Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Salmonela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salmonella
Clasificación científica
Reino:Bacteria
Filo:Proteobacteria
Clase:Gammaproteobacteria
Orde:Enterobacteriales
Familia:Enterobacteriaceae
Xénero:Salmonella
Lignieres 1900
Species

S. bongori
S. enterica

Salmonella é un xénero bacteriano formado porbacilosgramnegativos,anaerobios facultativos, conflaxelos perítricos que rodean ómicroorganismo e non desenvolveesporas. Sonbacterias móbiles que producensulfuro de hidróxeno. Non fermentanglicosa ninlactosa.

É unaxente zoonótico de distribución universal. Transmítese por contacto directo ou contaminación cruzada durante amanipulación, no procesado de alimentos ou no fogar, tamén porvía sexual.

Microbioloxía

[editar |editar a fonte]

Son bacterias gramnegativas. Crece con facilidade nomedio de cultivoágar sangue formando colonias de 2 a 3 milímetros. En laboratorios de microbioloxía clínica íllase con medios selectivos, Selenito, Hektoen, SS ou XLD, para inhibir o crecemento doutras bacterias patóxenas e daflora intestinal saprófita.

A taxonomía deSalmonella é complicada. Actualmente hai dúas especies dentro do xénero:Salmonella bongori (previamente subespecie V) eS. enterica, que se divide á súa vez en seis subespecies.

  • Ienterica
  • IIsalamae
  • IIIaarizonae
  • IIIbdiarizonae
  • IVhoutenae
  • (VS. bongori, xa incluída nunha especie distinta)
  • VIindica

Cada subespecie á súa vez, está conformada por diversos serotipos, e ata a actualidade foron identificados máis de 2.500.

Patoxenia

[editar |editar a fonte]

Producegastroenterite, cun período de incubación de entre 5 horas e 5 días, diarrea e dor abdominal. A través das feces do enfermo elimínanse gran cantidade de bacterias; efebre entérica, cun período de incubación de 7 a 28 días, causante dador de cabeza,febre, dor abdominal ediarrea, erupción máculo-papulosa enpeito elombo. Os enfermos presentan un período de convalecencia entre 1 e 8 semanas.

As persoas curadas eliminanSalmonella durante máis dun ano.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Salmonela&oldid=4270577»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp