| STS-67 | |
|---|---|
Lanzamento da misión STS-67. | |
| Tipo | Tripulado |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 2 de marzo de 1995, 6:38GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
| Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
| Duración da misión | 16,63 días[6] |
| Obxectivo da misión | Observacións astronómicas co observatorioAstro-2.[3][6] |
| Regreso | 18 de marzo de 1995[6] |
| Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
| NSSDC ID | 1995-007A |
STS-67 foi unha misión dotransbordador espacial Endeavour lanzada o2 de marzo de1995 desde a rampla 39A doCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-67, con seteastronautas a bordo, foi lanzada para facer observaciónsastronómicas noultravioleta mediante o observatorioSpacelab/Astro-2, na bodega de carga do transbordador. A tripulación estaba formada polo comandanteStephen S. Oswald, o pilotoWilliam G. Gregory, a comandante de cargaTamara E. Jernigan, os especialistas de misiónJohn M. Grunsfeld eWendy B. Lawrence e os especialistas de cargaRonald A. Parise eSamuel T. Durrance.[3][5][6][7]
Astro-2 foi a segunda misión dun módulo Spacelab adicado áastronomía. Estaba formado por tres instrumentos para a observación no ultravioleta:HUT,UIT eWUPPE. Durante a misión fixéronse observacións de obxectos do sistema solar, galácticos e extragalácticos. A bordo do transbordador había outros experimentos secundarios, entre elesPCG-TES-03,PCG-STES-02,SAREX-II,MACE,CMIX-03 eMSX.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra noCentro Espacial Kennedy o 18 de marzo de 1995.[3][5][6][7]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-67 |