unha profunda transformación.
En canto á distribución por sexos, Santiago conta con 44.497homes e 51.174mulleres. Por idades, a xuventude (0-29 anos) representa o 28% da poboación (26.628), a maior parte da poboación é adulta (30-64 anos), o 53% (50.918), e os anciáns (máis de 65 anos) supoñen o 19% (18.125). Por sexos e idades, hai practicamente o mesmo número de mozos que de mozas, 13.320 fronte a 13.308, entre os adultos hai máis mulleres ca homes, 26.054 (53%) fronte a 23.964 (47%), e entre os maiores de 65 anos tamén hai maioría feminina, con 10.912 (60%) mulleres fronte a 7.213 (40%) homes. Adensidade de poboación é de 432,74 habitantes/km². A poboación da comarca (sen contar o municipio de Santiago) é de 68.848 persoas, distribuídas en seis concellos:Ames,Boqueixón,Brión,Teo,Val do Dubra eVedra.[9]
En Santiago hai 4.256 estranxeiros (4,5% do total da poboación), dos cales a maioría veñen deAmérica (2.334, 54,8% do total de inmigrantes), seguidos por inmigranteseuropeos (1.325, 31,1% do total de inmigrantes),asiáticos (306, 7,2% do total de inmigrantes) eafricanos (274, 6,4% do total de inmigrantes). Por países destaca especialmente a presenza deportugueses (405)brasileiros (361),colombianos (256),paraguaios (238) eitalianos (217). Ademais de recibirinmigrantes, da cidade tamén saen persoas, concretamente entre o 2010 e o 2012 marcharon de Santiago case 9.000 persoas, a maioría, 4.500, trasladáronse a outro concello da Coruña, seguidos polos que se mudaron a outra provincia galega, 1120, os que se trasladaron a outro país, 1110, e os que cambiaron de comunidade autónoma, 1060.[9]
O anterior alcaldeGerardo Conde Roa presentou a súa dimisión o16 de abril de 2012, no marco daoperación Pokémon,[12][13]. Conde Roa conseguira a maioría absoluta naseleccións municipais do 2011, rematando con 28 anos de alcaldes socialistas na capital galega e acadando a primeira maioría absoluta do PPdeG na historia da cidade. En abril de 2012, trala dimisión de Conde Roa, pasou a ocupar a alcaldíaÁngel Currás Fernández, tamén imputado na operación Pokémon[14]. En xuño de 2014 foi nomeado novo alcaldeAgustín Hernández. A corporación municipal está formada por 25 membros, e logo dos comicios do 2011 quedou do seguinte xeito:PPdG con 13 concelleiros,PSdeG con 9 concelleiros eBNG con 3 concelleiros.
OConcello de Santiago de Compostela estrutúrase en diferentes áreas: de facenda, patrimonio e seguridade cidadá; de urbanismo; de función pública, réxime interior e cultura; de desenvolvemento económico, formación e emprego; social, participación cidadá e drogodependencias; de acción cidadá; e de xestión das empresas municipais. O concello celebra plenos ordinarios cada mes, aínda que con frecuencia se celebran plenos extraordinarios, co fin de debater temas e problemas que afectan ao municipio.
Santiago de Compostela, como capital deGalicia, é a sede do goberno galego. No pazo do Hórreo, situado na rúa do Hórreo da capital compostelá, atópase oParlamento de Galicia, mentres que enSan Caetano están a meirande parte dos edificios administrativos daXunta de Galicia. O pazo de Raxoi, amais da sede do concello compostelán, é a sede da presidencia da Xunta de Galicia. Tamén en Santiago está situada aresidencia oficial de Monte Pío utilizada polopresidente da Xunta.
Santiago de Compostela é a capital dopartido xudicial número 2 da provincia da Coruña, partido que comprende, amais do propio concello de Santiago de Compostela, os concellos deAmes,Boqueixón,Teo eVedra.
Santiago de Compostela posúe unclima oceánicohúmido contemperaturas suaves ao longo do ano. A cidade ten unha temperatura media duns 15 °C, uns 8º de media noinverno e entre 25 e 27 °C durante overán.
Os elementos, neste sentido, que máis inflúen sobre a conformación do clima son a gran distancia que a separa da costa, aaltitude do terreo e a presenza de importantes serras que "encaixonan" a cidade e as súas zonas próximas. Isto é o que concentra a humidade e o que provoca tamén que, no inverno, sexan habituais os díasnubrados.
Aeroporto de Santiago de Compostela (58msnm) (1971-2000)
Santiago foi o primeiro concello galego en adherirse áCarta de Aalborg, un acordo a nivel europeo que busca compatibilizar o desenvolvemento coa preservación domedio ambiente, isto é, un desenvolvemento sostíbel, implantando aaxenda 21 local, un modelo para diagnosticar e formular políticas municipais sostíbeis.[20][21]
A cidade conta con 220hectáreas de espazos verdes distribuídos en 57parques con xogos infantís, 43 polideportivos descubertos e 130 zonas de lecer. Unhas 23 hectáreas do total pertencen a xardíns históricos como o daAlameda que ocupa 8,5 hectáreas ou outros máis pequenos como o deBrandía ou aFinca Simeón. As meirandes superficies destas zonas verdes localízanse preto de lugares urbanizados como Fontiñas.[9]
Cespa é a empresa concesionaria encargada do mantemento, así como do deseño e execución de novas zonas verdes.[22]
Na cidade hai 41 edificios cualificados como de excepcional valor arquitectónico, histórico e cultural que foron propostos para a súa declaración individualizada comobens de interese cultural na categoría de monumentos. Son tutelados pola administración, aínda que só sete deles dispoñen desta distinción. Hai 293 edificios que presentan características tipolóxicas e compositivas de especial significación arquitectónica e ambiental, debido ás súastipoloxías arquitectónicas. O total de edificios inventariados como de interese no conxunto urbano é de 1.411.
Vista aérea dazona vella.A cidade vella máis próxima á catedral.
A cidade vella de Santiago de Compostela é unha zona urbana da cidade caracterizada pola súa arquitectura antiga e monumental.
Foi elixida comoPatrimonio da Humanidade polaUNESCO en1985. As edificacións que foron construídas na cidade antiga durante as épocas románica, gótica e barroca, fixeron dela unha das zonas urbanas mais fermosas do mundo, converténdose nun lugar de culto cun grande esplendor artístico.
A Casa da Troia, antiga casa do hóspedes frecuentada por universitarios, é un museo que recrea a vida estudantil de finais doséculo XIX e comezos doXX.
Catedral de Santiago de Compostela, o emblema relixioso de Galicia e doCamiño de Santiago, con múltiples puntos de interese, entre os que destacan no seu interior oPórtico da Gloria domestre Mateu e no exterior asfachadas dePraterías, daAcibechería e doObradoiro (conxunto barroco que completa a fachada principal diante do pórtico da Gloria e fronte óPazo de Raxoi). A catedral, que se comezou a levantar noséculo XI, conta cunha planta decruz latina con tresnaves lonxitudinais, tres de cruceiro e nove capelas na cabeceira, cinco abertas ódeambulatorio e catro aocruceiro. Todas elas son semicirculares, agás a central que posúe a forma recta da arquitecturaprerrománica. O templo está coroado por nove torres situadas do seguinte modo: dúas en cada unha das tres fachadas, dúas máis no punto de encontro das naves co cruceiro e outra máis sobre este. Foi construída plenamente con granito, unindo osperpiaños con morteiro de cal, elaborado nos fornos deTriacastela. O modelo desta catedral foiSan Sadurniño de Tolosa, enFrancia.
Colexio de San Xerome, sito na parte meridional da praza do Obradoiro, foi creado para albergue de estudantes pobres e artistas. Está unido aoColexio de Fonseca, xunto co cal é sede doreitorado daUniversidade de Santiago.
Colexio de San Clemente, obra do século XVII, situado enfronte do Parque da Ferradura, na súa parte norte, e moi preto daPorta Faxeira. Na actualidade alberga o IES Rosalía de Castro.
Rúa do Franco, típico lugar de paseo e toma de viños.
Rúa do Vilar. Con múltiples e chamativossoportais. Nela hai un cine de principios do século XX.
Praza do Obradoiro, circundada pola Catedral, o Hostal dos Reis Católicos, o pazo de Raxoi e o colexio de San Xerome.
Praza da Quintana, dividida en Quintana de Vivos e Quintana de Mortos (antigo cemiterio), limitada entre a catedral, acasa da Parra, o convento de San Paio de Antealtares e acasa da Conga.
Aínda que aeconomía santiaguesa depende en gran parte daadministración pública (feito derivado de ser a capital galega), oturismo, sobre todo co Camiño de Santiago, aindustria e a educaciónuniversitaria están axudando a diversificala. Entre as principais empresas da cidade encóntranse amadeireiraFINSA, a automobilísticaUROVESA, a corporación dastelecomunicaciónsTelevés,Castrosua, que constrúe a metade dosautobuses fabricados en España, ouBlu:Sens, que se dedica á fabricación produtos tecnolóxicos. Así como dous polígonos industriais: o do Tambre e o da Sionlla. A renda bruta de Santiago ocupa o sexto posto a nivel autonómico e o 280º a nivel estatal[23][24]
Santiago de Compostela conta cunha estación de tren de pequeno tamaño situada na zonasur da cidade, xusto na intersección entre a Rúa do Hórreo e a Avenida de Lugo. Conta cunha parada detaxis e varias empresas de alugueiro de vehículos. Dende a estación deferrocarril de Santiago saen trens diarios que a comunican coas principais cidades galegas agásLugo eFerrol, para as cales é preciso ir áCoruña e coller outro tren a estas cidades. Os trens que parten da estación compostelá tamén comunican á cidade con outras estacións deEspaña (Madrid-Chamartín eAlacant-Terminal) e deFrancia (Hendaia). Porén para se dirixir a outras estacións é preciso dirixirse a outras cidades, principalmenteMadrid, e coller outro tren. Actualmente está en obras unha liña deAVE que unirá Santiago de Compostela con Madrid, aínda que a liña de Alta Velocidade xa une Santiago de Compostela con Ourense e A Coruña. Tamén se encontra en proxecto unha futuraestación intermodal, situada na mesma localización que a actual e que unirá o AVE con trens e autobuses de proximidades.
O24 de xullo de2013 no lugar deAngrois, Sar, a dous quilómetros da entrada da cidade, tivo lugar o accidente de tren máis grave da historia deGalicia, con 78 vítimas mortais, e o segundo máis grave da historia deEspaña despois do deTorre del Bierzo, que tamén facía ruta dende ameseta ata Galicia.
Un trenAlvia, que circulaba a 190 km/h nunha zona limitada a 80, descarrilou nunha curva coñecida coma A Grandeira. OPavillón Multiúsos Fontes do Sar utilizouse comotanatorio provisional pola gran cantidade de finados. Os medios de comunicación nacionais e internacionais loaron a resposta dos veciños de Angrois, dos servizos de Santiago de Compostela e dos cidadáns de Galicia en xeral por contribuír nos labores de rescate e axuda.[25]
Santiago de Compostela conta cunaeroporto cunha pista de 3,2 quilómetros, coñecido comoaeroporto da Lavacolla. Está situado no lugar daLavacolla, na parroquia deSabugueira a uns 10 km do centro da cidade. Trátase do aeroporto galego con máis tránsito de viaxeiros, non obstante o aeroporto está a sufrir nos últimos anos un certo retroceso no número de mercadorías transportadas.
O4 de maio do2007 presentouse o proxecto dunha nova terminal. Pretendíase inaugurala no ano 2010, coincidindo co Ano Santo Compostelán, mais non foi posible. Rematada e inaugurada o 13 de outubro de 2011, a nova terminal ten capacidade para máis de catro millóns de pasaxeiros. O edificio ten un total de 74.230 m² e conta con 32 mostradores de facturación, 9 hipódromos de recollida de equipaxes, 12 portas de embarque e 3.665 prazas deaparcadoiro.
Autobús urbano en Compostela.
Entre outras melloras aeroportuarias previstas nas actuais instalacións, están a mellora da capa de rodaxe da pista de aterraxe, a ampliación da plataforma deaeronaves, intervencións no sistema eléctrico, melloras no aparcadoiro e outras pequenas intervencións no interior da actual terminal.
A cidade de Santiago de Compostela conta cunha rede de autobuses urbanos e metropolitanos que comunican os distintos puntos da cidade, así como esta con outras localidades da súaárea metropolitana. Está subvencionada polaXunta de Galicia e xestiónaa en réxime de concesión a empresaTransportes Urbanos de Santiago S.A. (Tussa), que explota 24 liñas, das cales 10 son urbanas, 6 circulares e 8 son interurbanas. A pesar do servizo de transporte urbano, os problemas de tráfico seguen a ser constantes na cidade.
A capital de Galicia conta tamén cunha estación de autobuses que recibe a milleiros de pasaxeiros cada día e que a comunica con outros puntos deGalicia, do resto deEspaña ePortugal.
En Santiago de Compostela destacan os seus equipos profesionais defútbol sala ebaloncesto, representados poloSantiago Futsal e oObradoiro CAB respectivamente. Ámbolos dous equipos compiten nas máximas categorías das súas respectivas disciplinas (División de Honra eLiga ACB respectivamente). O equipo máis laureado da cidade é o Santiago Futsal (anteriormente coñecido comoAutos Lobelle), que conta con varios títulos galegos (3Copas Xunta de Galicia), españois (1Copa de España e 1Supercopa de España), amais dun título continental, aRecopa de Europa, conquistada na tempada2006-07 ante oSL Benfica en Santiago de Compostela. Estes dous equipos xogan os seus partidos como locais noPavillón Multiúsos Fontes do Sar, un recinto con capacidade para ata máis de 6.000 espectadores. En baloncesto tamén hai que salientar aoClub Baloncesto Rosalía de Castro, que chegou a competir na ligaLEB Ouro en dúas etapas: a primeira comezou na tempada1999-00 e que durou catro tempadas, e a segunda durante as tempadas2007-08 e2008-09, actualmente compite naLiga EBA.
A Cidade da Cultura é un complexoarquitectónico,cultural e de entretemento situado no monte Gaiás, moi preto do centro urbano de Santiago. O complexo do Gaiás ocupa unha superficie de 141.800 m2 e alberga as seguintes estruturas:
Abiblioteca, cuxa misión é a de reunir, conservar e difundir o patrimonio bibliográfico de Galicia. Comparte edificio coArquivo de Galicia.
O Centro de Emprendemento (CEM), dedicado fundamentalmente ó emprendemento dos sectores cultural e tecnolóxico.
Centro de Innovación Cultural (CINC), sede da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e do Centro de Procesamento de Datos Integral.
Edificio Fontán, en memoria do xeógrafoDomingo Fontán. Foi o último edificio construído e acolle o Instituto de Ciencias do Patrimonio (que promove o poatrimonio cultural galego), a Agencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.
No exterior destacan na paisaxe asTorres Hejduk, cun espazo expositivo, e unha rede de espazos verdes para uso deportivo ou de lecer.
O proxecto inicial prevía tamén un Centro da Música e das Artes Escénicas e un Centro de Arte Internacional. Porén, en marzo de 2013, oParlamento de Galicia acordou paralizar definitivamente as obras pendentes[26].
O Concello de Santiago de Compostela forma parte, dende o ano1996, daAsociación Internacional de Cidades Educadoras (AICE), que busca impulsar colaboracións e accións concretas entre as cidades, participar e cooperar activamente en proxectos, e intercambios de experiencias con grupos e institucións con intereses comúns.[27][28]
A cidade contaba en 2010 con 21 centros de atención de primeira infancia (15 privados e 6 públicos), 35 centros deeducación infantil (17 públicos, 3 privados e 15 concertados), 29 centros deeducación primaria (14 públicos, 3 privados e 12 concertados), 19 centros deeducación secundaria (8 públicos, 3 privados e 8 concertados), 15 centros debacharelato (9 públicos e 6 privados) e 15 centros deformación profesional (9 públicos e 6 privados). Os alumnos que estaban a estudar na ensinanza non universitaria nese ano chegaban a 20.500.[9]
A USC data de finais doséculo XV, sendo a primeira creada en Galiza. En2012 o número de alumnos matriculados era de 26.401, dos cales 16.800 eran homes e 9.601 mulleres.[9] A universidade conta con dous campus, vinte e tres facultades e dúas Escolas Técnicas Superiores, ademais de tres Escolas Universitarias adscritas e 5 centros vinculados.[29]
Festa de San Xulián o 7 de xaneiro na parroquia de Carballal.
Festa de San Vicente o 22 de xaneiro no barrio de Marantes.
Festa de San Brais o 2 de febreiro na parroquia da Barciela.
Festa de San Lázaro o 28 de febreiro na parroquia de San Lázaro.
Festa de San Marcos o 25 de abril na parroquia de Bando.
Festa de Santa Lucía o 27 de abril no barrio de Figueiras e o 4 de maio no barrio de Sabugueira e na parroquia de Eixo.
Festa de San Pedro Mártir o 29 de abril en Belvís.
Festa de San Miguel de Roxos o 1 de maio no barrio de Villestro.
Festa de San Antonio e San Xosé do 9 ao 11 de maio na parroquia de Marrozos.
Festa da Virxe de Fátima o 13 de maio na parroquia de Castiñeiriño.
Festa de San Mauro o 29 e 30 de maio no barrio de Vidán.
Festa de San Fernando o 30 de maio no barrio de San Fernando no Ensanche,
Festa da Foliada o 30 de maio no barrio de San Pedro.
Festa do Corpus Christi na parroquia de César.
As festas da Ascensión son as máis importantes de Santiago despois das do Apóstolo. Celébranse durante varios días do mes de maio, coincidindo coa festividade daAscensión.
Festa de Santo Antonio o 13 de xuño no barrio da Graza e nas parroquias de Fontiñas, Bando e Castiñeiriño.
Festa de San Xoán o 23 e 24 de xuño nos barrio de Almáciga, As Cancelas, Cruceiro da Coruña, San Pedro, San Lourenzo, San Xoán de Fecha, Villestro e Vista Alegre.
Festa de San Paio o 26 e 27 de xuño en Sabugueira.
Festa de San Pedro o 28 e 29 nas parroquia de Busto e San Xoán de Fecha, así como no barrio de San Pedro.
Festa do Santísimo Sacramento o 29 e 30 de xuño no lugar de Busto.
Festa deSan Caralampio o 6 de xullo no barrio de Vista Alegre.
Festa de San Cristovo o 10 e 11 de xullo na parroquia de Enfesta e do 10 ao 12 na parroquia de Eixo.
Ano Santo Xacobeo: Ten lugar cando o 25 de xullo cae en domingo. Só durante os anos santos permanece aberta a Porta Santa da Catedral para acceso dos peregrinos. Os anos santos xacobeos presentan unha grande afluencia de peregrinos, habitualmente maior ca nun ano ordinario.
Festa de San Fiz o 2 e 3 de agosto en Amio, na parroquia de San Lázaro.
Festa do Divino Salvador do 6 ao 8 de agosto en Vidán.
Festa da Nosa Señora da Mercé o domingo máis próximo ao 8 de setembro na parroquia de Conxo.
Festa da Nosa Señora o 14 e 15 de agosto nas parroquia de Grixoa, Marrozos e Villestro.
Festa de San Lázaro o 15 e 16 de agosto no barrio de San Lázaro.
Festa de San Roque e o Carme do 15 ao 17 de agosto nas parroquias de Figueiras e Marrozos.
Festa de Santa María o 15 de agosto na parroquia de César.
Festa de Santa María a Maior e Real do 15 ao 17 no barrio do Sar.
Festa deSan Roque, copatrón da cidade, é a segunda festa local. Celébrase o16 de agosto.
Festa de San Roque e San Antonio o 16 de agosto na parroquia de César.
Festa do Santísimo o 17 de agosto no barrio de Marrozos.
Festa do Rosario o 29 de agosto na parroquia de Aríns.
Festa do Carme na parroquia de César (17 de agosto), e de Aríns.
Festa da Divina Pastora o 31 de agosto no barrio de Almáciga.
Festa do Sacramento na parroquia de Varciela.
Festa de San Roque o 31 de agosto en Laraño.
Festa de San Sebastián na Rocha, parroquia de Conxo.
Festa de San Isidro na parroquia de Aríns.
O martes deEntroido é festivo local algúns anos no canto da celebración do San Roque ou da Ascensión. Así ocorreu en 2006, substituíndo ao San Roque, e en 2007 ao coincidir a Ascensión coDía das Letras Galegas.
Cada novembro dende1986, celébrase o festival cinematográficoCineuropa.
Vaiche na misa en Conxo: dise cando alguén non está, e vai tardar en chegar. Segundo Eladio Rodríguez, a expresión provén de cando foi asasinado o arcebispoSueiro Gómez de Toledo, en 1366, no contexto duns graves enfrontamentos polos que se ordenou o peche de tódalas igrexas de Santiago. En consecuencia, os composteláns tiñan que ir a misa a Conxo, daquela lonxe da cidade, polo que tardaban moito en ir e volver.[30].
Refraneiro
Cando algús van a Santiago, xa volven outros con cunchas[31].
En Padron hai boas nenas,/ en Santiago a flor delas,/ as da Cruña son fregonas[32].
Santiago reza, Pontevedra dorme, Vigo traballa e a Coruña divírtese.[33]
Cantigueiro
A vila de Sant-Iago,/ a vila santiaguesa,/ a vila de Sant-Iago/ algún día foi devesa
SegundoFermín Bouza-Brey recolle unha lenda que conta como a catedral de Santiago, e a propia cidade ó seu redor, foi fundada polo Apóstolo cando, unha vez que botou a tódolos mouros destas terras, decidiu erguer unha catedral. Nunhacarballeira que lle pareceu ben foi arrincando tódolos carballos, un a un, cunha soa man, ata abrir un claro amplo de abondo. Logo estendeu unha pelica no chan e marcou os lindes por onde debían facerse os muros, e foi colocando pedras sobre o perímetro ata terminar de levantar o templo[34].
Ben cho dixen, Catuxiña,/ que non foses a Santiago,/ que te habías de asustar/ de ver o Santo a cabalo[35].
Cando vaias a Santiago/ mércame un Santiaguiño;/ se mo non mercares grande/ mércamo pequerrechiño[36].
Eu ben cho dixen, meniña,/ que non foras a Santiago,/ que te habías de asustar/ de ver o Santo a cabalo[37].
Indo para Santiago,/ doume a morte no camiño;/ deixo dito que me enterren/ na cama do meu veciño.
Indo para Santiago,/ doume a morte nunha eira;/ deixo dito que me enterren/ na cama da costureira.
Maruxa, se é que che calla/ de ires a Santiago,/ pasa pola Catedral,/ vai onda o Santo abrazalo[38].
San Vicente de Marantes / é un santo moi galanteiro / quere que lle fagan a festa / o vintedous de xaneiro[39].