Este artigo contén variasligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor,mellora o artigo introducindonotas ao pé,citando as fontes.
Simple Mail Transfer Protocol (SMTP, Protocolo de Transferencia Simple de Correo) é o patrónde facto para envío decorreo electrónico a través deInternet.
SMTP é un protocolo relativamente simple, baseado en texto simple, en que se especifican un ou varios destinatarios dunha mensaxe (e, na maioría dos casos, validados), sendo despois a mensaxe transferida. É bastante fácil testar un servidor SMTP usando o programatelnet. Este protocolo corre sobre o porta 25 nunha redeTCP. A resoluciónDNS dun servidor SMTP dun dado dominio posibilítase pola entradaMX (Mail eXchange).
A utilización en masa do SMTP remonta aosanos 80. Na altura era un complemento aoUUCP que estaba mellor adecuado para transferencias decorreo electrónico entre máquinas sen ligazón permanente. Por outro lado, o desempeño do SMTP aumenta se as máquinas envolvidas, emisor e receptor, se atoparen ligadas permanentemente.
Dada a especificación inicial, que contemplaba apenas textoACII, este protocolo non é ideal para a transferencia de ficheiros. Algúnsestándars foron desenvolvidos para permitir a transferencia de ficheiros en formato binario a través de texto simple, como o caso doMIME. Hoxe en día case todos os servidores SMTP soportan a extensión 8BITMIME.
O SMTP é un protocolo de recepción apenas, i.e., non permite que un usuario descargue as mensaxes dun servidor. Para iso é necesario uncliente de correo electrónico que soportePOP3 ouIMAP, que é o caso da maioría dos clientes actuais.
Despois do estabelecemento dunhaconexión entre emisor (cliente) e receptor (servidor), o exemplo seguinte ilustra unha sesión SMTP. Na conversación seguinte, "C:" designa as mensaxes do cliente e "S:" as mensaxes do servidor. Na maioría dos computadores unhaconexión pode ser estabelecida usando o comandotelnet no emisor, por exemplo:
telnet www.example.com 25
que irá abrir unha ligazón SMTP entre a máquina cliente (emisor) e o servidor www.example.com.
S: 220 www.example.com ESMTP PostfixC: HELO mydomain.comS: 250 Hello mydomain.comC: MAIL FROM: sender@mydomain.comS: 250 OkC: RCPT TO: friend@example.comS: 250 OkC: DATAS: 354 End data with <CR><LF>.<CR><LF>C: Subject: test mesaxeC: From: sender@mydomain.comC: To: friend@example.comC:C: Hello,C: This is a test.C: Goodbye.C: .S: 250 Ok: queued as 12345C: quitS: 221 Bye
Aínda que opcional, practicamente todos os clientes pregúntanlle ao servidor cales extensións SMTP soporta, utilizando o comandoEHLO (en oposición aoHELO ilustrado enriba), e o corpo da mensaxe (a seguir aDATA) segue tipicamente en formatoMIME.
Unha das limitacións da especificación SMTP inicial é que non existe método de autenticación dos emisores. Como tal, foille engadida a extensiónSMTP-AUTH.
A pesar diso, ospamming continuaba a ser un problema. Alterar o SMTP extensivamente ou substituílo completamente non se torna práctico, debido á forte utilización do SMTP e aos efectos que de aí podían advir. OInternet Mail 2000 é unha proposta nese sentido.
É por esta razón que existen varias propostas para protocolos alternativos que irían asistir a operación SMTP. OGrupo de Investigación Anti-Spam doIRTF atópase a estudar varias propostas para se soportar a autenticación do emisor dunha forma flexíbel e escalábel. A proposta aparentemente máis sólida parece ser o protocoloSender Policy Framework.