| STS-123 | |
|---|---|
Lanzamento da misión STS-123 | |
| Tipo | Tripulado |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 11 de marzo de 2008, 6:28GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
| Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
| Duración da misión | 15,76 días[6] |
| Obxectivo da misión | Construción e aprovisionamento daEstación Espacial Internacional.[3][6] |
| Regreso | 27 de marzo de 2008[6] |
| NSSDC ID | 2008-009A |
STS-123 foi unha misión dotransbordador espacial Endeavour lanzada o11 de marzo de2008 desde a rampla 39A doCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-123, con seteastronautas a bordo (seis americanos e unxaponés), foi unha misión de construción e aprovisionamento daEstación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandanteDominic Gorie, o pilotoGregory H. Johnson e os especialistas de misiónRobert L. Behnken,Mike Foreman,Takao Doi eRick Linnehan.[3][5][6][7]
O Endeavour acoplouse ao portoPMA-2 da estación ás 3:49GMT do 13 de marzo levando a bordo o módulo laboratorio xaponésKibo e o brazo robótico canadenseDextre, que quedaron instalados tras cincopaseos espaciais.[3][5][6][7]
O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 27 de marzo de 2008.[3][5][6][7]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-123 |