Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Romeu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Romeu
Salvia rosmarinus
Fridolin Karl Leopold Spenner1835Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Sinónimo substituído
 Taxon superior
 Nome curto
S. rosmarinusEditar o valor en Wikidata
Características
 Rusticidade da planta
 Tipo de follaxe
 Área de distribución
Clasificación taxonómica
ReinoPlantae
DivisiónMagnoliophyta
ClaseMagnoliopsida
SubclaseAsteridae
OrdeLamiales
FamiliaLamiaceae
SubfamiliaNepetoideae
TriboMentheae
SubtriboSalviinae
XéneroRosmarinus
EspecieR. officinalis
Identificadores
UNIIEA3289138MEditar o valor en Wikidata
OTT778824Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons
Rosmarinus officinalis

Oromeu (Rosmarinus officinalis),[1] tamén chamadoalecrín[2], é un arbusto que habita na rexión mediterránea daEuropa meridional, Norte de África e tamén, na Asia menor. EnEspaña, áchase na maior parte deCataluña, ata osPireneos enAragón eNavarra,Castela-A Mancha,Murcia,Estremadura, e nas zonas montañosas daComunidade Valenciana,Andalucía e nasIllas Baleares. En estado silvestre é pouco común naGaliza e no norte daPenínsula Ibérica.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

Rosmarinus semella derivar das palabraslatinas "Ros" (=Resío) e "Marinus", por ser unha especie que adoita estar nas zonas costeiras; ou ben dos vocábulosgregos "Rhops" (=Mato) e "Myrinos" (=recendente).

A palabraofficinal refírese ó seu uso como planta medicinal, do latínofficina (depósito ou obradoiro).

Ecoloxía

[editar |editar a fonte]

O romeu críase en todo tipo desolos, preferibelmente naqueles áridos, secos e algo areoso e permeábeis, adaptándose moi ben ós solos pobres.

A planta medra en zonaslitorais e demontaña baixa (ladeiras), dende a costa ata os 1500 metros de altitude. A máis altura, dá un menor rendemento na produción deaceite esencial. Forma parte das matogueiras que se desenvolven nas zonas secas e soleadas deaciñeiras: zonas degradadas poladeforestación ou a queima e nas ladeiras pedregosas e erosionadas. Florece dúas veces ao ano, unha na primavera e outra no outono.

Descrición

[editar |editar a fonte]
Póla de romeu

O romeu é un mato leñoso de follas perennes e moi ramificado, pode chegar a acadar os 2 metros de altura. Atopámolo de corverde todo o ano, con talos novos borrosos (aínda que a borra se perde ao medrar) e talos anellos de cor vermella e cunha codia fendida.

Follas

[editar |editar a fonte]
Follas de romeu
Follas de romeu secas

As follas do romeu son pequenas e moi abondosas, presentan forma lineal. Son opostas, sensíbeis, enteiras, e cuns bordeis cara a abaixo e cunha cor verde escura, mentres que polo seu reverso teñen unha cor abrancazada e están cubertas de pelo. Na zona de unión da folla co talo nacen os ramalletes floríferos.

Flores

[editar |editar a fonte]

As flores son duns 5 mm de longo. A súa corola é bilabiada e posúe unha soa peza. A súa cor éazul,violeta pálido,rosa oubranco, co cáliz verde ou algovermello, tamén bilabiado e con forma de campá. As súas flores axilares, moi aromáticas e melíferas, atópanse en riba das pólas, estas posúen dous estames encorvados que están soldados á corola e teñen un pequeno dente.

Froito

[editar |editar a fonte]

O seu froito, pechado no fondo do cáliz , está formado por catro pequenas noces trasovadas, en tetraquenio, dunha cor parda.

Mata de romeu florecida.
Talo da variedade 'Irene'

Variedades

[editar |editar a fonte]

Existe outro romeu moito máis escaso no sur e no sueste da península, e na zona subcosteira das provincias deAlmería eGranada, oRosmarinus eriocalix que vive tamén no norte deÁfrica, diferénciase doadamente polas súas inflorescencias densamente cubertas de longos cabelos glandulares e as súas curtas follas; este ten dúas variedades, unha con follas verdes e outra con follas pelos (Rosmarinus tomentosus), a cal se considerasubespecie da anterior.

Reprodución

[editar |editar a fonte]

Permite a súa reprodución por gallos, isto é, a partir dun anaco de talo, folla (reprodución asexual) (en xullo ou agosto) ou pola súa sementeira a comezos da primavera (reprodución sexual).

Composición química

[editar |editar a fonte]

Coidados no xardín

[editar |editar a fonte]

A planta do romeu pode chegar a acadar unha altura de ata 2 metros, polo que é necesario podalo con frecuencia. A planta permite o seu cultivo tanto no interior como no exterior. Non sofre nin enfermidades oupragas.

O seu rego debe ser reducido en período de crecemento. Debe estar en sitios soleados máis protexido dovento. Aguanta temperaturas inferiores ós -10 °C.

Aplicacións terapéuticas e farmacolóxicas

[editar |editar a fonte]

Do romeu empréganse sobre todo as súas follas, e en ocasións, as flores. O romeu é unha planta rica en principios activos.

Co aceite esencial que se extrae directamente das súas follas, prepárase alcol de romeu, o cal se emprega para previr as úlceras. Tamén se emprega para tratar dores reumáticas e lumbalxias. Emprégase en friccións como estimulante do coiro capilar (alopecia).

A infusión das follas de romeu calma atose e é boa para o fígado e para atallar os espasmos intestinais. Debe tomarse antes ou despois das comidas. O fume do romeu serve como tratamento para aasma. O alcanfor de romeu ten efecto hipertensor (sobe atensión) e tonifica a circulación sanguínea.

Polas súas propiedades antisépticas, pódese aplicar por decocción sobre chagas e feridas como cicatrizante.

Precaucións

[editar |editar a fonte]

Debe evitarse durante o embarazo e a lactación, e non convén a persoas congastrite aguda, úlcera gastroduodenal,hepatopatía,epilepsia e aenfermidade de Parkinson.

Efectos secundarios

[editar |editar a fonte]

O aceite esencial pode causar cefalea, espasmos musculares egastroenterite. A doses altas, o aceite pode dar lugar a convulsións, irritación renal e causar o aborto en caso de embarazo. Non debe aplicarse aceite esencia sobre feridas ou mucosas.

Etnografía

[editar |editar a fonte]

O romeu tiña múltiples usos medicinais na Galiza rural. Empregábase moito para a reuma, a artrite, trastornos do sistema circulatorio, depresión, dores de gorxa etc.

Ademais atribuíanselle propiedades máxicas, por iso é unha dassete herbas máxicas de San Xoán. O romeu é a herba que protexe e purifica os fogares galegos por excelencia, pois elimina os malos espíritos a noite de San Xoán[3].

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras pararomeu.
  2. E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia.
    X. L. Franco Grande (1972): Diccionario galego-castelán, 2ª ed., Galaxia, Vigo.
    Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo.
  3. Ríos galegos -http://www.rios-galegos.com/plan62.htm

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Romeu
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Romeu&oldid=7242321»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp