Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Síndrome de Estocolmo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antiga sede doKreditbanken en Norrmalmstorg, Estocolmo

Síndrome de Estocolmo é o nome que adoita darse a un estadopsicolóxico particular en que unha persoa, sometida a un período prolongado de intimidación, comeza a ter simpatía e mesmoamor ouamizade polo seu agresor.[1] Á vez, os propios secuestradores amosan sentimentos positivos cara aos reféns.[2][3][4] Desde o punto de vistapsicanalítico, as persoas que poden desenvolver ao longo de experiencias infantís cos membros da súa familia ou coidadores, algún trazo de caráctersádico oumasoquista implícito na súapersonalidade, poden, en determinadas circunstancias de abuso, desenvolver sentimentos de afecto e apego dirixidos a agresores,secuestradores ou calquera perfil que se axuste á imaxe xeral correspondente a esta síndrome. Tamén existe a posibilidade, amplamente considerada, de que para algunhas persoas vítimas de acoso similar, poidan desenvolver algún mecanismo de defensa inconsciente irracional, nun intento de proxectar sentimentos afectivos na figura do secuestrador ou agresor que poden "suavizar" ou tratar de "negociar" algún tipo de acordo entre a relación vítima/agresor nun intento de reducir a tensión entre as entidades implicadas.

En xeral, estes procesos psíquicos inconscientes e a súa relación entre vítima/agresor pódense entender perfectamente nunha ampla gama de contextos onde se repite a situación do agresor e dos maltratados. Mesmo no caso das mulleres que sofren agresións por parte dos seus cónxuxes e, aínda que a miúdo teñen recursos legais e apoio familiar para abandonar o agresor, persisten vivindo baixo un ambiente de medo.

Cómpre sinalar que a síndrome de Estocolmo non está recoñecida nalgún dos manuais máis importantes da psiquiatría, como oDiagnostic and Statistical Manual, polo que esta síndrome entraría na categoría de efecto postraumático.[5]

Nome

[editar |editar a fonte]

Esta síndrome leva o nome do famosoasalto de Norrmalmstorg[6] no Korritbanken deNorrmalmstorg,Estocolmo, que durou do 23 ao 28 de agosto de 1973. Nese caso, as vítimas continuaron a defender os seus secuestradores mesmo despois de seis días de prisión física e mostraron un comportamento reticente nos procesos xudiciais posteriores. A expresión foi cuñada polo criminalista e psicólogoNils Bejerot, que axudou a policía durante o asalto e se referiu á síndrome durante un informe. Foi entón adoptado por moitos psicólogos de todo o mundo.

Explicación

[editar |editar a fonte]

A síndrome está relacionado coacaptura da noiva e temas similares daantropoloxía cultural. Nun principio, as vítimas comezan a identificarse emocionalmente cos secuestradores a través de represalias e/ouviolencia. Os pequenos xestos suaves dos secuestradores a miúdo amplifícanse porque o refén non pode ter unha visión clara da realidade e do perigo nestas circunstancias. Por esta razón, os intentos de liberación son vistos como unha ameaza. É importante ter en conta que os síntomas son o resultado dunestrés físico e emocional extremo. O complexo e dubidoso comportamento de afecto e odio simultáneo cara aos secuestradores considérase unha estratexia de supervivencia por parte das vítimas.

Cómpre considerar que o proceso de síndrome prodúcese sen que a vítima teña coñecemento diso. A mente fabrica unha estratexia ilusoria para protexer apsique da vítima. A identificación afectiva e emocional co secuestrador ten lugar para proporcionar unha retirada emocional da perigosa e violenta realidade á que está a ser sometida a persoa. Non obstante, a vítima non se esquece totalmente da súa propia situación, parte da súa mente permanece alerta ante o perigo e isto é o que fai que a maioría das vítimas intenten escapar do secuestrador nalgún momento, mesmo en casos de catividade prolongada.

Non todas as vítimas desenvolven untrauma despois de que a situación remate.

Historia

[editar |editar a fonte]
Patricia Hearst durante o atraco protagonizado poloSLA no Banco Hibernia

O 23 de agosto de 1973, Jan-Erik "Janne" Olsson intentou asaltar un Kreditbanke deEstocolmo. Tras verse acurralado tomou como reféns catro empregados do banco, tres mullleres e un home. Entre as súas esixencias estaba que lle levasen a Clark Olofsson, un criminal que nese momento cumpría unha condena. A pesar das ameazas contra a súa vida, mesmo cando foron obrigados a poñerse de pé con sogas arredor dos seus pescozos, os reféns acabaron protexendo o raptor para evitar que fose atacado pola policía.[7][3] Durante o seu cativerio, unha dasreféns afirmou: «Non me asusta Clark nin o seu compañeiro; asústame apolicía». E trala súa liberación, Kristin Enmark, outra das refénse declarou: «Confío plenamente nel, viaxaría por todo o mundo con el».[8] Opsiquiatra Nils Bejerot, asesor da policía sueca durante o asalto, cuñou a expresión «síndrome de Estocolmo» para referirse á reacción dos reféns ante o seu cativerio.[8][3]

Un ano despois, en febreiro de 1974,Patty Hearst, neta do magnateWilliam Randolph Hearst, foi secuestrada poloExército Simbionés de Liberación. Dous meses despois da súa liberación, ela uniuse aos seus captores, axudándoos a realizar o asalto a un banco. Este caso deulle popularidade á expresión «síndrome de Estocolmo», ao intentar ser usada pola defensa durante o xuízo; non foi aceptado polo tribunal e Hearst foi condenada polo atraco.[8][3] A súa condena de sete anos de prisión foi conmutada posteriormente, e finalmente foi indultada polo presidenteBill Clinton, que indicou que ela non estaba a actuar pola súa propia vontade.[9]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Crime que originou “Síndrome de Estocolmo” completa 40 anos | EXAME".exame.abril.com.br(enportugués). Consultado o2017-08-07. 
  2. de Fabrique, Nathalie; Romano, Stephen J.; Vecchi, Gregory M.; van Hasselt, Vincent B. (xullo de 2007)."Understanding Stockholm Syndrome"(PDF).FBI Law Enforcement Bulletin(eninglés) (Law Enforcement Communication Unit)76 (7): 10–15.ISSN 0014-5688. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 23 de novembro de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  3. 3,03,13,23,3"La controvertida y sorprendente historia del síndrome de Estocolmo".BBC News. 20 de febreiro de 2021. 
  4. "Síndrome de Estocolmo: Causas, síntomas y ejemplos".Heathline. 14 de marzo de 2024. 
  5. "Captor vs. cautivo, 40 años del Síndrome de Estocolmo".BBC(encastelán). 23 de agosto de 2013. Consultado o 15 de xuño de 2018. 
  6. Sherwood, Jody (5 de maio de 2006)."'Stockholm Syndrome' robber turned away by police".The Local(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 2013-07-31. Consultado o 25 de abril de 2013. 
  7. «The six day war»Arquivado 05 de maio de 2008 enWayback Machine., artigo de Nils Bejerot, enStockholm New Scientist, volume 61, número 886, páx. 486-487, 1974(eninglés).
  8. 8,08,18,2"Síndrome de Estocolmo: 40 años del secuestro que le dio origen"(encastelán). Los Ángeles press. 2013. Consultado o 30 de agosto de 2013. 
  9. Adorjan, Michael; Christensen, Tony; Kelly, Benjamin; Pawluch, Dorothy (2012). "Stockholm Syndrome As Vernacular Resource".The Sociological Quarterly(eninglés)53 (3): 454–74.ISSN 0038-0253.JSTOR 41679728.doi:10.1111/j.1533-8525.2012.01241.x. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Síndrome_de_Estocolmo&oldid=6676117»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp