Hedera colchica hedra a gabear polo toro dunha árbore.Ungabián, co que moitas rubideiras se aganchanRubideira a agatuñar por unha escada de aceiro
Para a especie da familia dos cértidosCerthia brachydactyla coñecida vulgarmente tamén comorubideira, véxasesubidor.
Unhaplanta rubideira ouplanta gateadora é aquela que medra suxeitándose nun soporte, ben enrolándose, ben a través de órganos fixadores especiais. As rubideiras non se manteñen erguidas por si mesmas, necesitando doutra planta, un muro, un penedo, unhaparra, unespaller, unhapérgola, unha rede etc. Para iso poden utilizarórganos comogabiáns,raíces adventicias etc. ou se enrodelan arredor do soporte, chamándose logoplantas volúbeis. Certas rubideiras non necesitan dun apoio, e poden estenderse polochan sen problema ningún. As plantas gateadoras poden chegar a secar outras plantas ouárbores, se non se poidan, pola competencia deluzsolar. Porén non poden ser consideradas plantasparasitas, xa que só procuran un soporte para recibir máis luz; ou ben, para buscar o lugar perfecto para o seu desenvolvemento.
Un exemplo deste tipo de plantas, é afabeira (Vicia faba) que debe o seu rápido crecemento ao feito de gabear por soportes ou outras plantas, e deste xeito evistar o desenvolvemento duntalo leñoso; Outro exemplo son assandías (Citrullus lanatus) e mailascabaceiras (Cucurbita spp) que son extensas gateadoras que adoitan estarricarse por chan, por mor do gran peso dos seusfroitos.
As plantas rubideiras acostuman medrar axiña, e algunhas desenvolven talos leñosos despois de se enrolar, como avideira (Vitis vinifera) ou aglicinia (Wisteria sinensis). Pola contra, a meirande parte das gatuñantes sonherbáceas.
Ademais de multitude de variedades dehedras, pasifloras ou flores da paixón (Passiflora spp) e chuchameles (Lonicera spp), nos xardíns galegos salientan: