Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

San Marino

Coord.:43°55′59″N12°28′01″L / 43.933,12.467
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:San Mariño.
Modelo:Xeografía políticaSan Marino
Repubblica di San Marino (it)
San Marco (it)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoInno Nazionale della Repubblica (1894)Editar o valor en Wikidata

Lema«Libertas»Editar o valor en Wikidata
EpónimoMariño diáconoEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 43°55′59″N12°28′01″L / 43.933,12.467
Enclave enItaliaEditar o valor en Wikidata
CapitalCidade de San MarinoEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación33.607(2020)Editar o valor en Wikidata (549,13hab./km²)
Lingua oficiallingua italianaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie61,2 km²Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Titano (756 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoAusa(pt)Traducir (55 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación3 de setembro de 301Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentaria
diarquíaEditar o valor en Wikidata
• Capitán RexenteEditar o valor en WikidataFrancesca Civerchia(2024–)Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoCongreso de EstadoEditar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoConsello Grande e Xeral ,(Escano: 60)Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal1.855.382.833 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
MoedaeuroEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal47890Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.smEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+378 e +390549Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112,115,118 e113Editar o valor en Wikidata
Código de paísSMEditar o valor en Wikidata

Sitio webgov.smEditar o valor en Wikidata
BNE: XX452103

San Marino[1], oficialmenteSerenísima República de San Marino, (enitaliano:Serenissima Repubblica di San Marino) é unharepública situada nosApeninos,enclavada no interior deItalia, e sen saída ao mar. Cun tamaño de tan só 61,4 km² é un dos países máis pequenos do mundo, só superando enEuropa aCidade do Vaticano eMónaco. Ademais con preto de 34.000 habitantes é o estado menos poboado dos membros deConsello de Europa. Con todo, non pertence áUnión Europea.

A República de San Marino é arepúblicasoberanaconstitucional máis antiga do mundo aínda existente, sendo fundada, segundo a tradición, o3 de setembro de301 por un canteiro chamadoMariño, o cal deu nome ao país. A lenda di que Mariño fuxiu dende a costadálmata, daquelacoloniaromana, no ano257 cando o futuro emperadorDiocleciano emitiu un decreto chamando á reconstrución das murallas deRimini destruídas porpiratas libúrnios, refuxiándose noMonte Titano. A súa capital é acidade de San Marino.

A Constitución de San Marino, promulgada no ano1600, é a máis vella do mundo aínda en exercicio.[2] Estabelece unha formaparlamentaria de goberno, o cal está composto polo parlamento, chamadoConsello Grande e Xeral, presidido por dousCapitáns Rexentes, que son Xefes de Estado por un prazo de seis meses e polo Congreso de Estado, formado de dez conselleiros escollidos entre os membros do Consello Grande e Xeral.

Historia

[editar |editar a fonte]
Castelo da Cesta, unha das "Tres Torres" de San Marino.

San Marino considerase arepública máis antiga que aínda sobrevive ao fundarse, segundo a tradición, o3 de setembro do ano301 polo construtorMariño o Dálmata, uncanteiro cristián que fuxiu das costascroatas debido á persecución dos cristiáns levada a cabo poloemperador romanoDiocleciano, agochándose finalmente no cumio doMonte Titano, o máis alto do sete que posúe San Marino, e fundando unha pequenacomunidade cristiá. Apropietaria do terreo era dunha muller deRimini, que ao final lles deixou enherdanza o territorio, logrando manter a súa independencia ao longo dos anos, pese as disputas polas familias dos Rimini e Montefeltro.

Aínda que está demostrado que o lugar estivo habitado dendetempos prehistóricos, non foi até finais doséculo IX cando aparece a primeira constancia da existencia dun estadosoberana na zona que, en memoria do canteiro, foi chamada "Terra de San Marino", non sendo até tempo despois que se lle deu o nome de "república". OGoberno estaba composto por unhaasemblea chamadaArengo, composta por todos oscabezas de familia, estabelecéndose finalmente en1243 a figura dosCapitáns Rexentes (Capitani Reggenti) para actuar comoxefes de estado. As primeirasleis datan de1263, e oVaticano, nese tempo ao mando dopapaNicolao IV, recoñeceu a súaindependencia no ano1291.

O territorio da república consistía unicamente noMonte Titano até1463, cando entrou na alianza contra Sexismundo Pandolfo Malatesta, Señor de Rimini, que sería derrotado. Debido a iso oPapaPío II cedeu a San Marino ascidades deFiorentino,Montegiardino, eSerravalle, e ese mesmo ano a cidade deFaetano uniuse á república pola súa propia vontade. Desde entón, asuperficie da república permaneceu invariable.

No1503 producise a primeira das tres ocupacións militares do territorio sanmarinés, neste caso levada a cabo por César Borgia, que invadiu a república até pouco antes da súa morte uns meses despois. Case un século despois foi redactada unhaConstitución, concretamente o8 de outubro de1600, documento que aínda segue vixente, sendo o máis antigo do mundo en facelo actualmente. En1739, o Cardeal Alberoni volveu invadir o pequeno Estado pero adesobediencia civil e asprotestas ante oPapa Clemente XII para obterxustiza deron resultado. O estado foi recoñecido porNapoleón en1797 e noCongreso de Viena en1815. Debido áunificación daPenínsula Itálica, a independencia de San Marino tivo que selarse cun tratado en1862 co emerxenteReino de Italia, que foi revisado e corroborado en1939 e1971.

Xa noséculo XX, unha revolución pacífica restaurou en1906 o sistema electivo doConsello Grande e Xeral (órgano supremo do Estado), que se convertera durante os século nun clan pechado. Durante aPrimeira eSegunda Guerras Mundiais seguiu os destinos do seuveciño transalpino, sendo ocupada (por terceira e última vez) en1943 por orde deHitler, recuperada logo polosaliados volveu ser tomada de novo polosalemáns, sendo finalmente liberada en1945. Restaurada ademocracia, unha coalición desocialistas ecomunistas gobernou até1957, en que foron desprazados polosdemocristiáns, quen desde1973 constituíron cos socialistas un goberno de coalición. De aí viría un tempo de gobernos de curta duración até1978, cando oscomunistas recuperaron o poder, aínda que debido a un escándalo financeiro perderon o poder, acadándoo de novo, cunha alianza cosdemocristiáns, en1993 e1998.

San Marino ingresou noConsello de Europa como membro de pleno dereito en1988, presidindo a organización na primeira metade do ano1990. Ademais converteuse en membro dasNacións Unidas en1992, e adoptou oeuro en2002 comomoeda nacional, a pesar de non pertencer áUnión Europea. É así a únicacidade-estado itálica que aínda sobrevive, sendo xunto co Vaticano o único paíseuropeo completamente rodeado por outro. A pesar de ser un país soberano, depende en gran medida deItalia, pola que está completamente rodeada dende a unificación do país noséculo XIX. Con todo, co fin de diminuír a súa dependencia daRepública Italiana, veu conformando unha serie de acordos conSuíza nos campospolítico,económico esocial. Esta alianza abriu o camiño a un novo tipo de relacións diplomáticas, pioneiras noséculo XXI, pero que lembran, vagamente, as relacións internacionais de época medieval.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Monte Titano.

San Marino é unenclave de Italia, na fronteira entre asrexións deEmilia-Romaña eAs Marcas. A súatopografía está dominada polosApeninos, tendo un terreo accidentado, sendo o 17% do mesmo arable. O punto máis alto do país é oMonte Titano[3], situado a 749 metros de altitude sobre o nivel do mar. Non hai ningún corpo de auga cun tamaño significativo, aínda que algúns ríos atravesan o país, sendo os máis importantes o Ausa, o Marano e o San Marino. SegundoWWF, o territorio de San Marino pertence á ecorrexión denominada bosque esclerófilo e semicaducifolio deItalia.

Oclima émediterráneo con influencias continentais, con veráns cálidos e invernos fríos. O Centro Nacional de Meteoroloxía e Climatoloxía de San Marino proporciona prognósticos locais.[4] Cun tamaño de 61,2 km² e 39 km de fronteiras, todas conItalia, San Marino é o terceiro Estado máis pequeno deEuropa, só superando áCidade do Vaticano eMónaco, sendo até aindependencia deNauru en1968, o estadorepublicano máis pequeno do mundo.

Política e goberno

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Consello Grande e Xeral e Capitán Rexente de San Marino.
AntigosCapitáns Rexentes Mirko Tomassoni, Alessandro Rossi, Alessandro Mancini e Alberto Selva.
Palazzo Pubblico daCidade de San Marino coa estatua da liberdade.

A política de San Marino lévase a cabo no marco dunharepúblicaparlamentariademócrata representativa, na que os dousCapitáns Rexentes son osXefes de Estado e dun sistema pluripartidista. Opoder Executivo é exercido pologoberno, olexislativo polo no goberno e oConsello Grande e Xeral, sendo oxudicial independente dos dous anteriores. San Marino orixinalmente foi dirixida polo Arengo, formado inicialmente cos xefes de cada familia, non sendo até oséculo XIII cando se creou un organismo de goberno chamadoConsello Grande e Xeral, sendo nomeados en1243 os dous primeirosCapitáns Rexentes nomeados polo propio Consello. Este método de designación segue aínda vixente en hoxe en día.

O órgano lexislador da República é oConsello Grande e Xeral (enitaliano:Consiglio Grande e Generale). O Consello é un órganounicameral composto por sesenta membros, sendo elixidos os conselleiros cada cinco anos baixo un sistema de representación proporcional nos nove distritos administrativos. Estes distritos corresponden ás antigasparroquias da República, onde poden exercer o seu dereito ao voto tódoloscidadáns maiores de dezaoito anos. Ademais da lexislación xeral, o Consello Grande e Xeral aproba osorzamentos e elixe osCapitáns Rexentes, o Congreso de Estado (composto por dez secretarios con poder executivo), o Consello dos Doce (que exercen opoder xudicial durante o período de lexislatura do Consello), as Comisións de Asesoramento (que examinan, propoñen e debaten sobre a aplicación de novas leis) e as Unións de Goberno. O Consello tamén ten a facultade de ratificar os tratados con outros países.

Cada seis meses o Consello elixe dousCapitáns Rexentes para ser os xefes de Estado. Os Rexentes son elixidos polos partidos opositores de modo que hai un equilibrio de poder. A investidura dos Capitáns Rexentes lévase a cabo o1 de abril e o1 de outubro de cada ano. Unha vez que remata o prazo de rexencia os cidadáns teñen tres días para presentar queixas sobre as actividades dos Capitáns, e se así se xustificase, comezarían os procedementos xudiciais contra antigo Xefe ou Xefes de Estado. Esta práctica de ter múltiples cabezas de Estado, así como a repetición frecuente da elección dos mesmos, derívanse directamente dos costumes daRepública Romana, sendo o Consello equivalente aoSenado romano e os Capitáns Rexentes aocónsul.

Os dous principaispartidos políticos son o Partido Demócrata Cristián Sanmarinés (enitaliano:Partito Democratico Cristiano Sammarinese, PDCS) e o Partido dos Socialistas e Demócratas (enitaliano:Partito dei Socialisti e dei Democratici, PSD), resultante da fusión do Partido Socialista Sanmarinés (enitaliano:Partito Socialista Sammarinese, PSS) e dos antigos comunistas Partido dos Demócratas (enitaliano:Partito dei Democratici, PD). Ademais dos dous principais existen unha serie de partidos máis pequenos, como a Refundación Comunista Sanmarinés (enitaliano:Rifondazione Comunista Sammarinese, RCS). Debido ao pequeno tamaño de San Marino e a súa baixa poboación, é difícil para calquera partido acadar unha maioría absoluta, así que o goberno adoita estar formado por coalicións. O1 de outubro de2007 Mirko Tomassoni foi elixido como Capitán Rexente, sendo primeira persoa con discapacidade elixida para o posto.[5]

Subdivisións administrativas

[editar |editar a fonte]

San Marino está dividido en noveconcellos, coñecidas localmente como Castelli (doitaliano:castelos), que tamén teñen a consideración de cidades.

Mapa dos concellos da República de San Marino.
BandeiraEscudoNomePoboaciónÁrea (km²)Densidade
Bandeira de Acquaviva
Bandeira de Acquaviva
Escudo de Acquaviva
Escudo de Acquaviva
Acquaviva2.0964,86431,28
Bandeira de Borgo Maggiore
Bandeira de Borgo Maggiore
Escudo de Borgo Maggiore
Escudo de Borgo Maggiore
Borgo Maggiore6.6099,01733,52
Bandeira de Chiesanuova
Bandeira de Chiesanuova
Escudo de Chiesanuova
Escudo de Chiesanuova
Chiesanuova1.0875,46199,08
Bandeira de Domagnano
Bandeira de Domagnano
Escudo de Domagnano
Escudo de Domagnano
Domagnano3.2566,62491,84
Bandeira de Faetano
Bandeira de Faetano
Escudo de Faetano
Escudo de Faetano
Faetano1.1807,75152,26
Bandeira de Fiorentino
Bandeira de Fiorentino
Escudo de Fiorentino
Escudo de Fiorentino
Fiorentino2.5486,57387,82
Bandeira de Montegiardino
Bandeira de Montegiardino
Escudo de Montegiardino
Escudo de Montegiardino
Montegiardino9103,31274,92
Bandeira de San Marino
Bandeira de San Marino
Escudo de San Mariño
Escudo de San Mariño
San Marino4.2147,09594,36
Bandeira de Serravalle
Bandeira de Serravalle
Escudo de Serravalle
Escudo de Serravalle
Serravalle10.57110,531003,89

Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía de San Marino.
Véxase tamén:Lira sanmarinesa.

A pesar de non ser moi industrializado, San Marino ten unha das maioresrendas per cápita deEuropa. Oturismo representa máis do 50 % doPIB, máis de tres millóns de visitantes en1997, debido en gran medida á súa proximidade conRimini e aomar Adriático. Tamén son importantes a banca, aelectrónica e acerámica. Os produtos agrícolas son oviño e oscereais, ademais doqueixo e o cría deovinos nos campos. Un número considerable de habitantes do país traballa na cidade italiana deRimini polo que, para facilitar o desprazamento dos seus habitantes, existe unha liña de ómnibus internacional que liga a cidade de San Marino áitaliana. Con todo, como o país está constituído principalmente sobre oMonte Titano, non é posible para o autobús chegar ao cumio, por iso existe un sistema de teleférico que transporta seus habitantes até as partes máis altas con intervalos de 15 minutos entre unha viaxe e outra.

Aínda que a república non é un membro oficial daEurozona, permíteselle usa-loEuro comamoeda nacional en virtude de acordos cóConsello da Unión Europea, podendo estampar o seu propio deseño nacional na cara correspondente.Antes do euro a moeda era alira sanmarinesa, que era intercambiable coaitaliana. Tanto a lira como o euro do país, ao ser producidas en pequeno número, están moi cotizadas no mercado doscoleccionistas. Osselos postais, só válidos para a república, son maioritariamente vendidos para afilatelia, representando un importante capítulo dos ingresos. Dende1997 o nivel de vida do país veu incrementándose por riba do italiano debido a un incipiente crecemento económico no sector financeiro do país.

Fiscalidade

[editar |editar a fonte]
San Marino.

A taxa de imposto sobre as ganancias corporativas en San Marino é do 19 %. As ganancias de capital están suxeitas a un imposto do cinco por cento e os xuros están suxeitos a un 13 por cento de imposto de retención. En1972, foi introducido enItalia o Imposto ao Valor Engadido (IVE), sendo aplicado tamén en San Marino en conformidade co tratado de amizade de1939. Ademais tamén se estabeleceu un imposto sobre os bens importados, con todo, non foron e non son aplicados aos produtos nacionais. Até1996 os produtos fabricados e vendidos en San Marino non estaban suxeitos aos impostos indirectos. No marco de acordo da Unión Aduaneira Europea, San Mariño segue a recadar impostos, o equivalente a un dereito de importación, das mercadorías importadas. Ademais, introduciuse un IVE xeral, en substitución do IVE italiano.

Demografía

[editar |editar a fonte]
Catedral daCidade de San Marino.
Artigo principal:Demografía de San Marino.

A República de San Marino é un estado de só tan 61,5 km² de superficie, o que o converte no segundo estado máis pequeno deEuropa. Posúe preto de 30.000 habitantes (29.973 estimados en2008), tendo así unha densidade de poboación de 489 habitantes/km². O cultivo, a cría de ovellas, e o traballo da pedra nas canteiras forman a columna vertebral da economía de San Marino. Non ten os recursos minerais, e hoxe en día a maioría das terras están aradas ou cubertas por bosques.

A poboación, composta basicamente por sanmarineses nativos e italianos, segue unha tendencia de crecemento: no primeiro censo de1864 a poboación era de 7.080, no segundo (1874) de 7.464, no terceiro (1899) de 9.359, no cuarto (1947) de 12.100 e no quinto (1976), de 12.284. Os sanmarineses que residen no estranxeiro son preto de 17.000 mentres que os estranxeiros que residen en San Marino son 1.000, aproximadamente. A lingua oficial é o italiano, ademais está amplamente estendido oemiliano-romañolo, tamén coñecido comasanmarinés. A relixión predominante é ocatolicismo.

Cultura

[editar |editar a fonte]

Gastronomía

[editar |editar a fonte]

A cociña de San Marino é moi semellante áitaliana, en especial á das rexións veciñas deEmilia-Romaña eAs Marcas, mais conta tamén cunha serie de pratos propios e produtos únicos. A principal especialidade sanmarinesa é, polo tanto, a pasta, entre as que destacan a lasagna, o spaghetti alla bolognese e os calzone. Con todo, o seu prato máis coñecido é probablemente a Torta Tre Monti (doitaliano:Torta das Tres Montañas), que é unha torta de waffle bañada en chocolate que representa asTres Torres de San Marino. Igualmente os xeados tamén son unha especialidade. O país conta ademais cunha pequena industriavinícola.

Deporte

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Gran Premio de San Marino.
Roland Ratzenberger no día no que faleceu durante oGran Premio de San Marino de1994.

Até o ano2006 existiu oGran Premio de San Marino deFórmula 1. Foi neste Gran Premio no que morreron oaustríacoRoland Ratzenberger e obrasileiroAyrton Senna, tras bater o seuWilliams no muro da curva Tamburello), ambos en1994, polo que ese gran premio acabou chamado como o "Fin de semana Negro". A pesar do nome, o Gran Premio celebrábese noAutódromo Enzo e Dino Ferrari de Imola, narexión italiana daEmilia-Romaña, a uns 100quilómetros ao noroeste do país. O mesmo ocorre co actual Gran Premio de MotoGP, aínda que este é realizado no Circuíto de Misano, nas marxes doAdriático.

San Marino tamén ten o seu propio Comité Olímpico afiliado aoCOI e, a diferenza do que ocorre con outros microestados como oPrincipado de Mónaco e aCidade do Vaticano, ten súa federación nacional de fútbol como membro daFIFA. Con todo, esta selección de fútbol, está considerada unha das peores do mundo, tendo inclusive recibido dez goles da selección deBélxica durante as Eliminatorias doMundial de Fútbol de2002 e 13 deAlemaña durante a clasificación para aEurocopa de 2008. O seu principal club é a Società Sportiva Murata, que fixo historia por ser o primeiro equipo samariñense en participar naLiga de Campións da UEFA.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parasanmarinés.
  2. Guide to Law Online: San Marino
  3. "Live view". Arquivado dendeo orixinal o 23 de agosto de 2011. Consultado o 13 de decembro de 2014. 
  4. "Meteo San Marino - Centro Nacional de Meteoroloxía e Climatoloxía de San Mariño". Arquivado dendeo orixinal o 29 de setembro de 2008. Consultado o 13 de decembro de 2014. 
  5. San Marino, primo capo di Stato disabile "Via tutte le barriere architettoniche"

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  San MarinoModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Estados soberanos
Dinamarca
Reino Unido
Áreas especiais de
soberanía interna
Finlandia
  • Illas Åland
    • rexión autónoma suxeita á convención de Åland de 1921
Noruega
Reino Unido
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=San_Marino&oldid=6657115»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp