| STS-105 | |
|---|---|
Lanzamento da misión STS-105 | |
| Tipo | Tripulado |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 10 de agosto de 2001, 21:10GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
| Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
| Duración da misión | 11,88 días[6] |
| Obxectivo da misión | Montaxe, reparación e aprovisionamento daEstación Espacial Internacional.[3][6] |
| Regreso | 22 de agosto de 2001[6] |
| Sitio de regreso | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral,Florida[6] |
| NSSDC ID | 2001-035A |
STS-105 foi unha misión dotransbordador espacial Discovery lanzada o10 de agosto de2001 desde a rampla 39A doCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-105, con dezastronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo aEstación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandanteScott Horowitz, o pilotoRick Sturckow e os especialistas de misiónDaniel Barry ePatrick Forrester. Como carga levaba cincotoneladas de subministracións, equipamento diverso e un dormitorio para ser instalado no móduloDestiny e acomodar un terceiro astronauta. A tripulación instalou dos armarios levados no contedor Leonardo con experimentos científicos no seu interior. Leonardo, á súa vez, foi enchido de lixo e equipamento innecesario para ser levado a terra. Se instalou tamén a plataformaMISSE no exterior da estación para facer experimentos de materiais no baleiro do espazo. O transbordador acoplouse coa estación o 12 de agosto ás 18:42 GMT no portoPMA-2. Durante a misión tiveron lugar dúas actividades extravehiculares: na primeira, Forrester e Barry instalaron contedores conamoníaco para o sistema de refrixeración da estación e durante a segunda os mesmos astronautas instalaron a infraestrutura necesaria para acomodar a viga S0. O transbordador desacoplouse da estación o 20 de agosto ás 14:52 GMT, aterrando no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral,Florida, o 22 de agosto de 2001. Entre o desacoplamento da estación e a reentrada atmosférica liberou osatéliteSimplesat.[3][5][6][7]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-105 |