Salón do Automóbil de Vigo | |
---|---|
Tipo | salón do automóbil eacontecemento periódico![]() |
Data | |
Fundación | 1992![]() |
Localización | |
País | España![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
OSalón do Automóbil de Vigo é un evento expositivo comercial anual, do mundo do motor, que se celebra naprimavera noInstituto Feiral deVigo, dende o ano1992, sendo así o segundo certame en activo máis antigo deEspaña, só por detrás do Salón do Automóbil daFira de Barcelona.
O Salón de Vigo consta de varias actividades. Principalmente a exposición comercial e venda de vehículos de dúas e catro rodas da maioría da marcas, dende turismos ata caravanas e autocaravanas, e mesmo pequenas embarcacións, que inclúe ás veces presentacións dalgúns modelos novos. En2011 esta exposición tivo ó seu servizo 25.000 m² repartidos en dos pavillóns.
Adoitan expoñerse, tamén, coches e motocicletas antigas (Retro Salón).
Nos anos2007-2010 fíxose noutro pavillón do IFEVI unha demostración deportivaindoor chamadaRacingShow, na que competiron varios pilotos derally, dos campionatosgalego,español eportugués, e de cando en vez algunha estrela internacional, como foi o caso deJuha Kankkunen,Didier Auriol,Miki Biasion ouTimo Salonen.
En ocasións tamén se fan demostracións dekarting no exterior do recinto.
En2011 o Salón de Vigo cumpriu 20 anos, e tivo lugar entre os días30 de abril e8 de maio. Nesta edición homenaxeouse á marca francesaCitroën cunha exposición de 40 coches históricos e outros actuais, e unha concentración de coches de propietarios particulares, que tivo lugar o7 de maio.[1]
Dende o ano 2015 fíxose coincidir, durante tres días, coVRetro Auto&Moto Galicia (evento monográfico sobre vehículos e motos clásicas e de época), que nas catro edicións anteriores víñase celebrando enSantiago de Compostela.[2]
En datas posteriores e no mesmo recinto, celébrase oMotor Ocasión, adicado aos vehículos de segunda man.
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salón do Automóbil de Vigo |