| STS-122 | |
|---|---|
Lanzamento da misión STS-122 | |
| Tipo | Tripulado |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 7 de febreiro de 2008, 19:45GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
| Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
| Duración da misión | 12,77 días[6] |
| Obxectivo da misión | Construción e aprovisionamento daEstación Espacial Internacional.[3][6] |
| Regreso | 20 de febreiro de 2008[6] |
| NSSDC ID | 2008-005A |
STS-122 foi unha misión dotransbordador espacial Atlantis lanzada o7 de febreiro de2008 desde a rampla 39A doCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-122, con seteastronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento daEstación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandanteSteve Frick, o pilotoAlan Poindexter e os especialistas de misiónStanley Love,Daniel Tani,Leland Melvin,Rex Walheim eHans Schlegel.[3][5][6][7]
O Atlantis acoplouse ao portoPMA-2 da estación ás 17:17GMT do 9 de febreiro, levando a bordo o módulo laboratorioColumbus e a plataformaMPESS-ND. O Columbus quedou acoplado ao nodoHarmony, para o cal se precisaron trespaseos espaciais.[3][5][6][7]
O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 20 de febreiro de 2008.[3][5][6][7]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-122 |