| STS-117 | |
|---|---|
Lanzamento da misión STS-117 | |
| Tipo | Tripulado |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 8 de xuño de 2007, 23:38GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
| Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
| Duración da misión | 13,84 días[6] |
| Obxectivo da misión | Montaxe, reparación e aprovisionamento daEstación Espacial Internacional.[3][6] |
| Regreso | 22 de xuño de 2007[6] |
| NSSDC ID | 2007-024A |
STS-117 foi unha misión dotransbordador espacial Atlantis lanzada o8 de xuño de2007 desde a rampla 39A doCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-117, con seteastronautas a bordo, foi a última misión de importancia na construción daEstación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandanteRick Sturckow, o pilotoLee Archambault e os especialistas de misiónPatrick Forrester,John Olivas,Clayton Anderson,Jim Reilly eSteven Swanson.[3][5][6][7]
O transbordador levou varias toneladas de subministracións e a tripulación instalou as vigas S3 e S4 cos seus correspondentespaneis solares. Tamén se montaron catro plataformas exteriores para experimentos. O voo fora programado inicialmente para outubro de 2003, pero debido á traxedia da misiónSTS-107 viuse atrasado.[3][5][6][7]
O transbordador volveu a terra nabase Edwards da Forza Aérea (California) debido a mal tempo en Cabo Cañaveral o 22 de xuño de 2007.[3][5][6][7]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-117 |