Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Sabina Guzzanti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSabina Guzzanti

(2011)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1963Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Roma, ItaliaEditar o valor en Wikidata
RelixiónBudismoEditar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Nacional de Artes Dramáticas Silvio D'Amico(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhumorista, cantante, produtora, directora de cinema, guionista, actrizEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1988Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoSátira política(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
InstrumentoVozEditar o valor en Wikidata
Participou en
20102010 Cannes Film Festival(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Familia
PaiPaolo GuzzantiEditar o valor en Wikidata
IrmánsCorrado Guzzanti
Caterina GuzzantiEditar o valor en Wikidata

Sitio websabinaguzzanti.itEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0350127Allocine: 136775Allmovie: p139738
BNE: XX1789218Musicbrainz: b4deb020-aab8-49fd-8157-7fe123171ec2Discogs: 1744805Editar o valor en Wikidata

Sabina Guzzanti, nada enRoma o25 de xullo de1963, é unha actriz, cómica eblogger italiana, filla do xornalistaPaolo Guzzanti (senador italiano polo partidoForza Italia) e irmá dos tamén actoresCorrado Guzzanti eCaterina Guzzanti. Titulóuse na Accademia Nazionale d'Arte Drammatica "Silvio D'Amico" e comezou a traballar co seu irmán Corrado. É unha artista moi activa politicamente. Fíxose moi popular en Italia polas imitacións satíricas dos políticosMassimo D'Alema eSilvio Berlusconi.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

No cinema, Guzzanti interpretou con Giuseppe BertolucciI Camelli e Troppo sole (onde interpretaba 13 personaxes diferentes), filme que tivo un escaso éxito de público. Despois gravouCuba Libre e en 1998 fixo de actriz e directora da curtametraxeDonna selvaggia.

En 2002 dirixiu a súa primeira longametraxe,Bimba. Despois regresaría ao teatro co espectáculoRecital, no que interpreta personaxes imaxinarios e reais, comoValeria Marini. Autora do célebre filmeViva Zapatero!, o seu último traballo chámaseLe ragioni dell'aragosta, publicado en setembro de 2007.

Actividade teatral e televisiva

[editar |editar a fonte]

En novembro de 2003, gobernandoSilvio Berlusconi, volve traballar en televisión coa emisión deRaiot, na canle pública Rai Tre, onde fai duras críticas aos diferentes poderes italianos. A actriz foi denunciada pola empresa de comunicación Mediaset por "gravísimas mentiras e insinuacións" e os directivos da Rai suspenderon inmediatamente a emisión despois dunha única emisión, suscitando moitas polémicas.

A pesar deste incidente, tanto o primeiro capítulo deRaiot emitido na Rai como as sucesivas emisións doutras gravacións non emitidas en TV pero si distribuídas libremente por Internet, tiveron un grande éxito. A querela foi arquivada pola maxistratura que xulgou infundadas as acusacións de Mediaset dado que os feitos denunciados (cousa que a cómica non deixa de repetir) era certos.

En 2005 presenta en Venecia o documentalViva Zapatero! que denuncia a pouca liberdade de información en Italia coa contribución de cómicos de sátira doutros países europeos.

Traballos

[editar |editar a fonte]
Sabina Guzzanti presentandoLe ragioni dell'aragosta na 64ªMostra de Venecia

Filmes

[editar |editar a fonte]

Libros

[editar |editar a fonte]
  • Reperto RaiOt., publicado por BUR Biblioteca Universale Rizzoli, 2005
  • Viva Zapatero!, publicado por BUR Biblioteca Universale Rizzoli, 2005
  • Il diario di Sabna Guzz, publicado por Einaudi, 2003
  • Mi consenta una riflessione (anche se non è il mio ramo), publicado por Baldini Castoldi Dalai, 2002
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sabina_Guzzanti&oldid=6701276»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp