Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

STS-112

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-112
Lanzamento da misión STS-112
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento7 de outubro de 2002, 19:46GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión10,83 días[6]
Obxectivo da misiónMontaxe, reparación e aprovisionamento daEstación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso18 de outubro de 2002[6]
NSSDC ID2002-047A

STS-112 foi unha misión dotransbordador espacial Atlantis lanzada o7 de outubro de2002 desde a rampla 39B doCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar |editar a fonte]

STS-112, con seisastronautas a bordo (cinco americanos e un ruso), foi unha misión para continuar construíndo aEstación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandanteJeffrey Ashby, a pilotoPamela Melroy e os especialistas de misiónDavid Wolf,Piers Sellers,Sandra Magnus eFiodor Iurchikhin.[3][5][6][7]

O transbordador levaba a bordo a viga S1 (de 14 m e 13toneladas) para estender o mastro central e con parte do sistema de control térmico, incluíndo circuítos de arrefriamento conamoníaco e radiadores. Tamén levaba a plataforma CETA (Crew and Equipment Translation Aid) para o desprazamento de astronautas durante as actividades extravehiculares. A viga e a CETA foron instaladas durante tres paseos espaciais. Durante a misión tamén se reparou a cinta de exercicio da estación, se axustaron uns circuítos protectores na viga S1 e se substituíu un separador de humidade na esclusa Quest.[3][5][6][7]

O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 18 de outubro de 2002.[3][5][6]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed."STS 112"(en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  2. 12"Note verbale dated 11 December 2002 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General"(PDF) (02-60675(E)). 20 de decembro de 2002: 4. Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  3. 12345678NASA (21 de marzo de 2017)."STS 112"(en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010)."STS-112 / ISS-9A"(en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  5. 12345Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed."Shuttle"(en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  6. 12345678Mark Wade (2011)."STS-112"(en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  7. 12NASA (16 de febreiro de 2010)."STS-111"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 07 de xuño de 2018. Consultado o 30 de outubro de 2021. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:STS-112Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=STS-112&oldid=7061712»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp