Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

S.S. Felice Scandone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sidigas Avellino
Información xeral
NomeSocietà Sportiva Felice Scandone
Fundación1948
Desaparición29 de xullo de2021
Cores            Branco,verde,laranxa
PresidenteItalia Gerardo Santoli (último)
PatrocinadorSidigas
Localización
CidadeItaliaAvellino,Italia
PavillónPalaDelMauro
Capacidade5 195
Inauguración1987
Campionatos
Copa1 (2008)
scandonebasket.it

ASocietà Sportiva Felice Scandone Basket Avellino foi un club profesional debaloncestoitaliano da cidade deAvellino, na rexión daCampania. En2019 o equipo renunciou á súa praza naLega Basket Serie A, a máxima competición do baloncesto italiano, por motivos económicos. Despois de competir na temporada 2020−21 da Serie B, terceira categoría do país, o equipo descende de categoría, decidindo non se inscribirse en ningunha competición para a seguinte temporada.[1] Fundado en1948, obtiveron o seu primeiro título no ano2008, cando gañaron a Coppa Italia tras vencer na final áVirtus Bologna por 73 a 67. Xogaba os seus encontros como local noPalasport Giacomo Del Mauro, un pavillón remodelado en2008 con capacidade para 5 100 espectadores.

Historia

[editar |editar a fonte]

O mellor resultado na historia do club é a terceira praza daSerie A italiana obtida na tempada2007-08 e que lle permitiu participar naEuroliga na tempada2008-09. O único título do club chegou no2008, ao gañar aCopa de Italia. En2019 debido a motivo económicos o Felice Scandone renuncia á súa praza na Serie A, sendo descendido en consecuencia á Serie B, terceira categoría italiana. Na temporada 2020−21, o equipo finaliza en 15º lugar, perdendo nas eliminatorias polo descenso a categoría. Após a finalización da temporada, o club decide non inscribirse en ningunha competición, facendo así oficial a desaparición da sociedade o29 de xullo de2021.[1]

Patrocinadores

[editar |editar a fonte]

Ao longo da súa historia o Felice Sandone de Avellino levou diferentes nomes por mor de motivos de patrocinio:[2]

  • Pasta Baronia Avellino (1996−1997)
  • Cirio Avellino (1997−1998)
  • Select Avellino (1998−1999)
  • Nicoloro Avellino (1999)
  • De Vizia Avellino (1999−2002)
  • A.IR. Avellino (2003−2011)
  • Sidigas Avellino (2011−2019)

Palmarés

[editar |editar a fonte]

Títulos nacionais

[editar |editar a fonte]
  • Copa de Italia
    • Campións (1): 2008

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1"SS Felice Scandone Avellino, arriva il fallimento" [SS Felice Scandone Avellino, chega a quebra].Sportando(en italiano). 29 de xullo de 2021. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  2. "Lega A Basket historia do S.S. Felice Scandone". Arquivado dendeo orixinal o 29 de maio de 2011. Consultado o 07 de xuño de 2010. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=S.S._Felice_Scandone&oldid=6471352»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp