Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Santiago Liste Mourenza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSantiago Liste Mourenza
Biografía
Nacemento1889Editar o valor en Wikidata
Morte7 de febreiro de 1944Editar o valor en Wikidata (54/55 anos)
A Coruña, EspañaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, políticoEditar o valor en Wikidata

Santiago Liste Mourenza, nado cara a 1889 e finado naCoruña o7 de febreiro de1944,[1] foi un xornalista e político galego.

Homenaxe a Otero Pedrayo polo seu ingreso naRAG en1929. De pé: César Otero, José Berguer, Pardo, Liste Mourenza, Abelaira,Salvador Mosteiro, Manuel Cabanillas,Calviño Domínguez eA. Villar Ponte. Sentados: Laureano Alonso,Eladio Rodríguez,Otero Pedrayo,Risco,Ángel del Castillo eRafael González Villar.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Con propiedades enCorvelle (Os Ánxeles, Melide). Emigrou aCuba nos primeiros anos vinte, e desde a illa enviou crónicas paraEl Compostelano. Ao seu retorno foi axente comercial en Galicia. Participou nas campañas agraristas de principios dos anos vinte.[2] Foi correspondente da revistaGalicia da Habana en Galicia, seguiu colaborando enEl Compostelano, publicou artigos enEl Ideal Gallego eEl Eco de Santiago, e foi redactor deEl Noroeste. Asinaba comoS. Liste Mourenza.

Vida persoal

[editar |editar a fonte]

Casou na Coruña con Carmen Juega López en xuño de 1925.[3]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. La Voz de Galicia, 8 -2-1944, p. 2, 7.
  2. El Compostelano, 29-3-1922, p. 1.
  3. El Compostelano, 20-6-1925, p. 2.
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Santiago_Liste_Mourenza&oldid=5719924»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp