Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Sagrado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Osagrado[1] describe algo que está dedicado ou apartado para o servizo ou a adoración dunha deidade; considérase digno de respecto ou devoción espiritual; ou inspira temor oureverencia entre os crentes. A propiedade adscríbese a miúdo a obxectos (un "artefacto sagrado" que sevenera ebendice), ou lugares ("terra sagrada").

Osociólogo francésÉmile Durkheim considerou a dicotomía entre o sagrado e oprofano como a característica central darelixión: "a relixión é un sistema unificado de crenzas e prácticas relativas ás cousas sagradas, é dicir, as cousas apartadas e prohibidas".[2] Na teoría de Durkheim, o sagrado representa os intereses do grupo, especialmente a unidade, que se plasman en símbolos de grupos sagrados, outótems. O profano, pola contra, implica preocupacións individuais mundanas.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

A palabrasagrado procede dolatínsacer, referíndose ao que estáconsagrado,dedicado oupurificado aos deuses ou algo no seu poder, así como aossacerdotes.[3]

Na relixión

[editar |editar a fonte]

As relixións orixinarias naIndia, é dicir, ohinduísmo e relixións derivadas como obudismo, oxainismo e osikhismo, teñen o concepto de reverenciar e conservar a ecoloxía e o ambiente tratando diferentes obxectos como sagrados, como ríos, árbores, bosques, montañas etc.

As denominaciónscristiás máis tradicionais, como as igrexascatólicas,anglicanas,luteranas emetodista, cren nosSantos Sacramentos que realiza o sacerdote como obautismo e acomuñón, así como nasSagradas Escrituras, aSantísima Trindade e aSanta Alianza.

Noislam, a palabraħarām (enárabe:حرام), que adoita traducirse como "prohibido", enténdese máis como "sagrado" ou "santuario" no contexto dos lugares considerados sagrados.

A palabrahebreakodesh (קֹדֶשׁ) utilízase naTora para significar "apartado" e "distinto", como se atopa na cerimonia do matrimonioxudeu, onde o marido di á súa futura esposa: "Fixéchesme santo segundo a lei de Moisés e Israel" (enhebreo:את מקדשת לי כדת משה וישראל).Kodesh tamén se traduce habitualmente como "santidade" e "sacralidade".[4] A Tora describe que ossacerdotes aaronitas e oslevitas foron seleccionados por Deus para realizar os servizos do Templo; eles, tamén, son chamados "santos".

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parasagrado.
  2. Durkheim, Émile (1915).The Elementary Forms of the Religious Life. Londres: George Allen & Unwin. p. 47.ISBN 978-0-8341-2182-9. 
  3. Stormonth, James, e Philip Henry Phelp, eds. 1895. "Sacred." EnA Dictionary of the English Language. Blackwood & sons p. 883.
  4. Blue Letter Bible."H6944 - qodesh - Strong's Hebrew Lexicon (HNV)". Consultado o 28 de xuño de 2016. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Durkheim, Emile (1915)The Elementary Forms of the Religious Life. Londres: George Allen & Unwin (publicado orixinalmente en 1915, tradución ao inglés de 1915)
  • Eliade, Mircea (1957)The Sacred and the Profane: The Nature of Religion. Nova York: Harcourt, Brace & World
  • Thomas Jay Oord e Michael Lodahl (2006)Relational Holiness: Responding to the Call of Love. Kansas City, Missouri: Beacon Hill.ISBN978-0-8341-2182-9
  • Pals, Daniel (1996)Seven Theories of Religion. Nova York: Oxford University Press. USISBN0-19-508725-9
  • Sharpe, Eric J. (1986)Comparative Religion: A History, 2nd ed., Londres: Duckworth, 1986/La Salle: Open Court.ISBN0-8126-9041-9

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sagrado&oldid=6041879»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp