Ginsburg mantivo unha alta popularidade nos Estados Unidos. Icona dacultura pop, recibiu o alcume de "Notorious R.B.G." e estaba considerada como un símbolo da resistencia pública e da xustiza.[1]
Naceu en Brooklyn no seo dunha modesta familiaxudía. A súa nai, Celia, que a impulsou aos libros e ao estudo, morreu o día en que Ruth tiña que graduarse no instituto. Estudou cunha bolsa naUniversidade de Cornell na década de 1950. Coñeceu entón ao que foi o seu marido, e foron xuntos a estudar a dereito áUniversidade Harvard.[2]
En 1972 fundou a sección de dereitos da muller na Unión Estadounidense polas Liberdades Civís dende onde iniciou a batalla legal pola igualdade entre homes e mulleres. Liderou seis dos principais casos ante a Corte Suprema dos Estados Unidos, dos que gañou cinco. En 1971 o tribunal ditaminou por primeira vez que tratar unha muller de xeito diferente a un home violaba aConstitución e era ilegal. Foi coñecido como o casoReed v. Reed.[2]
Comezou a súa carreira xudicial en 1980 cando o presidenteJimmy Carter a nomeou xuíza do Tribunal de Apelacións doDistrito de Columbia, onde pasou trece anos. En 1993, o presidenteBill Clinton nomeouna xuíza doTribunal Supremo tralo retiro do xuíz asociadoByron White. OSenado confirmou o seu nomeamento cunha votación de 96-3. Converteuse entón na segunda muller na historia (trasSandra Day O'Connor) en servir neste alto órgano xudicial.
Ginsburg foi unha das principais voces da á liberal do Tribunal Supremo. Durante os seus anos no Tribunal, Ginsburg votou a favor dodereito ao aborto e da citación dedereito internacional nas opinións da Corte. Ademais, votou en contra dapena de morte e a favor dos dereitos doshomosexuais.[3]
En novembro de 2018, aos 85 foi hospitalizada despois dunha caída. A súa dimisión do supremo por razóns de saúde abriría a porta a que o presidenteDonald Trump nomease un xuíz ultraconservador, escorando a Corte Suprema durante décadas.[2] Ginsburg faleceu por complicacións dun cancro de páncreas o 18 de setembro de 2020.[4][5] Consciente da súa morte inminente e das eleccións presidenciais que terían lugar en menos de dous meses, ditou unha nota á súa neta: "O meu máis fervente desexo é non ser substituída ata que haxa un novo presidente".[6][7]
Cartel que mostra a Ginsburg como "the Notorious R.B.G." semellante ao rapeiro estadounidenseThe Notorious B.I.G., 2018.
Ginsburg foi cualificada como "icona da cultura pop".[8][9][10] O perfil de Ginsburg comezou a crecer tralo retiro de O'Connor en 2006, que a deixou como a única muller no tribunal.
As súas alegacións cada vez máis apaixonadas, particularmente enShelby County v. Holder levaron á creación de Notorious R.B.G.Tumblr e dememes comparándoa co rapeiroThe Notorious B.I.G.[11] A creadora de Notorious R.B.G. Tumblr, a estón estudante de dereitoShana Knizhnik, uniuse á reporteira de MSNBCIrin Carmon para converter o blog nun libro tituladoNotorious RBG: The Life and Times of Ruth Bader Ginsburg.[12] Editado en outubro de 2015, converteuse nun best-séller deThe New York Times.[13] Ademais, Ginsburg inspirou arte das uñas, disfraces de Halloween, unha boneca, tatuaxes, camisetas, cuncas de café e libros de colorear para nenos, entre outros obxectos.[12][14][15][16] O músicoJonathan Mann fixo unha canción empregando parte da súa disertación enBurwell v. Hobby Lobby Stores, Inc..[17] Ginsburg admitiu que ten unha "gran cantidade" de camisetas de Notorious R.B.G., que distribúe como regalos.[18]
Dende 2015, Ginsburg foi interpretada porKate McKinnon enSaturday Night Live.[19] Os cineastas Betsy West e Julie Cohen realizaron un documental sobre Ginsburg, tituladoRBG, paraCNN Films, que foi estrado nofestival de Sundance de 2018 e recibiu dúas candidaturas aosOscar.[20] No filmeDeadpool 2 (2018), móstrase unha fotografía dela candoDeadpool a ten en conta para a súaX-Force, equipo de superheroes.[21] Outro filme,Unha cuestión de xénero, que se centra na carreira de Ginsburg loitando pola igualdade de dereitos, foi estreado a finais de 2018. O guión estivo na lista negra dos mellores guións sen producir en 2014.[22] A actrizFelicity Jones interpreta a Ginsburg eArmie Hammer ao seu marido Marty.[23] A propia Ginsburg ten unha aparición no filme.[24] A sétima temporada da sitcomNew Girl inclúe unha personaxe chamada Ruth Bader Schmidt por Ginsburg.[25] Unha figura deLego de Ginsburg aparece enThe Lego Movie 2. Ginsburg deu a súa autorización para o cameo e para a produción da figura como parte dos conxuntos de xoguetes de Lego trala estrea en febreiro de 2019.[26]
Campbell, Amy Leigh, and Ruth Bader Ginsburg.Raising the Bar: Ruth Bader Ginsburg and the ACLU Women's Rights Project. Princeton, NJ: Xlibris Corporation, 2003.ISBN978-1413427417OCLC56980906
Moritz College of Law. 2009. "The Jurisprudence of Justice Ruth Bader Ginsburg: A Discussion of Fifteen Years on the U.S. Supreme Court: Symposium".Ohio State Law Journal. 70, no. 4: 797–1126.ISSN0048-1572OCLC676694369