STS-110 | |
---|---|
![]() Lanzamento da misión STS-110 | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 8 de abril de 2002, 20:44GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
Duración da misión | 10,82 días[6] |
Obxectivo da misión | Montaxe, reparación e aprovisionamento daEstación Espacial Internacional.[3][6] |
Regreso | 19 de abril de 2002[6] |
NSSDC ID | 2002-018A |
STS-110 foi unha misión dotransbordador espacial Atlantis lanzada o8 de abril de2002 desde a rampla 39B doCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-110, con seteastronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo aEstación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandanteMichael J. Bloomfield, o pilotoStephen N. Frick e os especialistas de misiónJerry L. Ross,Steven L. Smith,Ellen Ochoa,Lee M. E. Morin eRex J. Walheim. O voo marcou o sétimo voo de Ross, convertíndoo na persoa en voar máis veces ao espazo.[3][5][6][7]
O transbordador levaba a bordo a viga S0, que con 13 m de longo e 13,5toneladas de masa foi a primeira da estrutura principal (de 110 m de longo) que máis tarde soportaría ospaneis solares e osradiadores. Necesitáronse catropaseos espaciais para extraer a viga mediante o brazo robótico e instalala na estación. Durante a misión tamén se transferiron experimentos e subministracións entre o transbordador e a estación.[3][5][6][7]
O transbordador volveu a terra no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral,Florida, o 19 de abril de 2002.[3][5][6]
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-110![]() |