STS-3 | |
---|---|
![]() Lanzamento da misión STS-3 | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 22 de marzo de 1982, 16:00GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 8,00 días[6] |
Obxectivo da misión | Terceiro voo de probas do Columbia.[3][6] |
Regreso | 30 de marzo de 1982[6] |
Sitio de regreso | Base White Sands da Forza Aérea |
NSSDC ID | 1982-022A |
STS-3 foi a terceira misión de probas dotransbordador espacial Columbia, lanzada o22 de marzo de1982 desde a rampla 39A doCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-3, tripulada porJack R. Lousma (comandante) eC. Gordon Fullerton (piloto) foi lanzada como terceira misión de probas do transbordador. Levaba a bordo varios experimentos da Oficina de Ciencia Espacial (OSS), tanto para verificar o rendmento do lanzador como para facerciencia, entre eles un reactor delátex monodispers (MLR), unha proba de verificación deelectroforese (EEVT) e un experimento de lignificación de plantas. Tamén levaba a bordo un paquete de diagnóstico deplasma, un experimento para estudar o potencial eléctrico arredor do transbordador (VCAP), unpolarímetro para fulguracións solares enraios X, un monitor solar de irradiancia espectral eultravioleta (SUSIM), un monitor de contaminación e un experimento de microabrasión.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra naBase White Sands da Forza Aérea o 30 de marzo de 1982, a primeira e única vez que un transbordador aterrou nun lugar distinto dabase Edwards ou de Cabo Cañaveral, debido a mal tempo na primeira.[3][5][6][7]
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-3![]() |