Un termo máis apropiado para Samurai (侍, さむらい) é bushi (武士) (literalmente "guerreiro ou home de armas") que era usado durante operíodo Edo. Porén, o termo "Samurai" refírese normalmente á nobreza guerreira e non por exemplo á infantaría alistada. Un samurai sen ligazóns a un clan oudaimyō era chamadoRōnin (literalmente "home-oa"). Rōnin son tamén samurais que largaron a súa honra ou aqueles que non cumpriron coseppuku, que significa dividir a barriga, de modo a repór a honra do seu clan ou familia. Samurais ao servizo dohan eran chamados "hanshi".
Era esperado dos Samurai que non fosen analfabetos senón cultos ata un nivel básico, e ao longo do tempo, durante a era Tokugawa (tamén chamada deperíodo Edo), perderon gradualmente a súa función militar.
Polo fin da era Tokugawa, os samurai eran burócratas aristocráticos ao servizo dosdaimyo, coas súas espadas servindo para finscerimoniais. Coas reformas da era Meiji, nos finais doséculo XIX, a clase dos samurai foi abolida e foi establecido un exército nacional ao estilo occidental. O ríxido código samurai, chamadobushido, aínda sobrevive, porén, na actual sociedade xaponesa, tal como moitos outros aspectos do seu modo de vida.