Naceu enFoxrock (preto deDublín) o13 de abril de1906, fillo de William Frank Beckett (1871-1933), un aparellador e descendente doshugonotes, e Maria Jones Roe, unha enfermeira, cando ámbolos dous tiñan 35 anos.[2] Logo de asistir a unha escola protestante de clase media no norte deIrlanda, ingresou noTrinity College de Dublín, onde obtivo a licenciatura enlinguas romances en1927 e o doutoramento catro anos máis tarde. Ó mesmo tempo, continuou estudando o filósofo francésRené Descartes e escribiu o ensaio críticoProust (1931), que sentaría as bases da súa filosofía e obra. Foi entón cando coñeceu ao novelista e poeta irlandésJames Joyce, do que foi amigo e colaborador. Entre1932 e1937 traballou e viaxou sen descanso e desempeñou diversos traballos para incrementar os ingresos da pensión anual que lle ofrecía seu pai, supoñéndolle un duro golpe a súa morte en 1933. En 1937 estableceuse definitivamente enParís, pero en1942 tivo que trasladarse ó sur deFrancia, libre da ocupaciónnazi, fuxindo daGestapo, pois Beckett sumárase á Resistencia. Ao final dasegunda guerra mundial regresou a París, onde escribiu catro grandes obras: a súa obra dramáticaÁ espera de Godot (1952) (a súa obra mestra en opinión da maioría dos críticos), e a súa triloxíaMolloy (1951),Malone morre (1951) eO indomable (1953), que Beckett considera o seu maior logro, e na que os seus personaxes, misteriosamente enfermos e sumidos nun desesperadomonólogo, esperan a súa disolución final e someten a linguaxe a un proceso de aniquilamento que constitúe unha das constantes de toda a súa produción literaria. En1961 outórganlle o premio Internacional de Literatura, que compartiu conJorge Luis Borges e, en 1969, foi galardoado copremio Nobel de literatura. Morreu enParís o22 de decembro de 1989.[3]
A obra de Beckett é fundamentalmente sombría e tendente aominimalismo e, de acordo con certas interpretacións, profundamentepesimista (aténihilista[4]) sobre a condición humana. En consonancia con isto, co tempo os seus libros fixéronse paseniñamente máis crípticos e breves. O pesimismo de Beckett vén con todo temperado por un senlleiro sentido do humor, entre negro e sórdido (véxaseComentarios sobre o autor).
Samuel Beckett foi galardoado coPremio Nobel de Literatura en1969 «pola súa escritura, que, renovando as formas da novela e o drama, adquire a súa grandeza a partir da indixencia moral do home moderno».[1] En1961 recibiu así mesmo o "Premio Formentor" outorgado polo Congreso Internacional de Editores, xuntoJorge Luis Borges.
Nas súas obras, Beckett centrou a súa atención na angustia indisociable da condición humana, que na última instancia reduciu ao eu solitario ou ao nada. Tamén experimentou coa linguaxe ata deixar tan só un esqueleto, o que orixinou unha prosa austera e disciplinada pero chea de humor. A súa influencia en dramaturgos posteriores, sobre todos naqueles que seguiron os seus pasos na tradición do absurdo, foi tan notable como o impacto da súa prosa.
Tumba de Samuel Beckett no Cemiterio deMontparnasse, París
Escritor bilingüe, a partir de 1953 escribiu enfrancés e, ás veces, eninglés; xeralmente traducía a obra ó outro idioma, adaptándoa. Escribiu novelas, pezas e textos varios pararadio,televisión ecinema.
Pavesas publicada por Tusquets en1987, é unha recompilación de tódalas obras radiofónicas, televisivas e teatrais que pola súa curta extensión non puideron publicarse en libro.