| Santiago Futsal | ||||
|---|---|---|---|---|
| Nome | Santiago Futsal | |||
| Alcume(s) | Lobellistas | |||
| Fundación | 1975 | |||
| Estadio | Multiúsos Fontes do Sar Santiago de Compostela | |||
| Inauguración | 1998 | |||
| Capacidade | 6.050 | |||
| Presidente | - | |||
| Adestrador | ||||
| Liga | Segunda División | |||
| 2017-18 | 15º (1ª División) | |||
| Patrocinador | - | |||
| Na rede | ||||
| https://www.santiagofutsal.com/ | ||||
| ||||
OSantiago Futsal, chamadoAutos Lobelle de Santiago Fútbol Sala até 2012, foi un clubgalego defútbol sala da cidade deSantiago de Compostela, que chegou a militar durante 15 tempadas consecutivas naPrimeira División a comezos doséculo XXI. Nesa época converteuse no club máis laureado do fútbol sala galego, con 8Copas Xunta, 1Copa de España (2006), 1Supercopa de España (2010) e 1Recopa de Europa (2007).
O Club Autos Lobelle de Santiago F.S. foi fundado no ano 1975 polo empresario da automociónXosé Antonio Lobelle, que foi o presidente ata a tempada 2011/12. O equipo naceu enChantada e iniciou a súa andaina participando na liga local chantadina. Nos primeiros momentos o club estivo formado basicamente por empregados do concesionario de automóbiles.
En1985 produciuse o traslado aSantiago de Compostela da empresa concesionaria, e con ela foi tamén o equipo, que xa daquela militaba na Liga Rexional. En1989 o club ascendeu de categoría e comezou a competir en Liga Autonómica, e en1992 pasou de Primeira Nacional B a Primeira Nacional A, que funciona como a división de bronce do fútbol sala español. Nesa categoría botou bastantes anos, ascendendo áDivisión de Prata no ano2000, nun encontro disputado enManzaneda ao que asistiron xa 300 seguidores lobellistas.
Nesta segunda categoría do fútbol sala español o Lobelle non botou demasiado tempo. A crecente profesionalización e a fichaxe dalgún xogador estranxeiro e doutros procedentes daDivisión de Honra fóronlle abrindo as portas dun deporte que, paralelamente, coñeceu un rexurdir.
Así, na tempada 2000-01 finalizaron sétimos, na 2001-02 oitavos logo de facer unha fenomenal primeira volta e unha desastrosa segunda, e na 2002-03 conseguiron o ascenso á División de Honra, logo de disputar unicamente unplay-off.
Na última xornada desa tempada, a número 30, o Lobelle venceu óVerín FS e tivo que agardar unha derrota doOurense FS para poder clasificarse para oplay-off. Nesta competición polo ascenso, os lobellistas derrotaron primeiro aoBenicarló (3-1 e 5-2) e na eliminatoria decisiva ao Levitt deLas Rozas, ao que venceu por 5-2 e 3-3 (na quenda depenaltis).
En recompensa polo ascenso, o club asinou no libro de ouro da cidade de Santiago.


Dende o seu ascenso en2003, o Lobelle mantívose ininterrompidamente na máxima categoría durante 15 anos. A súa primeira tempada enDivisión de Honra rematou cunha décima praza e cunha participación naCopa de España, disputada en Santiago, onde chegou ata cuartos de final.
A tempada 2004-05 foi a da consolidación do equipo. Os resultados acompañaron, os lobellistas acadaron unha sétima posición e a clasificación, por primeira vez na súa historia, para oplay-off polo título, onde caeron derrotados en primeira rolda poloBoomerang Interviú deAlcalá de Henares. Ademais ese ano conseguiron chegar ás semifinais de Copa, disputada enLizarra.
Os éxitos definitivos comezaron a chegar na tempada 2005-06. O8 de decembro de2005, o Lobelle acadou por primeira vez o título de campión daCopa Xunta de Galicia, derrotando na final aoAzkar Lugo por 3-1. O encontro, disputado enPontevedra, decidiuse nos intres finais, cunha épica remontada de tres goles nos 30 segundos finais, dous deles obra deCésar.[1]
O22 de xaneiro de 2006, o Lobelle conquistou a súa primeira Copa de España enZaragoza, logo de derrotar ó Boomerang Interviú nos penaltis (tras empatar 2-2). Antes xa eliminara óPolaris World Cartagena (7-3) e óElPozo Murcia (3-2). O cinco inicial na final foi o formado porToni,Ciço, Miguel,Alemão eBetão, e xogaron taménSerpa,César,Danieli ePitu, sendo os dous goles lobellistas conseguidos por Ciço.[2]
Na tempada seguinte, 2006-07, o Lobelle disputou en setembro de2006 a final daSupercopa de España, onde caeu derrotado anteElPozo Murcia por 2-3. A final disputábase enCastelló baixo o sistema definal four. Tamén nesa tempada, en xaneiro de2007, o Lobelle disputou aRecopa de Europa contra seis equipos máis do continente (entre eles outro galego, o Azkar Lugo, que defendía título), e onde conseguiu clasificarse para a final tras empatar no grupo preliminar ante o Aktyubretgenkazakh e golear 8-1 á Luparense, líder da liga italiana. A final disputouna fronte óBenficaportugués. Gañou a final na prórroga por 5-3 (tras empatar 2-2 no tempo regulamentario), e acadou o primeiro título continental da súa historia.
En xaneiro de 2010 proclamáronse subcampións daSupercopa de España celebrada enVigo, logo de vencer nas semifinais aoInter Movistar por 6-10 e perder na prórroga da final fronte aoElPozo Murcia por 3-2. Na final, o porteiro andaluz Carlos Barrón foi proclamado mellor xogador do torneo.
Un mes despois, repetiuse a historia naCopa de España disputada noMultiúsos Fontes do Sar. Logo de eliminar nas semifinais aoInter Movistar (3-1), volveron caer na prórroga por 3-2 anteElPozo Murcia, logo de non lle ser concedido un gol legal ao equipo compostelán no segundo tempo co resultado de 2-2. Nesta ocasión, Alemão foi elixido mellor xogador da final.
O 12 de setembro de 2010 proclamouse campión daSupercopa de España, tras vencer aoInter Movistar por 3-2 na final, celebrada enGuadalaxara.
Na tempada 2011-12 o Lobelle acadou a 5ª posición ó remate da liga regular, caendo nos cuartos de final dos play offs polo título. O6 de xuño de2012 o presidenteJosé Antonio Lobelle anunciou que deixaba a presidencia do club despois de 37 anos no cargo.[3] O adestradorTomás de Dios tamén marchou do club despois de 4 anos dirixindo ó equipo. O club nomeou aSanti Valladares como o seu substituto.[4]
O10 de xullo de2012, seguindo coa cadea de trocos que se estaban a producir no club, anunciouse que o nome oficial deixaba de ser "Autos Lobelle de Santiago Fútbol Sala", e nacía o "Santiago Futsal".[5]
En 2022 o equipo acabou desaparecendo, despois de non poder afrontar as súas débedas coaReal Federación Española de Fútbol polos pagos de arbitraxes e sancións.[6]
O primeiro equipo disputaba os seus encontros como local noPavillón Multiúsos Fontes do Sar da capital galega, mentres que o seu filial, o Santiago Futsal B, adoitaba xogar noPavillón Municipal de Santa Isabel. A media de seareiros que asistiron ó pavillón durante a tempada 2010-11 foi duns 2350 por encontro, mentres que durante a tempada 2011-12 esta media de asistencia no pavillón baixou a uns 1700 seareiros por encontro.
O seguinte esquema amosa a traxectoria seguida polo club dende a súa chegada á 3ª categoría do fútbol sala nacional en 1992, até o verán de 2017:

A seguinte táboa amosa o percorrido do Santiago Futsal polas diversas competicións oficiais nas que ten competido durante as 15 tempadas que estivo na máxima categoría da LNFS:
| Tempada | Adestrador | Max.Goleador | ||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2017-18 | Santi Valladares | Catela (19g) | 15º - Desc. | 1/8 F | Finalista | |||||
| 2016-17 | Santi Valladares | Catela (21g) | 11º - | 1/16 F | Campión | |||||
| 2015-16 | Santi Valladares | Quintela (28g) | 10º - | 1/16 F | Campión | |||||
| 2014-15 | Santi Valladares | Quintela (15g) | 11º - | 1/4 F | Finalista | |||||
| 2013-14 | Santi Valladares | Quintela (19g) | 9º - | 1/2 F | 1/16 F | Campión | ||||
| 2012-13 | Santi Valladares | Raúl Campos (32g) | 7º - 1/4 F | 1/2 F | 1/2 F | 1/2 F | Finalista | |||
| 2011-12 | Tomás de Dios | Aicardo (19g) | 5º - 1/4 F | Finalista | 1/2 F | Campión | ||||
| 2010-11 | Tomás de Dios | Raúl Campos (20g) | 4º - 1/2 F | 1/2 F | 1/8 F | Campión | Campión | |||
| 2009-10 | Tomás de Dios | Eka (29g) | 4º - 1/4 F | Finalista | Finalista | Campión | ||||
| 2008-09 | Tomás de Dios | Carlinhos (27g) | 4º - 1/2 F | 1/4 F | Campión | |||||
| 2007-08 | Venancio López | Betao (32g) | 7º - 1/4 F | 1/2 F | Finalista | |||||
| 2006-07 | Pulpis | Betao (31g) | 11º - | 1/4 F | Finalista | Campión | Finalista | |||
| 2005-06 | Venancio López | Betao (34g) | 5º - 1/4 F | Campión | Campión | |||||
| 2004-05 | Venancio López | Betao (29g) | 7º - 1/4 F | 1/2 F | Finalista | |||||
| 2003-04 | Paco Presas | Alemao (35g) | 10º - | 1/4 F | 1/2 F |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
| Nome | Sobrenome | Posto | |
|---|---|---|---|
| 0 | Blai Pascual Alexandre | BLAI | Pívot |
| 0 | Ezequiel Montero Jiménez | ZEQUI | Á-Pívot |
| 3 | Daniel Montes del Río | CHINO | Pívot |
| 4 | David Palmas Mato | DAVID PALMAS | Á / Peche |
| 5 | Iván Rumbo Rodríguez | IVÁN RUMBO | Á |
| 7 | Juan José Camacho Pérez | CATELA | Á |
| 9 | Antonio Diz Teijeiro | ANTONIO DIZ | Pívot |
| 10 | Alejandro Diz Teijeiro | ÁLEX DIZ | Á |
| 13 | Pablo Tallón Castro | PABLO TALLÓN | Universal |
| 14 | Hugo Sánchez Flores | HUGO | Á / Peche |
| 17 | Pablo Mel Ramírez | PABLO MEL | Á |
| 19 | Santiago Valladares Rodríguez | SANTI | Á / Pívot |
| 23 | Diego Quintela Carril | QUINTELA | Pívot |
Adestrador:Santi Valladares