| SMPlayer | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| Características | |||||||||
Formato de distribución | |||||||||
Versións 25.6.0versión estábel(8 de xuño de 2025) 21.10.0versión estábel(30 de outubro de 2021) 21.8.0versión estábel(16 de agosto de 2021) 23.12.0versión estábel(26 de decembro de 2023) 22.2.0versión estábel(28 de febreiro de 2022) 23.6.0versión estábel(30 de xuño de 2023) 22.7.0versión estábel(14 de xullo de 2022) 18.3.0versión estábel(21 de marzo de 2018) 24.5.0versión estábel(13 de maio de 2024) 18.2.2versión estábel(18 de febreiro de 2018) 18.9.0(15 de setembro de 2018) 18.1.0(10 de xaneiro de 2018) 17.12(21 de decembro de 2017) 17.11 17.10.2(16 de outubro de 2017) 18.2.0(24 de xaneiro de 2018) 18.6.0(24 de xuño de 2018) 21.1.0(10 de xaneiro de 2021) 20.4.2(14 de abril de 2020) 19.5.0(14 de maio de 2019) 20.6.0(19 de xuño de 2020) 19.10.2(7 de novembro de 2019) 20.4.0(9 de abril de 2020) 19.10.0(28 de outubro de 2019) | |||||||||
Licenza | |||||||||
Sistema operativo | |||||||||
Linguaxe de programación | |||||||||
Biblioteca de IU | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||
SMPlayer é unha interface gráfica moi completa doMPlayer. SMPlayer ésoftware libre, e está dispoñible para múltiples plataformas, habendo binarios paraLinux eWindows.
O SMPlayer está actualmente traducido a un bo número de linguas, entre elas ogalego, ocastelán, ofrancés, oitaliano, ochinés etc. A tradución ao galego correu a cargo de Miguel Branco, doProxecto Trasno.
As súas características van das máis básicas, como reproducir vídeos, DVDs e VCDs; a outras máis avanzadas coma o soporte para filtros do MPlayer e máis.
Entre outras, permite o cambio entre canles de son, usa-la roda do rato para moverse polos vídeos, axustar diversas opcións dos vídeos (brillo, contraste, saturación...), reproducir a distintas velocidades, aplicar diversos filtros, axustar en tempo real as canles de son e subtítulos (se non van acordes co vídeo), lista de reprodución -con opcións coma repetir e reproducir ao chou-, diálogo de preferencias para configurar o SMPlayer dun xeito doado.
Unha das características máis salientables é a súa capacidade para recordar a configuración de todos os ficheiros. É dicir, a reprodución dos ficheiros retómase no punto no que se deixara ao saír do programa, coa mesma canle de son e os mesmos subtítulos, o mesmo volume etc.
Os subtítulos pódense personalizar. Pódese elixir o tipo de letra, o tamaño e mesmo a cor. Destaca a súa capacidade, pouco frecuente nos reprodutores, de axustar os subtítulos en tempo real -para que vaian acordes co vídeo-. Ademais incorpora un sistema automático de busca de subtítulos a través do sitio webOpenSubtitles.