STS-63 | |
---|---|
![]() Lanzamento da misión STS-63. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 3 de febreiro de 1995, 5:22GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
Duración da misión | 8,27 días[6] |
Obxectivo da misión | Despregue de varios obxectivos ODERACS pararadar, observacións astronómicas coa plataformaSPARTAN-204, aproximación á estación espacialMir.[3][6] |
Regreso | 11 de febreiro de 1995[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1995-004A |
STS-63 foi unha misión dotransbordador espacial Discovery lanzada o3 de febreiro de1995 desde a rampla 39B doCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-63, con seisastronautas a bordo, foi lanzada para facer varios experimentos a bordo, realizar observaciónsastronómicas e practicar aproximacións á estación espacialMir de cara a futuros acoplamentos entre transbordadores e a estación. A tripulación estaba formada polo comandanteJames D. Wetherbee, a pilotoEileen M. Collins e os especialistas de misiónC. Michael Foale,Janice E. Voss,Bernard A. Harris eVladimir G. Titov.[3][5][6][7]
A máxima aproximación entre o Discovery e a Mir foi de algo máis de 10 metros. A comunicación por radio entre o transbordador e a estación estableceuse moito antes, con Titov (que habitou a estación durante un ano) podéndose comunicar cos tres cosmonautas de a bordo,Alexander Viktorenko,Elena Kondakova eValeri Poliakov. Na STS-63 voou a primeira muller piloto do transbordador e durante a misión tivo lugar o primeiropaseo espacial dunafroamericano. A bordo tamén ía o segundo astronautaruso en viaxar nun transbordador estadounidense. A tripulación liberou o observatorioSPARTAN-204 para facer observacións noultravioleta e posteriormente recuperalo e traballou no laboratorioSpacehab 3, situado na bodega de carga e con 20 experimentos a bordo. Tamén liberaron seis esferas do experimentoODERACS-II para axudar na calibración deradares terrestres e caracterizar o comportamento da lixo espacial de tamaño menor a dez centímetros.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra noCentro Espacial Kennedy o 11 de febreiro de 1995.[3][5][6][7]
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-63![]() |