Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Romanía

Coord.:46°N25°L / 46,25
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRomanía
România (ro)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoDeșteaptă-te, române!Editar o valor en Wikidata

EpónimoRoma AntigaEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 46°N25°L / 46,25
CapitalBucarestEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación19.053.815(2022)Editar o valor en Wikidata (79,92hab./km²)
Lingua oficiallingua romanesaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie238.397 km²Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Moldoveanu (2.544 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar Negro (0 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación24 de xaneiro de 1859(Xuliano)Editar o valor en Wikidata
Evento clave
24 de xaneiro de 1859(Xuliano)Unificación de Valaquia e Moldavia
10 de maio de 1877(Xuliano)Guerra ruso-turca
13 de xullo de 1878Tratado de Berlín de 1878
1 de decembro de 1918Unión de Transilvania con Romanía
22 de decembro de 1989Revolución romanesa de 1989Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoRepública semipresidencialista(1989–)Editar o valor en Wikidata
• PresidenteEditar o valor en WikidataNicușor Dan(2025–)Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoberno de RomaníaEditar o valor en Wikidata
• Primeiro ministroEditar o valor en WikidataIlie Bolojan(2025–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento de Romanía ,(Escano: 466)Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal285.404.683.025 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
MoedaLeu romanésEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.roEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+40Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112Editar o valor en Wikidata
Código de paísROEditar o valor en Wikidata
Código NUTSROEditar o valor en Wikidata

BNE: XX4575363

Romanía (enromanésRomânia[romɨˈni.a] (AFI)Ro-România.oggescoitar) é un país situado ao sueste deEuropa central. Limita ao norte e leste porUcraína, ao leste porMoldova, ao sur porBulgaria e ao oeste porSerbia eHungría. Posúe ademais unha pequena costa marítima noMar Negro.

Membro daOTAN dende o29 de marzo de2004 e daUnión Europea dende o1 de xaneiro de2007, e o sétimo país máis poboado desta última e o noveno segundo a superficie. A cidade deBucarest, á beira dorío Dâmbovița é unha das súas maiores atraccións turísticas, ademais de ser a capital e a cidade maior do país. A cidade deSibiu foi designada comocapital europea da cultura no ano2007, xunto conLuxemburgo.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O nome Romanía (enromanés:România) ven doromanésromân, palabra que deriva dolatínRomanus (Romano). Este feito de que os romaneses se chamen a si mesmos un derivado deromanus está documentado dende comezos doséculo XVI por moitos autores, incluídos humanistasitalianos en viaxes porTransilvania,Moldova eValaquia.[1][2][3][4] O documento máis antigo escrito en lingua romanesa é unha carta datada en1521 coñecida como "Carta de Neacşu desde Câmpulung",[5] ademais este documento é notable xa que é o primeiro no que figura a palabra "romanés" nun texto nesa lingua, sendo chamada Valaquia a Terra Romanesa (Ţeara Rumânească).

Nos seguintes séculos os documentos romaneses usaban indiferentemente dúas formas,român erumân como xentilicio do país.[6] Evolucións sociolingüísticas no final doséculo XVII levaron a un proceso de diferenciación semántica, a forma "rumân", presumiblemente usual entre as clases máis baixas, pasou a tomar o significado de "servo". Despois da abolición da servidume en1746 a forma "rumân" foi desaparecendo gradualmente quedando soamente a forma "român" ou "românesc".[7] O nome "România" como terra de tódolos romaneses está documentado dende comezos doséculo XIX, sendo oficialmente usado dende o11 de decembro de1861.[8] Engalego o nome do país é Romanía, empregándose a forma Romania para referirse ao grupo de terras europeas onde apareceron aslinguas románicas.

Historia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Historia de Romanía.

Prehistoria e Antigüidade

[editar |editar a fonte]

No ano2002, os máis antigos restos humanos (Homo sapiens sapiens) de Europa foron atopados na "Cova con ósos" (Peştera cu Oase), preto deAnina, na actual Romanía.[9] Os restos (unha mandíbula) datan de aproximadamente 42.000 anos e recibiron o alcume de "Xoán de Anina" (Ion din Anina). Como os restos europeos máis antigos deHomo sapiens, poderían representar os primeiros homes que entraron no continente.[10] Os restos son interesantes especialmente porque presentan unha mestura de trazos arcaicos, de home moderno temperán, e deneanderthal,[11] indicando unha posible mestura entre o Neanderthal e o home moderno.[12][13][14]

Dende oPaleolítico, o actual territorio de Romanía foi escenario do desenvolvemento de varias comunidades culturais. As probas escritas máis vellas da presenza dun pobo en territorios da actual Romanía veñen deHeródoto, en 513 a. C.[15] Antes da conquistaromana, a rexión estaba poboada por tribos de orixedacia,indoeuropea, que deron ao país o seu nome prerromano,Dacia. O seu líder máis soado foiDecébalo, malia serBurebista o primeiro líder que uniu as tribos dacias. Unha parte de Dacia foi conquistada porTraxano e o seu exército no ano107. É posible que unha parte importante da poboación autóctona fose masacrada durante a campaña de conquista ou, talvez, asimilada ou dispersada, o que deu lugar á súa substitución con colonos romanos. Malia iso, permaneceu unha poboación significativa de "dacios ceibes" nos territorios non conquistados polos romanos. AsGuerras Dacias son inmortalizadas naColumna de Traxano, doForo de Traxano en Roma.

Idade media

[editar |editar a fonte]
Antiga Dacia

O avance dosxermanos dende final doséculo III fixo que, finalmente, o emperadorAureliano decidise abandonar a rexión.[16] Despois de que a armadaromana e maila administración deixaranDacia, o territorio foi invadido polosgodos,[17] e, noséculo IV poloshunos.[18] Dende oséculo VI a poboación autóctona tivo que enfrontarse a ondas de pobos migratorioseslavos exermanosnómades entre os que se atopban osxépidos,[19][20][21]ávaros,[22]búlgaros,[20]pechenegos,[23] ecumanos.[24]

NaIdade Media, os romaneses vivían en repartidos entre tres principados:Valaquia (enromanés:Ţara Românească —"Terra romanesa"),Moldova (en romanés: Moldova) eTransilvania. Noséculo XI, Transilvania foi conquistada polosmaxiares converténdose nunha rexión autónoma doReino de Hungría.[25] Durante os séculosXII eXIII, colonosalemáns deSaxonia asentáronse na zona. Noséculo XVI,[26] despois da derrota húngara fronte aosturcos otománs nabatalla de Mohács (1526), formouse oprincipado autónomo de Transilvania, vasalo doImperio Otomán até oséculo XVIII (1711).[27] Nos outros principados romaneses, desenvolvéronse diversos pequenos estados con diferentes graos de independencia, sen aparecer grandes principados até oséculo XIV cando apareceron os principados de Valaquia (1310) e Moldova (ao redor de1352) para loitar contra a ameaza doImperio Otomán.[28][29]Vlad III o Empalador mantivo unha política de independencia en relación co Imperio Otomán, e, en1462 venceu a ofensiva deMehmed II.[30]

En1541, apenínsula balcánica enteira xuntoHungría convertéronse en provincias otomás. En contraste, Moldova, Valaquia, e mais Transilvania, ficaron baixo réxime desoberanía, conservando enteiramente a súa autonomía, e até oséculo XVIII certo grao de independencia externa. Durante este período as terras romanesas caracterizáronse polo paseniño esvaecemento do sistemafeudal; o destacamento dalgúns gobernadores comaEstevo o Grande,Vasile Lupu, eDimitrie Cantemir en Moldova,Matei Basarab,Vlad III o Empalador, eConstantin Brâncoveanu en Valaquia, eGabriel Bethlen enTransilvania; a época dosFanariotas; e o nacemento doImperio ruso coma influencia política e militar.[31]

Mapa de 1600
Terras habitadas por romaneses antes daI Guerra Mundial

En1600, os principados de Valaquia, Moldova e Transilvania pasaron a ser gobernados por un mesmo príncipe valaco,Miguel o Valente (Mihai Viteazul). Porén, a oportunidade dun goberno unitario disolveuse despois de que Mihai fose asasinado tan só un ano despois polos soldados do xeneralaustríacoGiorgio Basta. Mihai Viteazul, quen fora príncipe de Transilvania durante menos dun ano, tentou por vez primeira unificar os tres principados e establecer os alicerces dun só estado, nun territorio comparado ao da actual Romanía.

Trala súa morte,Moldova eValaquia tiñan completa autonomía interna e independencia externa coma estados vasalos tributarios, privilexio perdido noséculo XVIII. En1699, Transilvania converteuse nun territorio doImperio austríaco baixo a coroa dosHabsburgo, despois de que estes vencesen os otománs naGran guerra turca. Os austríacos, aproveitaron entón para espallar axiña o seu imperio: en1718 fixéronse cunha gran parte de Valaquia, chamadaOltenia, parte que formou parte do imperio até1739. En1775, o Imperio austríaco ocupou a parte noroeste de Moldova, máis tarde chamadaBucovina, mentres que a metade leste do principado (chamadaBesarabia) foi ocupada en1812 porRusia.[31]

Independencia e monarquía

[editar |editar a fonte]

Durante o dominioaustro-húngaro en Transilvania, e ootomán sobre Valaquia e Moldova, a maioría dos romaneses atopábase nunha situación de inferioridade, sendo considerados cidadáns de segunda clase (ou nin tan sequera cidadáns)[32] nun territorio onde constituían a maioría da poboación.[33][34] Nalgunhas cidades transilvanas comaBraşov (chamada naquel tempoKronstadt), os romaneses tiñan prohibida a residencia dentro dos muros da cidade.[35] En xeral, as numerosas medidas de discriminación contra os romaneses enTransilvania,[36][37] tiveron como resultado o fortalecemento da súa conciencia étnica. Noséculo XVIII, os intelectuais romaneses de Transilvania resaltaron a orixeromana dos romaneses, igual que algúns intelectuais de Valaquia e Moldova.

Tralo fracaso daRevolución de 1848, asGrandes potencias non apoiaron o desexo expreso dos romaneses de unirse oficialmente baixo un mesmo estado, isto forzou a Romanía a proceder soa contra osotománs. Os electores enMoldova e maisValaquia elixiron en1859 á mesma persoa –Alexandru Ioan Cuza– coma príncipe (Domnitor enromanés).[38] Así, Romanía foi creada coma unión persoal; con todo, o novo país non incluía a rexión histórica de Transilvania, a cal se atopaba baixo controlaustro-húngaro. Alí, a aristocracia e mailas clases altas continuaban sendohúngaras, e o nacionalismo romanés inevitablemente loitaba contra o húngaro no final doséculo XIX. Coma nos 900 anos previos,Austria-Hungría, especialmente a partir da creación en1867 damonarquía dual austro-húngara, mantivo o control húngaro incluso naquelas terras de Transilvania onde os romaneses constituían unha maioría.

No ano1866 produciuse uncoup d'état, sendoCuza exiliado e substituído polo príncipe Karl deHohenzollern-Sigmaringen, coñecido comoPríncipe Carol de Romanía.[39] Durante aGuerra ruso-turca Romanía loitou do bando dos rusos,[40] e noTratado de Berlín de 1878, Romanía foi recoñecida polasGrandes potencias coma un estadoindependente.[41][42] A cambio, Romanía cedeu aRusia tres distritos meridionais deBesarabia e fíxose coa rexión deDobruia. En1881, o principado converteuse nunreino e o Príncipe Carol converteuse noReiCarol I.

Entre1878 e1914 Romanía viviu un período de estabilidade e progreso; foi o período dos comezos daindustrialización do país, baixo os principios docapitalismo. Durante aSegunda guerra balcánica, Romanía uniuse aGrecia,Serbia,Montenegro eTurquía contraBulgaria, e notratado de paz de 1913 Romanía fíxose cosur de dobruia.[43]

Guerras mundiais e Gran Romanía

[editar |editar a fonte]
(1916–1945)
Romanía durante o século XX:     Romanía antes daI GM     Áreas que se uniron tralaI GM e que permaneceron tralaII GM     Áreas que se uniron tralaI GM ou tralaSegunda guerra balcánica, e que se perderon tralaII GM

En agosto de1914, ao estourar aPrimeira guerra mundial, Romanía declarouseneutral. Dous anos despois, baixo presión dos Aliados (especialmente deFrancia, desesperada por abrir unha nova fronte), entre o 14 e o 27 de agosto de1916, Romanía uniuse aos Aliados, declarando a guerra aAustria-Hungría. Por esta razón, baixo os termos dunhaconvención militar secreta, prometeron a Romanía apoio na súa loita por crear un estado para todos os romaneses.[44]

A campaña militar romanesa constituíu unha desfeita para Romanía ao facerse osPoderes centrais con dous terzos do país e ao prender ou asasinar a meirande parte da súa armada en catro meses. Con todo,Moldova ficou en mans romanesas despois de que as forzas invasoras fosen paradas en1917. Ao rematar a guerra, Austria-Hungría e mailo Imperio ruso colapsaron e desintegráronse;Besarabia,Bucovina eTransilvania uníronse aoReino de Romanía en1918. A guerra deixou, entre1914 e1918 un total de 748.000 finados (militares e civís).[45] En1920 coTratado de Trianon,Hungría renunciou en favor de Romanía ás reclamacións da monarquía austro-húngara sobreTransilvania.[46] A unión de Romanía conBucovina ratificouse en1919 noTratado de Saint Germain,[47] e conBesarabia en1920 coTratado de París.[48]A expresión romanesaRomânia Mare (literalmente "Gran Romanía") refírese xeralmente ao estado romanés no período de entreguerra, e por extensión ao territorio que Romanía cubría (véxase o mapa). Nese tempo Romanía acadou a súa maior extensión territorial (case 300.000 km²),[49] conseguindo unir todas as terras historicamente romanesas.[49]

Durante aSegunda guerra mundial, Romanía tentou de novo ficar neutral, mais o28 de xuño de1940, recibiu un ultimato soviético con ameaza deinvasión no caso de non mudar o seu estado.[50] Baixo presión deMoscova eBerlín, a administración romanesa e maila armada foron forzadas a retirarse deBesarabia así coma donorte de Bucovina para evitar a guerra.[51] Isto, en combinación con outros factores, provocaron que o goberno se unise aoEixo. A partir de entón, o sur deDobruia foi concedido aBulgaria, mentres Hungría recibiu o norte deTransilvania como resultado da arbitraxe das potencias do Eixo.[52] O autoritarioRei Carol IIabdicou en1940, sendo sucedido poloEstado Lexionario Nacional, onde o poder era compartido porIon Antonescu e mailaGarda de Ferro. En poucos meses, Antonescu esmagara aGarda de Ferro, entrando Romanía no ano seguinte na guerra, do bando dasPotencias do Eixo. Durante a guerra, Romanía foi a maior fonte depetróleo daAlemaña Nazi,[53] o que atraeu moitos bombardeos aéreos por parte dos Aliados. Por medio da invasión daUnión Soviética polo Eixo, Romanía recuperou, baixo o liderado do xeneralIon Antonescu, Besarabia e mailo norte de Bucovina da Unión Soviética. O réxime de Antonescu tivo un papel maior noHolocausto,[54] seguido en menor medida pola políticaNazi de opresión e masacre dosxudeus, exitanos, principalmente nas terras orientais que Romanía recuperou ou ocupou á Unión Soviética (Transnistria) eMoldova.

En agosto de1944, Antonescu foi derrocado e prendido polo ReiMiguel I de Romanía. Romanía mudou de bando e uniuse aosAliados, mais o seu papel na derrota daAlemaña Nazi non foi recoñecido noTratado de París de 1947.[55] Ao rematar a guerra, a armada romanesa sufrira ao redor de 300.000 baixas.[56] As vítimasxudías do Holocausto roldaron as 469.000 persoas nas fronteiras de1939, incluíndo 325.000 en Besarabia e Bucovina.[57]

Comunismo

[editar |editar a fonte]
(1945–1989)
Escudo de armas doPartido Comunista Romanés

Coas forzas doExército vermello ocupando o país e exercendo o controlde facto, o goberno formado principalmente porcomunistas convocou eleccións, as cales foron gañadas co 80% dos votos a través de intimidación e, seguramente,fraude electoral.[58] Deste xeito axiña se erixiron como a principal forza política dominante.

En1947, oscomunistas forzaron oRei Miguel I a abdicar e abandonar o país, proclamando aRepública Socialista de Romanía.[59][60] Até a década dos50 Romanía ficaría baixo ocupación militar e control económico daURSS. Durante este período, os vastos recursos naturais do país serían continuamente espoliados por compañías Soviético-romanesas (SovRoms) establecidas co propósito de explotar os recursos.[61][62] En1948, o estado comezou anacionalizar firmas privadas, e acolectivizar as terras o ano seguinte.[63]

Dende finais da década de1940 até comezos dos60, o gobernocomunista estableceu o reinado do terror, levado a cabo principalmente a través daSecuritate (a nova policía secreta). Durante este tempo levaron a cabo diversas campañas para eliminar os "inimigos do estado", nas cales numerosos individuos foron asasinados ou encarcerados por razóns políticas ou económicas.[64] Os castigos incluíron a deportación, exilio interno, e o internamento forzoso en campos de traballo e prisións; aquel que se negara axiña era eliminado. Durante este tempo leváronse a cabo experimentos coma o que tivo lugar naprisión de Piteşti, onde un grupo de rivais políticos foron postos nun programa de reeducación a través datortura. Rexistros históricos amosaron centos de miles de abusos, mortes e casos de tortura contra un amplo espectro de xente, dende rivais políticos até cidadáns ordinarios.[65]

En1965,Nicolae Ceauşescu chegou ao poder e comezou a seguir políticas independentes, sendo o único estado doPacto de Varsovia que condenou a invasión soviética de1968 enChecoslovaquia; continuando as relacións diplomáticas conIsrael tralaGuerra dos seis días de1967, ou establecendo relacións económicas (1963) e diplomáticas (1967) coaRepública Federal de Alemaña.[66] Asemade, as súas próximas relacións cospaíses árabes (e aOLP) permitiron a Romanía ter un papel principal nos procesos de paz entreIsraelExipto e Israel–OLP.[67] Con todo, ao medrar de súpeto a débeda externa de Romanía entre1977 e1981 (de 3 a 10 billóns de dólares americanos), a influencia de organizacións financeiras internacionais coma aFMI ou doBanco Mundial medrou, batendo coas políticasautárquicas deNicolae Ceauşescu. Eventualmente Ceauşescu comezou un proxecto de reembolso total da débeda externa ao impoñer políticas que empobreceron os romaneses e esgotaron a economía romanesa, á vez que espallaron enormemente a influencia dapolicía estatal, e impuxeron oculto á personalidade. Isto levou a que a popularidade de Ceauşescu minguara axiña, culminando no seu derrocamento e execución na sanguentarevolución romanesa de 1989.

No ano2006, aComisión presidencial para o estudo da ditadura comunista en Romanía estimou o número directo de vítimas da represión comunista en dous millóns de persoas.[68][69] Esta cifra non inclúe a xente que morreu unha vez ceibada dos cárceres nos que foron torturados, ou a xente que morreu como consecuencia da pobreza extrema provocada como consecuencia das políticas do réxime.

Despois da Revolución romanesa de 1989

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Revolución romanesa de 1989.

Tras estes feitos constituíuse unFronte de Salvación Nacional, no cal entraron tamén algúns representantes do antigoPartido Comunista Romanés e da súa policía política, presidido porIon Iliescu (el mesmo antigo membro importante do Partido Comunista), quen gañou popularidade no mediorural pola súa suposta imaxe de líder da Revolución. A popularidade doFronte de Salvación Nacional era moito menor no mediourbano, e destacan as manifestacións contra Iliescu e do "FSN" enBucarest. Con todo, todos os votos son considerados iguais.

Foi o comezo dun período duro de transición (con alto risco de fraudes económicas, que á súa vez xerancorrupción einflación), desde unhaeconomía completamente dirixida polo Estado, a unha economía delibre mercado. As calamidades naturais que afectaron a Romanía despois de1989 tampouco axudaron á economía. A mala situación económica do país fixo emigrar moitos mozos romaneses, particularmente a países mediterráneos comoEspaña ouItalia (quizais por algunha similitude cultural). Este fenómeno está reflectido na falta actual de man de obra en Romanía, afectando a auténtica integración europea.

En1990 celebráronse as primeiras eleccións democráticas libres eIon Iliescu foi ratificado no seu cargo e reelixido en1992, por un mandato de catro anos. En1996 o democristiánEmil Constantinescu, foi elixido presidente dos romaneses nun goberno que, por primeira vez, integrou a minoría húngara. En2000, Iliescu volveu ao goberno, xa que o período de1990-1992 non foi considerado un mandato (segundo a Constitución, en Romanía o presidente só pode obter dous mandatos). En2004, o dereitista (centro-dereita)Traian Băsescu foi elixido presidente. Romanía adheriuse áOTAN e formou parte das forzas de "voluntarios" da Guerra enIraq, en favor da coalición anglo-estadounidense. O1 de xaneiro do2007 entrou a formar parte daUnión Europea.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Xeografía de Romanía.
Monte Moldoveanu

Romanía ten unha extensión de 237.500 km². É o maior país da súa rexión e o duodécimo deEuropa. Atópase enEuropa do Leste, máis precisamente na rexión dosCárpatos e o curso baixo do ríoDanubio. Limita conUcraína ao norte,Moldova ao leste,Hungría ao oeste eSerbia eBulgaria ao sur. Ao sueste está bañada poloMar Negro. O país está dividido en tres rexións principais, a meseta deTransilvania, no centro do país; osCárpatos que rodean a meseta central e que estenden cara ao norte e sur e as terras baixas do oeste e leste.

ODanubio, principal río de Romanía, forma a maior parte da fronteira con Bulgaria e é usado para o transporte e a xeración de enerxía hidroeléctrica. Actualmente, o Delta do Danubio foi incluído na listaxe daUnesco de lugares cualificados comoReserva da Biosfera, co nome deReserva da Biosfera Transfronteiriza do Delta do Danubio.

Mosteiro de Botiza nas montañas Maramureş

Conta cuns 2.733 km² de superficie estritamente protexida repartida entre dezaoito zonas. No Danubio ademais vai desaugar orío Prut, que fai fronteira conMoldova. Outros ríos importantes son o Mureş e o Olt, ademais de máis de 2.000lagos. O relevo de Romanía está dividido en áreas con porcentaxe similar de montañas, outeiros e chairas. Esta diversidade xeográfica reflíctese tamén na diversidade daflora efauna de Romanía. O país ten a poboación de osos pardos maior deEuropa, mentres que orebezo tamén se poden atopar nosCárpatos.

Clima

[editar |editar a fonte]

O clima oscila entre temperado econtinental, segundo a rexión do país, a temperatura media anual varía entre os 11 °C no sur e os 8 °C no norte[70], os veráns son moi calorosos con temperaturas medias máximas por riba de 28 °C en Bucarest mentres os invernos son fríos con medias mínimas de -5,5 °C en xaneiro. As precipitacións oscilan entre os máis 750 mm nalgunhas áreas montañosas do oeste menos de 400 mm na costa domar Negro, cunha media en Bucarest de 600 mm.[71] OsCárpatos constitúen un dos principais condicionantes do clima, estas montañas dominan a parte occidental de Romanía, con pico até os 2.500 m de altitude, sendo o máis elevado oMoldoveanu con 2.544 m.

Política

[editar |editar a fonte]

Aconstitución actual de Romanía foi creada en1991 tras a caída deNicolae Ceauşescu e posteriormente reformada en2003. Establece que o país é unharepública semipresidencialistademocrática epluripartidista. Estabelécese a elección popular dun presidente e un parlamento mediante votación dos cidadáns maiores de 18 anos, e a existencia dunha corte constitucional e outra corte menor.

OPresidente é elixido por votación popular cada cinco anos, até o ano2004 era cada catro anos, por dous períodos consecutivos como máximo. O presidente, en conxunto co partido con maioría no parlamento, designa unPrimeiro Ministro. Á súa vez, este primeiro ministro nomea os demais membros do gabinete e, xunto con 42prefectos (un por cada distrito e polo municipio independente deBucarest), forman opoder executivo.

O Parlamento de Romanía é bicameral: o Senado (enromanés:Senatul), que conta con 137 membros a partir de 2004, e a Cámara de Deputados (enromanés:Camera Deputaţilor), que conta con 332 membros a partir de 2004. Os membros de ámbalas cámaras son elixidos cada catro anos por sufraxio popular.

Opoder xudicial é independente dos outros dous e baséase no Código Civil de Francia. A corte constitucional é o tribunal supremo, ocupado por 9 xuíces en períodos de 9 anos que non se poden renovar. Actúa en xuízos onde está en dúbida a interpretación da constitución e, tras a reforma de2003, os seus veredictos non poden ser revogados, nin sequera por unha maioría parlamentaria.

Relacións internacionais

[editar |editar a fonte]
Manifestación enChişinău (Moldova) no ano2002 a prol da unificación con Romanía. No letreiro pódese ler "Pobo romanés, lingua romanesa"

Dende decembro de1989 Romanía seguiu unha política de fortalecemento das relacións con occidente en xeral, máis especificamente cosEstados Unidos e aUnión Europea. Uniuse áOrganización do Atlántico Norte (OTAN) o29 de marzo de2004, áUnión Europea (UE) o1 de xaneiro de2007 e aoFondo Monetario Internacional eBanco Mundial en1972. E tamén membro daOrganización Mundial do Comercio.

O actual goberno declarou o seu obxectivo de reforzar os lazos e axudar aos outros países deEuropa oriental, en particularMoldova,Ucraína eXeorxia, co proceso de integración con occidente. Romanía tamén deixou claro dende a década de1990 que apoia a integración na OTAN e na Unión Europea para asex-repúblicas soviéticas democráticas de Europa oriental e oCáucaso, ademais de declarar o seu apoio público á integración na mesma deTurquía,Croacia eMoldova. En canto a Turquía, Romanía comparte unha relación económica privilexiada, ademais de conHungría debido á importante minoría desta nacionalidade que reside no país, sendo este último un dos principais membros que apoiaron a candidatura de Romanía á UE. Ademais Romanía é un importante socio dosEstados Unidos.

Con todo, as relacións coaRepública de Moldova son especiais, xa que os dous países practicamente comparten o mesmo idioma e unha historia común. Na década de1990 apareceu un movemento para a unificación dos dous países, despois de que ambos remataran co seu réxime comunista, mais este movemento non durou moito co novo goberno de Moldova, que procurou manterse como unha república independente. Porén, Romanía segue interesada nos asuntos de Moldova e rexeitou oficialmente oPacto Ribbentrop-Molotov, mais os dous países non puideron aínda chegar a un acordo sobre un tratado bilateral de base.

Dereitos humanos

[editar |editar a fonte]

En materia dedereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen oComité de Dereitos Humanos (HRC), Romanía firmou ou ratificou:

RomaníaRomanía Status dos principais instrumentos internacionais dedereitos humanos[72]
CESCRCCPRCERDCEDCEDAWCAT[73]CRCMWCCRPD
CESCRCESCR-OP[74]CCPRCCPR-OP1CCPR-OP2-DPCEDAWCEDAW-OP[75]CATCAT-OPCRCCRC-OP-ACCRC-OP-SCCRPDCRPD-OP[76]
PertenzaFirmado e ratificadoNin firmado nin ratificadoFirmado e ratificadoRomanía recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentesFirmado e ratificadoFirmado e ratificadoNin firmado nin ratificadoFirmado e ratificadoFirmado e ratificadoRomanía recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentesFirmado e ratificadoFirmado e ratificadoFirmado e ratificadoFirmado e ratificadoNin firmado nin ratificadoFirmado pero non ratificadoFirmado pero non ratificado
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.


Divisións administrativas

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Subdivisións de Romanía.
Mapa administrativo de Romanía:     Dobruia     Moldova     Transilvania     Valaquia

Romanía estivo dividida historicamente en tres rexións:Valaquia,Transilvania eMoldova. Actualmente, segundo a constitución, o estado está dividida en 8 rexións de desenvolvemento, 41 condados (enromanés:judeţe) e o concello independente deBucarest. Ademais está subdivida en divisións de menor nivel, que son 2.686 concellos e 13.092 parroquias.

Os condados son en orde alfabética son:

Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía de Romanía.
Fábrica de aceiro de ArcelorMittal en Galaţi.

Tralasegunda guerra mundial, os recursos económicos romaneses foron nacionalizados e a actividade económica planificada. En1989, coa caída do réximecomunista, o novo goberno emprendeu unha serie de reformas para introducir o sistema de economía de mercado e tras varios anos de privatizacións e descentralización o goberno romanés pasou a ter unha intervención significativamente menor na economía.

Romanía é un dos principais produtores e exportadores de produtos agrícolas deEuropa, representando este sector o 10% doPIB. Os cultivos ocupan o 40% da superficie do país e os recursos forestais son abundantes. En canto á pesca está nunha fase de expansión. Existen xacementos degas natural epetróleo que achegan unha porcentaxe significativa do consumo diario, mais non son dabondo para cubrir a totalidade da demanda do país, polo que está obrigado a importalos, principalmente deRusia. Para tratar de reducir a dependencia de factores externos impulsouse a xeración en plantas de enerxíanuclear e hidroeléctrica, que agora mesmo supoñen un 45% da enerxía consumida no país.

O sector industrial representa o 35% doPIB, a pesar de que nos últimos tempos, as instalacións construídas durante a etapa de economía centralizada quedaron obsoletas e as fábricas tiveron que investir masivamente en modernizacións. Os principais sectores son otéxtil, osiderúrxico, a produción de maquinaria e vehículos, de armamento e o procesamento da produción agropecuaria. Os servizos comprenden o restante 55% do PIB, sendo oturismo o principal contribuínte. OMar Negro, o delta doDanubio e osCárpatos son as principais atraccións naturais que concentran o turismo, mentres que en canto a patrimonio cultural destacaTransilvania.

O índice dedesemprego é do 5%, varios puntos por baixo doutros países da rexión e deEuropa Occidental. A balanza comercial ten un déficit significativo, as exportacións (28.000 millóns dedólares) son só tres cuartos das importacións (38.000 millóns de dólares). Os principais socios de Romanía, tanto nas exportacións como nas importacións, sonItalia eAlemaña.

Os anos2002 e2003 foron economicamente de moito éxito para a economía romanesa, prevéndose actualmente o crecemento do PIB do 4.5% por ano. No ano2004 por exemplo, a economía medrou un 6,6% na primeira metade e un 7.0% (ano sobre ano) no segundo semestre, marcando a maior taxa de crecemento da rexión. O salario bruto medio por mes en outubro de2004 era de 8.392.766lei (213,60euross), o que supuxo un aumento do 2,1% sobre o mes anterior.

Transporte

[editar |editar a fonte]
Estación de Titan do Metro deBucarest, que corresponde á liña 1 das catro existentes

Debido á súa localización, Romanía é unha importante encrucillada do comercio internacional enEuropa, porén debido ao insuficiente investimento e mantemento a infraestrutura de transporte non se satisfai á actual economía de mercado, representando un atraso en comparación conEuropa occidental. Porén, estas condicións están a mellorar rapidamente e están a acadar as normativas de redes de transporte Trans-europeas. Comezáronse grandes proxectos grazas ás concesións do ISPA e a varios préstamos de institucións financeiras internacionais como oBanco Mundial ou oFMI. Ademais o Goberno está a apelar ao financiamento externo e a sociedades público-privadas para a modernización das vías principais, especialmente a rede de autoestradas.

OBanco Mundial estima que a rede ferrocarril en Romanía comprendía en2004 22.298 km, o que a convertía na cuarta maior rede de ferrocarril de Europa. O transporte ferrocarril experimentou unha caída dramática na carga e volumes de pasaxeiros en1989 principalmente debido ao declive do PIB e competencia do transporte por estrada. En2004 as vías férreas levaron a 8,64 miles de millóns de pasaxeiros por km en 99 millóns de viaxes e 73 millóns de toneladas. O transporte total combinado poloferrocarril constituíu ao redor do 45% de tódolos movementos de pasaxeiros e de carga do país.Bucarest é a única cidade de Romanía que posúe un sistema ferrocarril subterráneo, así pois o Metro de Bucarest foi inaugurado en1979, sendo agora un sistema de transporte máis utilizado da cidade, tendo esta rede de transporte pública unha media de 650.000 viaxes ao día.

Demografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Demografía de Romanía.
Véxase tamén:Lista de cidades romanesas.
Composición étnica do país
     Romaneses     Húngaros     Ucraínos     Xitanos     Lipovans rusos     Serbios     Croatas     Eslovacos     Búlgaros     Turcos

A poboación de Romanía acada os 21.498.616 millóns (2009), mais está a decrecer a un ritmo do anual do 0,12%. A maioría da poboación pertence á etnia romanesa (88,9%), seguida por unha importante colectividade dehúngarossículos (6,6%), concentrados sobre todo na rexión deTransilvania, e dexitanos (2,5%).Ucraínos (0,3%),rusos,alemáns (0,3%),turcos,búlgaros,italianos eserbios, xunto con outras minorías, constitúen o resto da poboación.

Os habitantes concéntranse nas chairas, onde están os centros industriais e se desenvolve a agricultura en grande escala. O 55,2% dos romaneses vive en cidades, o que representa unha das proporcións máis baixas deEuropa, só superada por algúns dos seus veciños balcánicos eMoldova. As principais cidades do país sonBucarest, a capital con 2 millóns de habitantes,Iaşi,Cluj-Napoca,Cluj-Napoca,Timişoara ouPloieşti, todas elas cunha poboación de entre 280.000 e 330.000 habitantes.

Panorámica deCluj-Napoca

Romanía é un estado sen relixión oficial, aínda que máis do 89% da poboación adscríbese áIgrexa ortodoxa romanesa (segundo o censo de2002). Tamén hai cantidades significativas decatólicos (tanto de rito latino como de rito oriental) que representan un 5,6% da poboación, moitos deles das minorías húngara e alemá de Transilvania,protestantes (luteranos e calvinistas, un 3,7% da poboación), grupos pentecostais emusulmáns (ao redor de 100.000, o 0.4% da poboación total). Segundo o censo de2002, tamén vivían no país 23.105ateos e agnósticos e 6.100xudeus.

Aromanés é o idioma oficial do país. Séguenlle en importancia ohúngaro e oromaní (que non ten nada que ver co romanés, senón cos romis, osxitanos romaneses), falados polas poboacións desas etnias. Oucraíno é falado en áreas de Maramures, Bucovina, Dobrudia e Banat. Oinglés é o primeiro idioma estranxeiro que se estuda na maioría das escolas romanesas e actualmente hai un aumento de préstamos deste idioma no vocabulario romanés. Ofrancés é falado por un significativo número de persoas (uns 5 millóns), sendo Romanía é membro da Francofonía.

Fonte principal:Censo de 2011
Grupo étnico maioritario
Romaneses(16.792.868)
Etniile conform recensământului din anul 2011
Etniile conform recensământului din anul 2011
Minorías recoñecidas
Húngaros(1.227.623) ·xitanos(621.573) ·Ucraínos(50.920) ·alemáns(36.042) ·turcos(27.698) ·rusos lipováns(36.397) ·tártaros (divididos entártaros de Crimea enogais)(20.282) ·serbios(18.076) ·Eslovacos(13.654) ·búlgaros(7.336) ·croatas(5.408) ·gregos(3.668) ·xudeus(3.271) ·italianos(3.203)polacos(2.543) ·checos(2.477) ·armenios(1.361) ·macedonios(1.264) ·albaneses(520) ·rusinos(262)
Minorías non recoñecidas
Arromaneses(26.500) ·hutsuls(autodeclarados 3.890)csangos(autodeclarados 1.536) ·megloarromaneses(1.200–2.000) ·sículos(autodeclarados 532)craxovanos(autodeclarados 207) ·eslovenos(175) ·gagauz(5)
Comunidades estranxeiras
Árabes(5.000) ·chineses(2.243) ·iranianos(610)

Cultura

[editar |editar a fonte]

A cultura de Romanía é rica e variada. Como os mesmos romaneses, é definida fundamentalmente como un punto de encontro entre tres rexións:Europa Central,Europa do Leste e aPenínsula Balcánica, sen poder ser incluída en ningunha delas. A identidade romanesa formouse sobre un substratoromano e dacio, combinado con outras influencias. Durante aIdade Media, os romaneses foron influenciados polos poboseslavos, polosgregos medievais e oImperio Bizantino, polosturcos otománs, e en menor medida, poloshúngaros e osalemáns (enTransilvania). A cultura romanesa moderna desenvolveuse máis ou menos durante os últimos 250 anos, cunha forte influencia occidental, particularmentefrancesa,alemá ehúngara.

Cando caeuNicolae Ceauşescu,Francia sorprendeuse ao decatarse do elevado nivel de coñecemento do idiomafrancés que tiñan os romaneses e por iso acudiu inmediatamente na súa axuda con colaboracións de toda natureza.

Literatura

[editar |editar a fonte]
Mihai Eminescu

A literatura popular de Romanía reflicte as condicións xeográficas e históricas que influenciaron ao carácter do pobo romanés. Son obras que expresan melancolía ou anhelo sen esperanza, como as "Doină", ou tratan das principais ocupacións dos romaneses e a súa relación coa cosmovisión (como en "Mioriţa") dos romaneses, en xeral no medio da Natureza e cun sentimento da presenza dadivindade. Destacan obras como "Monastirea Argeşului", "Toma Alimoş" ou "Miorişa", considerada unha obra mestra do folclore mundial.

Até oséculo XVIII a maioría dos autores cultos romaneses foronteólogos. Tamén destacan cronistas como Miron Costin ou Ion Neculce, o humanista Dimitrie Cantemir, que tamén foi dono deMoldova (1710-1711) ou o dramaturgoGheorghe Asachi. Os denominados "clásicos" da literatura romanesa, doséculo XIX, son pouco coñecidos fóra de Romanía.Mihai Eminescu (1850-1889), quizais opoeta romanés mellor coñecido, é aínda amado en Romanía (particularmente os seus poemas), xunto con outros clásicos comoGeorge Coşbuc ouIoan Slavici.

No período de entreguerras, autores comoTudor Arghezi,Lucian Blaga,Ion Barbu,George Bacovia ouCamil Petrescu fixeron esforzos para sincronizar a literatura romanesa coa literatura europea e mundial da época.Gellu Naum foi o líder do movementosurrealista en Romanía, aínda que se pode incluír aquí aTristan Tzara.Mihail Sadoveanu é un dos máis apreciados escritores doséculo XX en Romanía, a pesar de que se mantivo afastado das vangardas literarias do seu tempo.

Na época docomunismo, escritores valiosos comoNichita Stănescu (poeta e ensaísta),Marin Sorescu (poeta, dramaturgo e ensaísta) ouMarin Preda (prosista) conseguiron escapar da dura censura (a través do nivel intelectual e estético das súas obras, que facía imposible a censura por policías e políticos sen entendemento literario), romperon co "realismo socialista" e foron os líderes dun pequeno "Renacemento" na literatura romanesa.

A literatura romanesa comezou ser mellor coñecida fóra das fronteiras de Romanía, especialmente a través de traducións aoalemán,francés einglés. Algúns autores modernos chegaron ser populares enAlemaña,Francia ouItalia, especialmenteEugène Ionesco,Herta Müller,Mircea Eliade,Emil Cioran,George Astaloş ouTristan Tzara. Escritores comoConstantin Virgil Gheorghiu, autor en1949 da famosa novela "A Hora 25" (levada ao cinema), que se desenvolve durante a ocupación nazi do seu país natal,Paul Celan ouElie Wiesel tamén naceron en Romanía.

Monumentos

[editar |editar a fonte]
Castelo de Peleş

A lista dePatrimonio da Humanidade daUnesco inclúe sitios romaneses como as "Vilassaxoas con igrexas fortificadas" (Transilvania), as "Igrexas pintadas do norte deMoldova", cos seus frescos exteriores e interiores, as "Igrexas de madeira de Maramureş", exemplos únicos de combinación do estilogótico coa construción tradicional de madeira, o "Mosteiro de Horezu", a "Fortaleza de Sighişoara" ou as "Fortalezas dacias das montañas Orastia". En2007, a cidade deSibiu foi elixidaCapital Europea da cultura, xunto conLuxemburgo.

En canto a capital,Bucarest, situada á beira dorío Dâmbovița, destacan o xigante Palacio do Parlamento, construído nos anos1980 durante o réxime deNicolae Ceauşescu. Este edifico é actualmente, segundo olibro Guinness dos Récords, o edificio administrativo maior do mundo. Outros coñecidos monumentos son oArcul de Triumf (O Arco do Triunfo) de1935, Memorial do Renacemento, un piar de mármore construído en2005 para conmemorar as vítimas da revolución de1989 ou o Ateneo Romanés. Entre os museos, destacan o Museo Nacional de Arte de Romanía, o Museo de Historia Natural "Grigore Antipa" ou o Museo Nacional de Historia.

Bandeira

[editar |editar a fonte]
Bandeira de Romanía
Artigo principal:Bandeira de Romanía.

A bandeira nacional de Romanía, coñecida enromanés comoTricolorul, é tricolor con tres franxas verticais, comezando dende o pau, azul, amarelo e vermello. Aínda que o uso destas cores é anterior, comezaron a empregarse como emblema do movemento nacional romanés dende1834. A disposición actual remóntase a1864, ata a primeira declaración de independencia deValaquia en1821 feita entre outros por Tudor Vladimirescu, aínda que dende entón introducíronse algunhas modificacións. En1947 eliminouse o escudo coas armas reais para substituílo polo daRepública Socialista de Romanía (que foi retirado o27 de decembro de1989) e o10 de setembro de1992 introduciuse oescudo actual.

A súa proporción entre alto e ancho é de 2:3. O26 de xuño de cada ano celébrase o día da bandeira (Ziua Tricolorului), día que é festa nacional no país. A bandeira ademais é moi semellante á deMoldova, con quen comparte ligazóns históricas e culturais, e é tamén idéntica ábandeira do Chad, aínda que non teñen ningunha relación e á deAndorra.

Ciencia e tecnoloxía

[editar |editar a fonte]
A máquina voadora de Traian Vuia

O 14 de maio de 1981 Romanía pasou a ser o undécimo país do mundo en ter unastronauta no espazo. Ese astronauta,Dumitru Prunariu, converteuse posteriormente en presidente da Axencia Espacial Romanesa. O18 de marzo de1906, o inventor romanésTraian Vuia pasou a ser a primeira persoa do mundo que voou cunha nave aérea autopropulsada e máis pesada que o aire sendo ademais a segunda persoa do mundo que engalou cunha nave aérea de alta potencia. O seu voo tivo lugar en Montesson, preto deParís, e durou uns 12 minutos.Henri Coandă foi outro inventor e pioneiro daaviación romanesa. Construíu a primeira nave aérea propulsada por motor de reacción, a Coanda-1910, e levouna á Segunda Exhibición Internacional de Aeronáutica deParís, en outubro de1910.

George Emil Palade foi unbiólogo celular romanés que gañou oPremio Nobel de Medicina en1974, polo seu estudo da organización interna de estruturas celulares como as mitocondrias, cloroplastos, o aparello de Golgi, e polo descubrimento dosribosomas. Gañou tamén a Medalla Nacional para a Ciencia en1986.

Despois da Revolución romanesa de 1989, os estudantes romaneses destacaron en competicións internacionais dematemática einformática, e o número de programadores aumentou considerablemente. Exemplos dos éxitos dos programadores romaneses inclúen o "RAV" (Romanian Antivirus), usado porMicrosoft no seu desenvolvemento de Windows Defender.

Deportes

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Romanía nos Xogos Olímpicos.

NosXogos Olímpicos deMontreal de1974, a romanesaNadia Comăneci chegou a ser a primeira ximnasta en obter un "dez". Gañou tres medallas de ouro, unha de prata e unha de bronce, todas aos catorce anos. O seu éxito continuou nosXogos Olímpicos deMoscova 1980, onde gañou tres medallas de ouro e dous de prata. Tamén destaca en atletismoDoina Melinte, que gañou nosXogos Olímpicos de 1984 unha medalla de ouro e outra de prata na media distancia.Ilie Năstase, xogador detenis, chegou a ser unha estrela do tenis mundial nosanos 70. Gañou varios títulos de Grand Slam e ducias noutros torneos; tivo tamén éxito como xogador de dobres. Romanía acadou as finais daCopa Davis en tres ocasións.Virginia Ruzici tivo éxito no tenis feminino nos anos 70.

Ofútbol é moi prezado en Romanía, e o xogador romanés máis coñecido a nivel mundial é quizaisGheorghe Hagi, actualmente retirado, quen xogou paraSteaua Bucarest,Real Madrid,FC Barcelona,Galatasaray ouBrescia Calcio. En1986, o club de fútbol romanés Steaua Bucureşti converteuse no primeiro e único equipo dobloque do leste que gañou aCopa de Europa. En1989, con Hagi no equipo, alcanzaron de novo a final da competición, pero foron derrotados porAC Milan. Outro xogador romanés mundialmente famoso éGheorghe Craioveanu.

En baloncesto tamén destacouGheorghe Mureşan, que con 2,31 m altura foi o xogador máis alto da historia daNBA xunto cosudanésManute Bol. Aínda que quizais non son a forza que antes eran, a selección romanesa derugby participou en todas as edicións daCopa do Mundo. Romanía tamén ten unha tradición de éxitos enbalonmán e enpiragüismo.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "nunc se Romanos vocant" A. Verres, Acta et Epistolae, I, p. 243
  2. "...si dimandano in lingua loro Romei...se alcuno dimanda se sano parlare in la lingua valacca, dicono a questo in questo modo: Sti Rominest ? Che vol dire: Sai tu Romano,..." Cl. Isopescu, Notizie intorno ai romeni nella letteratura geografica italiana del Cinquecento, in Bulletin de la Section Historique, XVI, 1929, p. 1- 90
  3. “Anzi essi si chiamano romanesci, e vogliono molti che erano mandati quì quei che erano dannati a cavar metalli...” in Maria Holban, Călători străini despre Ţările Române, vol. II, p. 158–161
  4. "Tout ce pays la Wallachie et Moldavie et la plus part de la Transivanie a esté peuplé des colonie romaines du temps de Traian l’empereur…Ceux du pays se disent vrais successeurs des Romains et nomment leur parler romanechte, c'est-à-dire romain … " Voyage fait par moy, Pierres Lescalopier l’an 1574 de Venise a Constantinople, fol 48 in Paul Cernovodeanu, Studii si materiale de istorie medievala, IV, 1960, p. 444
  5. Iorga, N., Hurmuzachi, Apud, ed.,La carta de Neacşu de Câmpulung, vol. Documente, XI, pp. 843.
  6. "am scris aceste sfente cǎrţi de învăţături, sǎ fie popilor rumânesti... sǎ înţeleagǎ toţi oamenii cine-s rumâni creştini" "Întrebare creştineascǎ" (1559), Bibliografía româneascǎ veche, IV, 1944, p. 6. "...că văzum cum toate limbile au şi înfluresc întru cuvintele slǎvite a lui Dumnezeu numai noi românii pre limbă nu avem. Pentru aceia cu mare muncǎ scoasem de limba jidoveascǎ si greceascǎ si srâbeascǎ pre limba româneascǎ 5 cărţi ale lui Moisi prorocul si patru cărţi şi le dăruim voo fraţi rumâni şi le-au scris în cheltuială multǎ... şi le-au dăruit voo fraţilor români,... şi le-au scris voo fraţilor români" Palia de la Orǎştie (1581–1582), Bucureşti, 1968. " În Ţara Ardealului nu lăcuiesc numai unguri, ce şi saşi peste seamă de mulţi şi români peste tot locul...", Grigore Ureche, Letopiseţul Ţării Moldovei, p. 133-134.
  7. Brezeanu, Stelian (1999). Romanitatea Orientalǎ în Evul Mediu. Bucarest: Editura All Educational, 229-246.
  8. A primeira mención coñecida do termo "Romanía" no sentido moderno da palabra, é da obra do erudito grego Dimitrie Daniel Philippide, publicada en Leipzig en 1816 e chamada "A historia de Romanía", seguida de "A xeografía de Romanía".
  9. Trinkaus, E.; Ş. Milota & R. Rodrigo et al., "Early Modern Human Cranial remains from the Peştera cu Oase" (en inglés). Journal of Human Evolution 45: 245-253.
  10. Zilhão, João,"Neanderthals and Moderns Mixed and It Matters" (en inglés). Evolutionary Anthropology 15: 183-195.
  11. Trinkaus, E.; Ou. Moldovan & Ş. Milota et al. (2003),"An early modern human from Pe?tera cu Oase, Romania" (en inglés). Proceedings of the National Acadademy of Science Ou.S.A. 100 (20): 11231?11236.
  12. Soficaru, Andrei; Adrian Dobo & Erik Trinkaus, "Early modern humans from the Peştera Muierii, Baia de Fier, Romania", Proceedings of the National Acadademy of Science Ou.S.A. 103 (46): 17196-17201
  13. A 40,000-year-old skull shows both modern human and Neanderthal traits, University of Bristol Press Releases, 2007. Dispoñible na World Wide Web:[1]
  14. Rougier, Hélène; Stefan Milota & Ricardo Rodrigo et al. (2007),"Pestera cu Oase 2 and the cranial morphology of early modern Europeans" (en inglés). Proceedings of the National Academy of Sciences of USA 104 (4): 1165-1170.
  15. History of costume elements, Eliznik.co.uk, a website dedicated to the study of the traditional peasant culture in Romanian and Bulgaria. Dispoñible na World Wide Web:[2]Arquivado 12 de abril de 2010 enWayback Machine. (en inglés).
  16. Jordanes.De orixine actibusque Getarum (A orixe e as fazañas dos Godos) ouGetica, (escrito en latín e traducido ao inglés). Último acceso 24 de decembro de 2009.
  17. Jordanes (551 A.D.).Getica, sive, De Origine Actibusque Gothorum. Constantinople. Consultado o 31 de agosto de 2008. 
  18. Iliescu, Vl.; Paschale, Chronicon (1970).Fontes Historiae Daco-RomanaeII. Bucureşti. pp. 363, 587. 
  19. HISTORY OF TRANSYLVANIA. Editado por LÁSZLÓ MAKKAI e ANDRÁS MÓCSY.THE KINGDOM OF THE GEPIDS (en inglés).Foi un Pobo xermano procedente do baixo Vístula, que se asentou en Transilvania.
  20. 20,020,1Teodor, Dan Gh. (1995).Istoria României de la începuturi până în secolul al VIII-lea2. Bucureşti. pp. 294–325. 
  21. Bóna, István (2001). Köpeczi, Béla, ed."History of Transylvania: II.3. The Kingdom of the Gepids".Institute of History of the Hungarian Academy of Sciences. New York:Columbia University Press. Consultado o2008-08-31. 
  22. Bóna, István (2001). Köpeczi, Béla, ed."History of Transylvania: II.4. The Period of the Avar Rule".Institute of History of the Hungarian Academy of Sciences. New York: Columbia University Press. Consultado o2008-08-31. 
  23. Constantine VII, Porphyrogenitus (950).Constantine Porphyrogenitus De Administrando Imperio. Constantinople. Consultado o2008-08-31. 
  24. Xenopol, Alexandru D. (1896).Histoire des Roumainsi. Paris. p. 168. 
  25. Makkai, László (2001). Köpeczi, Béla, ed."History of Transylvania: III. Transylvania in the Medieval Hungarian Kingdom (896–1526)".Institute of History of the Hungarian Academy of Sciences. New York: Columbia University Press. Consultado o2008-08-31. 
  26. Köpeczi, Béla, ed. (2001)."History of Transylvania: IV. The First Period of the Principality of Transylvania (1526–1606)".Institute of History of the Hungarian Academy of Sciences. New York: Columbia University Press. Consultado o2008-08-31. 
  27. Várkonyi, Ágnes R. (2001). "2". En Köpeczi, Béla.History of Transylvania: VI. The Last Decades of the Independent Principality (1660–1711).Institute of History of the Hungarian Academy of Sciences (New York). Consultado o2008-08-31. 
  28. Ştefănescu, Ştefan (1991).Istoria medie a RomânieiI. Bucharest. p. 114. 
  29. Predescu, Lucian (1940).Enciclopedia Cugetarea. 
  30. Vlad III (ruler of Walachia). Britannica Online Encyclopedia.
  31. 31,031,1István, Vásáry."Cumans and Tatars". cambridge.org. Consultado o2009-09-07. 
  32. "The Magyarization Process". GenealogyRO Group. Arquivado dendeo orixinal o 26 de xullo de 2013. Consultado o2008-08-31. 
  33. Kocsis, Karoly; Kocsis-Hodosi, Eszter (1999).Ethnic structure of the population on the present territory of Transylvania (1880-1992). 
  34. Kocsis, Karoly; Kocsis-Hodosi, Eszter (2001).Ethnic Geography of the Hungarian Minorities in the Carpathian Basin. Simon Publications. pp. 102.ISBN 193131375X. 
  35. Prodan, David (1971).Supplex Libellus Valachorum= Or, The Politicle Struggle of Romanians in Transylvania During the 18th Century. Bucharest: Academy of Social Republic of Romania. 
  36. "magyarization process". Arquivado dendeo orixinal o 26 de xullo de 2013. Consultado o 24 de decembro de 2009. 
  37. Prodan, David (1948),Supplex Libellus Valachorum, Bucarest
  38. Bobango, Gerald J (1979).The emergence of the Romanian national State. New York: Boulder.ISBN 9780914710516. 
  39. Stoica, Vasile (1919).The Roumanian Question: The Roumanians and their Lands. Pittsburgh: Pittsburgh Printing Company. p. 70. 
  40. "San Stefano Preliminary Treaty"(en ruso). 1878. Consultado o2008-08-31. 
  41. The Treaty of Berlin, 1878 - Excerpts on the Balkans.Internet Modern History Sourcebook (Berlin: Fordham University). July 13, 1878. Arquivado dendeo orixinal o 08 de xuño de 2008. Consultado o2008-08-31. 
  42. Patterson, Michelle (1996)."The Road to Romanian Independence".Canadian Journal of History. Arquivado dendeo orixinal o 24 de marzo de 2008. Consultado o2008-08-31. 
  43. Anderson, Frank Maloy; Hershey, Amos Shartle (1918).Handbook for the Diplomatic History of Europe, Asia, and Africa 1870-1914. Washington D.C.: Government Printing Office. 
  44. Horne, Charles F. (Horne)."Ion Bratianu's Declaration of War Delivered to the Austrian Minister in Romania on August 28, 1916". Source Records of the Great War. Consultado o 04/01/10. 
  45. Erlikman, Vadim (2004).Poteri narodonaseleniia v XX veke : spravochnik. Moscova.ISBN 5-93165-107-1. 
  46. World War I Document Archive (ed.)."Text of the Treaty of Trianon". Consultado o2008-08-31. 
  47. Bernard Anthony Cook (2001). Taylor&Francis, ed.Europe Since 1945: An Encyclopedia. pp. 162.ISBN 0815340575. 
  48. Malbone W. Graham (1944)."The Legal Status of the Bukovina and Bessarabia".The American Journal of International Law (American Society of International Law)4 (38). Consultado o2008-08-31. 
  49. 49,049,1"Statul National Unitar (România Mare 1919 - 1940)".ici.ro(en Romanian). Arquivado dendeo orixinal o 08 de xaneiro de 2010. Consultado o 04/01/10. 
  50. Ioan Scurtu, Theodora Stănescu-Stanciu, Georgiana Margareta Scurtu (2002).Istoria Românilor între anii 1918-1940(en romanés). University of Bucharest. Arquivado dendeo orixinal o 13 de novembro de 2007. Consultado o 04 de xaneiro de 2010. 
  51. Nagy-Talavera, Nicolas M. (1970). Hoover Institution Press, ed.Green Shirts and Others: a History of Fascism in Hungary and Romania. p. 305. 
  52. M. Broszat (1968)."Deutschland — Ungarn — Rumänien. Entwicklung und Grundfaktoren nationalsozialistischer Hegemonial- und Bündnispolitik 1938-1941".Historische Zeitschrift(en German)206: 552–553. 
  53. "The Biggest Mistakes In World War 2:Ploesti - the most important target". Consultado o 04/01/10. 
  54. Note: follow the World War II link:Ronald D. Bachman, ed. (11/09/05)."Romania:World War II"2. Washington D.C.: Library of Congress.Federal Research Division.LCCN 90006449. Consultado o 04/01/10. 
  55. Eugen Tomiuc (06/05/04)."World War II – 60 Years After: Former Romanian Monarch Remembers Decision To Switch Sides". Arquivado dendeo orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 04/01/10. 
  56. Michael Clodfelter (2002). McFarland, ed.Warfare and Armed Conflicts- A Statistical Reference to Casualty and Other Figures, 1500-20002. Jefferson, NC. p. 582. 0-7864-1204-6. 
  57. Martin Gilbert.Atlas of the Holocaust. 1988
  58. "Romania: Country studies - Chapter 1.7.1 "Petru Groza's Premiership"". Federal research Division, Library of Congress. Consultado o2008-08-31. 
  59. "Romania". CIA - The World Factbook. Arquivado dendeo orixinal o 15 de maio de 2020. Consultado o 05/01/10. 
  60. "Romania - Country Background and Profile".ed-u.com. Arquivado dendeo orixinal o 10 de decembro de 2008. Consultado o 05/01/10. 
  61. Roper, Stephen D. (2000). Routledge, ed.Romania: The Unfinished Revolution. London. pp. 18.ISBN 9058230279. 
  62. Cioroianu, Adrian (2005). Editura Curtea Veche, ed."On the Shoulders of Marx. An Incursion into the History of Romanian Communism"(en romanés). Bucarest. pp. 68–73.ISBN 9736691756. 
  63. Stan Stoica (2007). Editura Merona, ed.Dicţionar de Istorie a României(en romanés). Bucharest. pp. 77–78; 233–34.ISBN 973-78392-1-8. 
  64. Caraza, Grigore (2004). Editura Vremea XXI, ed.Aiud însângerat(en romanés). Capítulo IV.ISBN 9736450503. 
  65. Cicerone Ioniţoiu (2000). Editura Maşina de scris, ed.Victimele terorii comuniste. Arestaţi, torturaţi, întemniţaţi, ucişi. Dicţionar(en romanés). Bucarest.ISBN 973-99994-2-5. 
  66. "Romania: Soviet Union and Eastern Europe".Country Studies.us. countrystudies.us. Consultado o2008-08-31. 
  67. "Middle East policies in Communist Romania".countrystudies.us. Consultado o 06/01/10. 
  68. Centrul Internaţional de Studii asupra Comunismului, ed. (2004). "Recensământul populaţiei concentraţionare din România în anii 1945-1989"(en romanés). Sighet. 
  69. Comisia Prezidenţială pentru Analiza Dictaturii Comuniste din România, ed. (15/12/2006). "Raportul Comisiei Prezidenţiale pentru Analiza Dictaturii Comuniste din România": 215–217. 
  70. "Romania: Climate". U.S. Library of Congress. Consultado o 10 de xaneiro de 2008. 
  71. "The 2004 Yearbook"(PDF)(en Romanian). Instituto Nacional de Estatísticas de Romanía. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 31 de agosto de 2008. 
  72. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos."Status by country"(eninglés).Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dendeo orixinal o 14 de agosto de 2013. 
  73. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución)(encastelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dendeo orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  74. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales(PDF) (Resolución)(encastelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 9 de febreiro de 2014. 
  75. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución)(encastelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dendeo orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  76. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución)(encastelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dendeo orixinal o 2 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  RomaníaModificar a ligazón no Wikidata
A Galipedia ten unportal sobre:Romanía

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Estados soberanos
Dinamarca
Reino Unido
Áreas especiais de
soberanía interna
Finlandia
  • Illas Åland
    • rexión autónoma suxeita á convención de Åland de 1921
Noruega
Reino Unido
Bandeira de Romanía
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Romanía&oldid=7099826»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp