Santa Fe é a capital do estado deNovo México no suroeste dosEstados Unidos. Está situada no centro norte do estado, a uns 90 km deAlbuquerque, a cidade máis grande de Novo México. En 2006 tiña 72.056 habitantes. É tamén a capital do Condado de Santa Fe. Está situada a 2130 msnm.
Santa Fe foi designada capital deNovo México, unha provincia daNova España instituída en1598 polo exploradorespañolCoronado. A primeira toma de posesión foi no lugar no que posteriormente crecería a cidade, a partir de1607, por obra do colono españolJuan Martinez de Montoya.
A cidade foi fundada formalmente en1610 porDon Pedro de Peralta, terceiro gobernador deNovo México; déuselle o nome deA Vila Real da Santa Fe de San Francisco de Asís. É a máis antiga entre todas as cidades capitais dos Estados Unidos, e a segunda máis antiga entre todas as cidades aínda habitadas da época colonial (logo deSan Agustín, enFlorida, que foi fundada en1565).
Santa Fe foi sede provincial española ata o comezo daGuerra de Independencia de México en1810. En1824 formalizouse o seu status de capital do territorio mexicano deSanta Fe de Novo México.
A Misión de San Miguel (ao redor de 1610), posiblemente a igrexa máis antiga nos Estados Unidos.Palacio dos Gobernadores, 1609-10.