| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 7 de marzo de 1977 San Diego, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Educación | University College Cork | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 183 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 83 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | xogador de rugby, adestrador de rugby a 15 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1997 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Compañeiro profesional | Peter Stringer | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Illa de Irlanda | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | rugby a 15 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Fly-half(en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ronan John Ross O'Gara,nado o7 de marzo de1977 enSan Diego (California), é un xogador derugbyirlandés que xoga no posto de apertura noMunster Rugby e naSelección de rugby de Irlanda. É o máximo anotador da historia de Munster e Irlanda, tamén xogou cosBritish and Irish Lions.
Ronan O'Gara naceu enSan Diego, onde seu pai Fergal traballaba como mestre demicrobioloxía, e que foi tamén xogador do equipo da UCG enConnacht. Estudou noPresentation Brothers College deCork e gañou unha medalla daJunior Cup en1992 e outra naSenior Cup en1995. Xogou noUCC e gañou unha medalla doAll-Ireland Under-20 en1996.
A conversión de Ronan O'Gara no último minuto fronte aGloucester o18 de xaneiro de2003 axudou aMunster a gañar por 27 puntos que lle serviu para clasificarse para os cuartos de final daHeineken Cup; este partido é coñecido polos seareiros do Munster como oMiracle Match (partido do milagre).
Xogou no equipo de Munster que gañou o título daHeineken Cup 2006. O20 de maio de2006, O'Gara pateou 13 puntos na histórica final do equipo irlandés que supuxo o seu primeiro título daHeineken Cup anteBiarritz Olympique noMillennium Stadium deCardiff.[1]
O21 de outubro de2006, O'Gara tirou un penalty no último minuto que lle deu a vitoria a Munster por 21-19 anteLeicester Tigers na primeira volta da fase de grupos da Heineken Cup enWelford Road.
Formou parte do equipo de Munster que gañou aHeineken Cup 2008.[2] O19 de xaneiro do2008, O'Gara liderou a Munster na súa vitoria fronte aosLondon Wasps no seu partido final da fase de grupos da Heineken Cup 2008, pasando a cuartos de final como primeiro do seu grupo (6º do total de clasificados), o que supuxo a súa presenza nos cuartos de final por décima tempada consecutiva. O24 de maio de2008, O'Gara gañou a súa segunda medalla de campión daHeineken Cup ao anotar 11 puntos na final contra oStade Toulousain, novamente noMillennium Stadium deCardiff por 16-13.
O'Gara anotou un penalty na vitoria fronte aoUS Montauban no primeiro partido daHeineken Cup 2008-09, e o primeiro partido da Heineken Cup no novoThomond Park.[3] O13 de decembro de2008, O'Gara converteuse no primeiro e único xogador en superar os 1000 puntos naHeineken Cup cando anotou a conversión fronte aoClermont Auvergne e pasar de 999 puntos a 1001.
Polas súas calidades tácticas é considerado un dos mellores aperturas do mundo. A súa defensa e o seu individualismo foron cuestionados no pasado. O3 de febreiro do2009 bateu o récord de puntos totais da Heineken Cup (1017) en 81 partidos. Tamén bateu o récord de tiros a paus con 359. Converteuse no máximo anotador do Munster, anotando 1725 puntos ata o3 de febreiro de2009.
Foi seleccionado por primeira vez para un partido doSeis Nacións enfebreiro do2000 nun partido que enfrontou aIrlanda e aEscocia. O'Gara anotou tódolos puntos de Irlanda na súa vitoria 18-9 fronte aAustralia enLansdowne Road nosAutumn Tests do2002. Formou parte do equipo nacional irlandés naCopa do Mundo de Rugby 2003.
O'Gara anotou tódolos puntos de Irlanda na súa vitoria por 17-12 fronte aosSpringboks enLansdowne Road o13 de novembro do2004. Dúas semanas despois pateou un drop no último minuto que lle deu a vitoria aIrlanda fronte aArxentina por 21-19. Como no test fronte aos Springboks, O'Gara anotou tódolos puntos de Irlanda. Foi nomeadoman-of-the-match nos dous partidos e no2004 foi nomeado deportista do ano polaRTE.
No2006 O'Gara superou como máximo anotador deIrlanda aDavid Humphreys. Esa mesma tempada gañou con Irlanda aTripla Coroa noSeis Nacións 2006.
O11 de febreiro do2007, O'Gara anotou os primeiros puntos no primeiro ensaio internacional enCroke Park na derrota fronte aFrancia noSeis Nacións 2006. O10 de marzo de2007, O'Gara volveu anotar tódolos puntos de Irlanda na vitoria fronte aEscocia por 19-18 enMurrayfield,Edimburgo, que supuxo a consecución daTripla Coroa. Formou parte do equipo de Irlanda naCopa do Mundo de Rugby 2007.
O9 de febreiro de2008 converteuse no oitavo xogador na historia que superou os 800 puntos, superando a marca na derrota deIrlanda fronte aFrancia noSeis Nacións. O11 de marzo de2008 foi nomeado capitán da súa selección por primeira vez na súa carreira, liderando o equipo noSeis Nacións fronte aInglaterra enTwickenham.
O14 de marzo de2009 superou aJohnny Wilkinson e converteuse no máximo anotador doTorneo das Seis Nacións. No2009 anotou un drop para vencer aGales que supuxo ademais a consecución do primeiroGrand Slam en 61 anos paraIrlanda.[4] Esa foi a cuartaTripla Coroa que conseguiu coa súa selección.
Ronan O'Gara é tamén o sexto máximo anotador na historia do rugby internacional, e o14 de marzo do2009 converteuse no máximo anotador de tódolos tempos doSeis Nacións, anotando un penalti fronte aEscocia na vitoria do equipo irlandés por 15-22 enMurrayfield Stadium.[5].
Foi convocado nas xiras dosBritish and Irish Lions de2001 enAustralia e2005 enNova Zelandia, mais non xogou en ningún dos partidos desas xiras.[6]
O21 de abril do2009 foi convocado polosBritish and Irish Lions para a súa xira dese mesmo ano porSuráfrica.[7] O30 de maio do2009, O'Gara anotou 22 puntos incluído un ensaio no partido inaugural da xira dos Lions enSuráfrica fronte aoRoyal XV.
No2008 publicou"Ronan O'Gara: My Autobiography". Foi escrita en colaboración con Denis Walsh, da edición irlandesa doThe Sunday Times.