Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ruhr

Coord.:51°30′N7°30′L / 51.5,7.5
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRuhr
Imaxe

EpónimoRío RuhrEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 51°30′N7°30′L / 51.5,7.5
EstadoAlemaña
Estado federadoRenania do Norte-Westfalia - Nordrhein-WestfalenEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.152.152(2023)Editar o valor en Wikidata (1.161,7hab./km²)
Xeografía
Superficie4.435 km²Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Evento clave
PIB nominal136.000.000.000 € (2007)Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Sitio webmetropoleruhr.deEditar o valor en Wikidata

ORuhr, tamén coñecida comoÁrea do Ruhr, ás vecesDistrito do Ruhr,Rexión do Ruhr ouVal do Ruhr, é unha área urbana policéntrica deRenania do Norte-Westfalia,Alemaña. Cunha densidade de poboación de 1.160/km2 e unha poboación de máis de 5 millóns (2017),[1] é a área urbana máis grande de Alemaña e a terceira daUnión Europea. Consta de varias grandes cidades bordeadas polos ríosRuhr ao sur,Rin ao oeste eLippe ao norte. Considérase parte darexión metropolitana Rin-Ruhr, de máis de 10 millóns de persoas, que é a terceira máis grande deEuropa Occidental, só por detrás deLondres eParís.

As cidades do Ruhr son, de oeste a leste:Duisburgo,Oberhausen,Bottrop,Mülheim an der Ruhr,Essen,Gelsenkirchen,Bochum,Herne,Hagen,Dortmund,Hamm e os distritos deWesel,Recklinghausen,Unna eEnnepe-Kreis. As cidades máis poboadas son Dortmund (cunha poboación aproximada de 612 065),[2] Essen (uns 583 000) e Duisburgo (uns 497 000).

NaIdade Media, aHellweg era unha importante ruta comercial dende a rexión doBaixo Rin ata as montañas dobosque de Teutoburgo. As cidades máis importantes da rexión, dende Duisburg ata a cidade imperial de Dortmund, concentrábanse ao longo da Hellweg dendeRenania ataWestfalia. Dende oséculo XIX, estas cidades creceron xuntas nun gran complexo cunha vasta paisaxe industrial, habitada por uns 7,3 millóns de persoas (incluíndoDüsseldorf eWuppertal, grandes cidades que están preto pero que oficialmente non forman parte da rexión do Ruhr).

A rexión do Ruhr non ten centro administrativo; cada cidade da zona ten a súa propia administración, aínda que existe unha institución supracomunitaria daAsociación Rexional do Ruhr  en Essen.[3] En2010, a rexión do Ruhr foi unha dasCapitais Europeas da Cultura.[4][5]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Ruhr, Regionalverband (2018-01-09)."Zensus 2011".www.metropoleruhr.de(enalemán). Consultado o 2018. 
  2. "Bevölkerung in Zahlen 2023".statistikportal.dortmund.de. Consultado o 2024. 
  3. "Ruhr Regional Association".rvr.ruhr. Consultado o 2023. 
  4. "REPORT FROM THE COMMISSION Ex Post evaluation of the 2010 European Capitals of Culture (Essen for the Ruhr, Pécs, Istanbul)"(eninglés). 2011. Consultado o2025-07-24. 
  5. "Home: RUHR.2010".essen-fuer-das-ruhrgebiet.ruhr2010.de. Arquivado dendeo orixinal o 2009. Consultado o 2019. 
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ruhr&oldid=7134023»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp