| STS-134 | |
|---|---|
Lanzamento da misión STS-134 | |
| Tipo | Tripulado |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 16 de maio de 2011, 12:56GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
| Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
| Duración da misión | 15,74 días[6] |
| Obxectivo da misión | Construción e aprovisionamento daEstación Espacial Internacional.[3][6] |
| Regreso | 13 de marzo de 2011[6] |
| Sitio de regreso | Cabo Cañaveral |
| NSSDC ID | 2011-020A |
STS-134 foi a última misión dotransbordador espacial Endeavour, lanzada o16 de maio de2011 desde a rampla 39A doCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-134, con seisastronautas a bordo, foi unha misión de aprovisionamento daEstación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandanteMark Kelly, o pilotoGregory H. Johnson e os especialistas de misiónMichael Fincke,Greg Chamitoff,Andrew Feustel eRoberto Vittori.[3][5][6][7]
O Endeavour, na súa viaxe final, levou oEspectrómetro Magnético Alfa (Alpha Magnetic Spectrometer, AMS) á estación para o estudo daantimateria, así como subministracións e equipamento diverso, incluíndoantenas para comunicación enbanda S, un tanque de gas de alta presión e partes de reposto paraDextre. Durante a misión se levaron a cabo catropaseos espaciais.[3][5][6][7]
O Endeavour volveu por última vez a terra en Cabo Cañaveral o 1 de xuño de 2011 ás 6:35UTC.[3][5][6][7]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-134 |