| Saliut 7 / DOS-6 | |
|---|---|
Esquema da Saliut 7. | |
| Tipo | Científico / tecnolóxico / tripulado |
| Contratistas principais | NPO Energia |
| Data de lanzamento | 19 de abril de 1982, 19:45GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Proton K[2][5] |
| Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur, rampla 200/40[2][6] |
| Obxectivo da misión | Comprobación dos sistemas e elementos da estación espacial, estudo do efecto no corpo humano de estancias prolongadas no espazo.[2][6] |
| Decaemento | 7 de febreiro de 1991[1] |
| NSSDC ID | 1982-033A |
| Masa | 18 900 kg[6] |
Saliut 7, tamén coñecida como DOS-6, foi a cuartaestación espacial civilsoviética lanzada con éxito. Partiu cara ao espazo19 de abril de1982 mediante un fogueteProton K desde ocosmódromo de Baikonur.[2][5][6]
Saliut 7 foi unha estación espacial de tipoDOS (acrónimo enruso deDolgovremennaya Orbitalnaya Stanziya,estación espacial duradeira) de segunda xeración, derivada das estacións militares do proxectoAlmaz. Foi construída como apoio daSaliut 6 e deseñada para estancias de longa duración, para o cal contaba con dous portos de atraque, o que permitía o acoplamento dunha nave tripuladaSoiuz e ao mesmo tempo a visita de naves de carga automáticasProgress ou módulos pesados provenientes do programa Almaz. A enerxía era producida por trespaneis solares e a súa masa no momento do lanzamento era de 18 900 kg. Dispoñía de fornos eléctricos, unhaneveira, auga quente constante e dous dos portelos permitían o paso da luz solarultravioleta para actuar comodesinfectante. As seccións médicas, biolóxicas e de adestramento foron melloradas para facer máis cómodas as estancias longas.[2][5][6]
A pesar de que Saliut 7 era moi similar a Saliut 6 foi menos produtiva por varios problemas técnicos. De tódolos xeitos durante a súa vida útil acopláronselle temporalmente dous módulos pesados para ampliar as súas funcións: oKosmos 1443, acoplado o 10 de marzo de 1983 e usado pola tripulación daSoiuz T-9, desacoplándose o 19 de setembro; e oKosmos 1686, acoplado o 2 de outubro de 1983 e usado poloscosmonautas daSoiuz T-14.[2][5][6]
A estación recibiu a visita de seis tripulacións de longa estancia:[2][5][6]
Ademais, recibiu a visita de catro misións visitantes de curta estancia. En total, 22 cosmonautas pasaron pola estación, cinco deles visitandoa en dúas ocasións e un en tres. OnceSoiuz T encargáronse de levar ás diferentes tripulacións ata a Saliut 7, mentres que 15 cargueiros Progress proveeron de subministracións á estación. Durante a súa vida útil fixéronse treceEVA.[2][5][6]
Entre o 19 e o 22 de agosto de 1986 os controladores de terra elevaron a órbita da estación, xa desocupada, ata os 474 x 492 km, coa esperanza de ser recuperada poloTransbordador espacial Buran antes de decaer. Debido á cancelación do Buran e a unha actividade solar maior do esperado o freado atmosférico tivo lugar a maior velocidade da calculada e a Saliut 7 acabou reentrando na atmosfera, sobreArxentina, o 7 de febreiro de 1991[2][5][6]
A estación protagonizou o primeiro paseo espacial dunha muller,Svetlana Yevguénievna Savitskaya, en1982.[7]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Saliut 7 |