Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

SOS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación morse do sinal SOS.
O S.O.S. noRMS Titanic. O capitánEdward John Smith pide aJack Phillips que dea o sinal de auxilio para que os rescaten.
SOS en Código Morse

SOS

Problemas coa escoita deste ficheiro? Vexa apáxina de axuda.

SOS é osinal de socorro máis utilizado internacionalmente. Comezouse a utilizar a principios doséculo XX. Foi aprobada durante unha conferencia internacional enBerlín en1906 para substituír a utilizada ata entón “CQD” nas transmisións telegráficas enCódigo Morse.

Elixiuse esta representación debido a que podía ser radiada facilmente usando oCódigo Morse, cunha sucesión de tres pulsos curtos, tres longos e outros tres curtos ({\displaystyle \cdots ---\cdots }), tamén debido á sinxeleza da mesma é menos probable que se perda ou malinterprete por mor das interferencias. En realidade, nin sequera se trata de tres letras separadas (que deben transmitirse como tres pulsos curtos - pausa - tres longos - pausa - tres curtos) senón dun único código continuo.

Significado

[editar |editar a fonte]

Posteriormente asociaránselle significados para facilitar a súa memorización.

En inglés:

  • Save Our Souls: salven as nosas almas.
  • Save Our Ship: salven o noso barco.
  • Save or Sucumb: sálvennos ou morremos.

En latín:

  • Si Opus Sit: se fose necesario.

En galego:

  • Sálvenos ou Socórranos.
  • Socorro, Oh Socorro.
  • Socorro ou Sucumbo.
  • Sálvenos ou Sepúltenos.
  • Sálvenos ou Sufriremos.
  • Sobrevivir ou Subsistir.
  • Solicito Oportuno Socorro.
  • Salvamento ou socorrismo.
  • Sálvanos Oh Señor.

RMS Titanic

[editar |editar a fonte]

Habitualmente pénsase, equivocamente, que a primeira vez que se utilizou o sinal SOS foi no afundimento doRMS Titanic (o14 de abril de1912), pero algúns barcos europeos xa fixeron uso dela anteriormente.

O que si é certo é que o accidente do Titanic contribuíu enormemente a súa popularización e fixo que pasara a substituír por completo ao anterior código de socorro, oCQD (que significa:CopyQuality -Chamada Xeral-, eDistress -Problema-).

Commons ten máis contidos multimedia sobre:  SOS
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=SOS&oldid=5700095»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp