É a cidade coa máis alta concentración de bens históricos e arquitectónicos do mundo;[8] o seu centro histórico delimitado polo perímetro que marcan asmurallas aurelianas, superposición de pegadas de tres milenios, é a máxima expresión do patrimonio histórico, artístico e cultural do mundo occidental.[9] En 1980, xunto ás propiedades extraterritoriais daSanta Sé que se atopan na cidade e abasílica de San Paulo Extramuros, foi incluída na lista doPatrimonio da Humanidade daUnesco.[10][11]
Roma é unha das cidades con maior importancia nahistoria mundial, sendo un dos símbolos da civilizacióneuropea e centro espiritual docatolicismo, cidade santa do catolicismo e destino de peregrinación (vías romeas) e tamén a única cidade do mundo que ten no seu interior unha entidade estatal autónoma: o enclave daCidade do Vaticano, que se atopa baixo opoder temporal dopapa.[12] Por tal motivo coñecéuselle tamén como a capital de dous Estados.[13][14]
Por antonomasia, coñécese desde a antigüidade como aUrbs,Caput mundi (engalego, "cidade, cabeza do mundo") e tamén é chamada "A Cidade Eterna" (enitaliano:Città Eterna).
Roma atópase nas ribeiras dorío Tíber; a aldea orixinaria desenvolveuse sobre os outeiros que están fronte á curva deste río na cal xorde un promontorio de terra coñecido como aIlla Tiberina.
O territorio do municipio de Roma é amplo, absorbendo áreas que estiveran abandonadas por séculos, na súa maioría infestadas de paludismo e pouco aptas para a agricultura, áreas non pertencentes a ningún municipio: esténdese sobre unha superficie de 1285,31 km² e é o territorio ocupado pola cidade máis grande de Italia[22] e un dos máis extensos en contraste con outras capitais de Europa. Roma goberna unha área que polas súas dimensións é tan grande como, aproximadamente, a suma dos territorios deMilán,Nápoles,Turín,Palermo,Xénova,Boloña,Florencia,Bari eCatania, e é superior á de municipios como o deNova York,Moscova,Berlín,Madrid eParís.[23]
A densidade de poboación non é moi elevada, pola notable presenza de áreas verdes dispersas en todo o seu territorio: Roma representa un caso excepcional no mundo occidental pola vasteza de áreas verdes que serven de coroa á cidade o cal xera unha compenetración entre cidade e campo.[8] Roma, ademais, é a cidade italiana co máis alto número de municipios veciños: 29 municipios italianos máis o enclave daCidade do Vaticano, sumando un total de 30 territorios limítrofes.
O territorio sobre o cal a cidade xurdiu e sobre o cal se desenvolveu ten unha historiaxeoloxicamente complexa: osubstrato recente está constituído por materialpiroclástico producido fai de 0.6 a 0.3 millóns de anos polosvolcáns, hoxe en día inactivos, situados na área sueste da cidade, o volcán Laziale que se atopa nos actuais outeiros Albanas, e ao nordés, os montes Sabatinos. Destes depósitos fórmase gran parte dos outeiros que abundan no territorio romano. Sucesivamente a actividade fluvial do Tíber e do Aniene contribúe á erosión dos relevos e ásedimentación, caracterizando aínda máis ao terreo.
O territorio de Roma, polo tanto, presenta diversas paisaxes naturais e características ambientais: algúns relevos montañosos e outeiros (entre eles os históricos sete outeiros), as zonas forestais, o río Tíber e os seus afluentes, as marranas ou pequenos regatos típicos da paisaxe urbana, os lagos como o lago deBracciano e o lago deMartignano así como aqueles artificiais, unha illa fluvial (ailla Tiberina), e a costa areosa do balneario deOstia, fronte aomar Tirreno.
Sísmicamente, Roma está clasificada como unha zona 3 (sísmicamente baixa), de acordo á Ordenanza PCM n. 3274 do 20/03/2003.[24]
O núcleo central e antigo da cidade está constituído polos históricosSete outeiros de Roma: oOuteiro Palatino, oAventino, oCapitolio, oQuirinal, oViminal, oEsquilino e oCelio. A cidade comprende tamén outros relevos, entre os cales atópanse o monte Mario, o monte Antenne, o monte Brianzo, o monte das Xoias, o monte Giordano, o Gianicolo, o Pincio, os montes Parioli, o monte Savello, o monte Sacro e o monte Verde.
A cidade, á parte do río Tíber, está atravesada tamén doutro río, oAniene, que conflúe co Tíber na zona setentrional do territorio urbano, e por pequenos arroios como o Almone e as numerosasgabias oumargas do Agro Romano.. Omunicipio Roma XIII atópase fronte aomar Tirreno (Roma é o municipio costeiro máis grande de Europa, con ao redor de 20 km de costa[25]), omunicipio Roma XX sobre os lagos deBracciano e deMartignano (co seuenclave dePolline Martignano, no parque natural rexional do complexo lacustre Bracciano-Martignano).[26])
As estacións máis chuviosas son a primavera e o outono, prevalentemente nos meses de novembro e abril. Overán é quente, húmido e tende a ser seco, mentres que oinverno é xeralmente frío echuvioso, pero con notables baixas de temperatura, e raros fenómenosneviscosos dunha certa consistencia.[29] En xeral, o clima é frecuentemente ventilado, cunha prevalencia de ventos setentrionais, como atramontana e o grecale, e occidentais, como o maestrale, o libeccio e o ponentino, chamado así porque provén da zona relatora da cidade.
Previo á fundación da cidade, e tamén en forma contemporánea a ela, Italia estaba habitada por distintos pobos: os latinos, que ocupaban a chaira entre o río Tíber e os montes Albanos; o Tíber separaba aosumbros ao sur e osetruscos ao norte, ao leste e sueste do Lacio atopábase a cadea Apenina que sería o dominio de pastores nómades emparentados entre si: ossabinos,samnitas,marsos,volscos, campanos en Nápoles,ausóns eoscos. Aínda máis ao sur, oslucanos ebrucios.
Con todo, o consenso xeral é, hoxe en día, que Roma foi fundada por Tarquinio Prisco, e que a cidade non pode existir antes do 600 a. C.. Os datos arqueolóxicos obtidos pola investigación moderna fálannos dunha fundación antes do 625 e mesmo do 575 a. C. Este desfasamento cronolóxico coincide coa época en que Roma sería gobernada por reis lendarios tales como Rómulo, Numa Pompilio, e Anco Marcio, polo que é moi probable (no caso de Rómulo non hai dúbida) que estes reis non existisen e que sexan produto da tradición historiográfica.[34]
A cidade crecía, e no final da República, a cidade de Roma era a capital dun vastoimperio arredor domar Mediterráneo. A poboación de Roma medraba, tanto que no seu auxe chegou a albergar máis dun millón de habitantes.
Instituídode facto oImperio, que alcanzará a súa máxima expansión no século II, baixo o mandato do emperadorTraxano, Roma confirmouse como caput mundi, é dicir, a capital do mundo, expresión que se lle atribuíu xa no período republicano. O territorio do imperio, en efecto, estendíase desde oocéano Atlántico ata ogolfo Pérsico,[39] e desde a parte centro-setentrional da [[Britania]] (actual Gran Bretaña) ataExipto.
Os primeiros séculos do Imperio, nos cales gobernaron, ademais deOctavio Augusto, os emperadores dasdinastíasXulio-Claudia,[40]Flavia (aos que se debe a construción doColiseo, realmente chamado anfiteatro Flavio)[41] e osAntoninos,[42] estiveron caracterizados tamén pola difusión da relixión cristiá, predicada enXudea porXesucristo na primeira metade do século I (baixo o mandato deTiberio) e divulgada polos seusapóstolos en gran parte do imperio.[43]
Cando ascende ao poderDiocleciano (284), a situación de Roma era grave: osbárbaros asediaban as fronteiras desde décadas atrás, as provincias estaban gobernadas por homes corruptos, zonas enteiras das capitais foran destruídas. Para xestionar mellor o imperio, Diocleciano divídeo en dous partes: el convértese enAugusto ou emperador da parte oriental (con residencia enNicomedia) e nomea aMaximianoAugusto ou emperador da parte occidental, desprazando a residencia imperial aMediolanum. O imperio divídese aínda máis coa creación detetrarquía: os dousAugustos, de feito, deberán nomear dousCésares, a quen confiaba a parte do territorio e que se converterían, posteriormente, nos novos emperadores.[45]
Un logro decisivo ten lugar conConstantino, que, logo de numerosas loitas internas, centralizou novamente o poder e, coedicto de Milán do ano313, permitiría a liberdade de culto aos cristiáns, empeñándose el mesmo por darlle fortaleza á nova relixión. Fai que se constrúan diversas basílicas, asignou o poder civil sobre Roma ao papaSilvestre I e fundou na parte oriental do Imperio a nova capital,Constantinopla,[46] na actualIstanbul.
O cristianismo convértese narelixión oficial do Imperio grazas a unedicto emanado no ano 380 porTeodosio, que foi o último emperador do imperio unificado: logo da súa morte, de feito, os seus fillos,Arcadio eHonorio, dividíronse o imperio. A capital doimperio Romano de Occidente pasa a ser no ano 395Milán e, pouco despois no ano 402Rávena[47] máis fácil de defender ante o acoso visigodo.
Roma, que non xogaba xa un papel central na administración do Imperio, foi saqueada polosvisigodos comandados porAlarico (410). Reconstruída e adornada profusamente con edificios sacros construídos polos papas (coa colaboración dos emperadores), a cidade sufriu un novo saqueo no ano 455, por parte deXenserico, rei dosvándalos. A reconstrución de Roma foi dirixida polos papasLeón Magno (defensor Urbis por convencer aAtila, no ano 452, de non atacar Roma) e polo seu sucesorHilario, pero no ano 472 a cidade foi saqueada por terceira vez (por obra deRicimer eAnicio Olibrio).
Co fin doImperio Romano de Occidente, en Roma ten lugar un período marcado polapresenza bárbara en Italia e, sobre todo, pola afirmación daIgrexa no poder (co fortalecemento docristianismo na cidade, noséculo III, obispo de Roma -que despois pasaría a ser chamadoPapa- tornouse a maior autoridade relixiosa na Europa Occidental), que substituíu o Imperio e derruboua ponte que uniría á Antigüidade co mundo novo.[49]
Moitas loitas no ámbito romano e europeo non permitiron a instauración dunha estrutura política constante en Roma, que pasou polo tanto a través de distintas formas de goberno: foi dominada primeiro polosgodos e máis adiante polosbizantinos.[50] A cidade de Roma estaría en mans bárbaras (e apoiada economicamente e politicamente poloImperio Bizantino) durante polo menos catro séculos máis, ata o ano756. Neste período foi levada a cabo a creación dunducado romano, cuxos límites correspondían,grosso modo, coa cidade e o territorio que a rodeaba.[51]
No ano 756, desaparecido definitivamente o reilongobardoAistolfo,Pipino o Breve, rei dosfrancos, cedeu as terras conquistadas ao papaEstevo II, co que nace oEstado Pontificio (Patrimonium Sancti Petri), onde o Papa era a autoridade máxima do Estado (do que Roma se converte en capital ata1870).[52]
Ao redor da metade do século IX, o papaLeón IV, despois da incursión sarracena de 846, fai que se fortifique aCivitas Leonina (que correspondía aproximadamente coa actualCidade do Vaticano), confirmando o poder político asumido polos pontífices, que eran protexidos polas familias nobres.[54] Do mesmo xeito estes tamén fortificaron as súas casas ata convertelas en auténticos castelos: é o período comprendido entre os anos 1100 e 1200, período no que Roma estreitou as súas relacións coas comunidades asentadas nas súas proximidades.[55]
A mediados do século XII os cidadáns romanos instauraron o Municipio Consular (que se asentou na cima doCampidoglio), rival da autoridade papal e da autonomía dos nobres; neste período Roma abastécese de novos e eficientes sistemas de defensa.[56]
A Idade Media, ademais, caracterizouse polas loitas entre as familias nobres ligadas aos papas e aquelas ligadas ao extinto imperio, que frearon o desenvolvemento da área central da cidade ata o século XVI. Roma, centro político do mundo grazas ao poderío dos papas, confirmouse como cidade pontificia candoBonifacio VIII, en 1300, proclamou o primeiroXubileu (acontecemento que reuniu na cidade ao redor de dous millóns de peregrinos que seguiron algunha dasvías romeas); o mesmo pontífice, tres anos despois fundou aUniversidade de Roma La Sapienza.[57]
Pero cando en1309 o papaClemente V se retirou aAviñón, Roma foi gobernada por familias nobres en continuas loitas entre elas: a cidade sufriu unha involución, e no século XV rexistraba apenas 20 000 habitantes.[58]
A radical transformación da Roma medieval foi iniciada polo papaNicolao V, que decidiu realizarex novo o novo centro de Roma, o centro da fe cristiá, distinto do centro pagán da Roma antiga. AbandonouLetrán e concibiu a idea da construción da novabasílica de San Pedro:[59] desde ese momento, durante case catro séculos, Roma estivo baixo o completo dominio dos papas.[60]
Despois dareforma luterana (1517) e osaqueo de Roma por parte deCarlos V (1527), tivo lugar oConcilio de Trento, culminado en 1563, que confirmou a Roma como capital do Estado Pontificio, aínda que desde aquel momento a figura do papa diminuíu as súas influencias sobre a política europea.[61]
O período sucesivo ao Concilio de Trento estivo caracterizado por unha renovación urbanística da cidade: os nobres e as familias cardinalicias poderosas abandonaron os seus palacios no centro para construírse novas moradas sobre os outeiros; pero o verdadeiro artífice da grande obra de modernización arquitectónica, cultural e económica da cidade de Roma, foi o papaSisto, pontífice soamente por cinco anos (1585-1590).[62] En 1626 foi inaugurada a novabasílica de San Pedro, emblema do dominio papal.
Este dominio papal foi interrompido soamente un século e medio despois, cando o 15 de febreiro de 1798 foi proclamada aRepública Romana e foi deposto o papaPío VI.[63] A nova forma de goberno durou soamente un ano, entre o descontento xeral do clero e dos romanos, pero co ascenso ao poder deNapoleón Bonaparte, Roma pasou a formar parte doPrimeiro Imperio Francés (1808). O mesmo Napoleón encargou ao artistaAntonio Canova que modernizase a antiga capital imperial: baixo as ordes do emperador francés, ademais, comezaron as escavacións arqueolóxicas (en particular noForo Romano) guiadas polo francésAntoine Chrysostome Quatremère de Quincy.[64]
A era napoleónica concluíuse cunha serie de encontros bélicos decisivos, entre eles abatalla de Leipzig (1813) e abatalla de Waterloo (1815): Roma foi tomada porXoaquín Murat (en novembro de 1813), pero o 11 de abril de 1814 Napoleón liberou o papaPío VII, ata entón encerrado en prisión polos franceses: o pontífice regresou a Roma, impoñendo de novo na capital o dominio papal e devolvendo o entusiasmo á xente.[65]
Roma é a única cidade de Italia que non ten memorias exclusivamente municipais; toda a historia de Roma, desde o tempo dos Césares ata a actualidade, é a historia dunha cidade cuxa importancia se estende infinitamente máis aló do seu territorio; dunha cidade destinada a ser a capital dun grande Estado.
Tanques estadounidenses pasan xunto aoColiseo de Roma o 5 de xuño de 1944, día da liberación da cidade durante asegunda guerra mundial.Placa a Fellini na Via Veneto
En 1861, despois daunificación de Italia dirixida porCavour, comezaron as presións do reiVítor Manuel II contra o papaPío IX, convidado repetidamente a deixar o poder temporalmente.[67] Foron en balde os intentos de numerosos patriotas de anexionar Roma ao Reino de Italia, e a situación permanece igual durante o reinado deNapoleón III, emperador francés que se opoñía á desaparición do Estado Pontificio. Con todo, cando caeu oSegundo Imperio en 1870, Italia non tivo xa obstáculos e puido incorporar os territorios da Igrexa ao Estado. O 20 de setembro, os bersaglieros, dirixidos polo xeneralRaffaele Cadorna, abriron unha fenda nasmurallas aurelianas, nos arredores daPorta Pia, eentraron en Roma: Pio IX foi obrigado a retirarse; fóronlle concedidos soamente oPalacio Vaticano, oLaterano e avila pontificia deCastel Gandolfo. O resto de Roma, polo tanto, foi incorporado aoReino de Italia, do que pasou a ser a súacapital apartir do3 de febreiro de1871.[68]
Despois da chamada idade giolittiana, que caracterizou os primeiros anos do século XX (na cal se alternaron os gobernos deGiovanni Giolitti), e daprimeira guerra mundial, concluída en Roma e en Italia coa «vitoria mutilada» denunciada porGabriele d'Annunzio,[69] a cidade atopábase nun clima de desorde e incerteza política que, en 1922, favoreceu o ascenso ao poder deBenito Mussolini (28 de outubro, mediante ogolpe de Estado coñecido como aMarcha sobre Roma).[70] Durante o ventenio fascista, Roma foi o centro dunha drástica revolución urbanística desexada e executada polo mesmo Mussolini: o «duque» (ouduce en italiano) fixo que se destruísen varias zonas, numerosos edificios medievais e do século XVI, e decretou a apertura de grandes avenidas, como avia dei Fori Imperiali (que pasa á beira do Coliseo romano), o viale Regina Margherita e avia della Conciliazione, que une Roma coaCidade do Vaticano. O11 de febreiro de1929,Benito Mussolini coa firma dospactos de Letrán estableceu, nunha serie de acordos co papado cristián, o Estado independente doVaticano, cedendo un espazo de 0,44 km² da cidade de Roma ao novo país.[71]
En1940, Italia entrou na segunda guerra mundial, que non involucrou directamente a Roma ata que, seguindo o curso desfavorable daspotencias do Eixe, o19 de xullo de1943 foi obxecto dun duro e intensobombardeo por parte das forzas aéreasaliadas que causou a morte de máis de 3000 persoas nos distritos de San Lourenzo, Tiburtino, Prenestino, Casilino, Labicano, Tuscolano e Nomentano.[72] Despois doarresto de Mussolini o25 de xullo e oarmisticio do8 de setembro, aínda que fora declaradacidade aberta polas autoridades alemás o14 de marzo dese mesmo ano, Roma foi ocupada polosnazis tras fracasar o intento de defensa en Porta San Paolo e no Montagnola. Nos nove meses de ocupación, a cidade foi escenario da deportación dosxudeus romanos (16 de outubro de 1943), de ataques contra aWehrmacht por parte daresistencia romana como a que ocorreu enVia Rasella, e de masacres por parte dos nazis como a ocorrida enFosa Ardeatina, para ser finalmente liberada polos aliados o4 de xuño de1944.[73]
Ao terminar a guerra, despois doreferendo do 2 e 3 de xuño de 1946, Roma pasa a ser de novo a capital da República italiana. Nos anos cincuenta e sesenta a cidade desenvolveuse urbanística e demográficamente e, a partir doXubileu de1950, convértese nun dos máis anhelados destinos turísticos e foise transformando, en pouco tempo, na capital mundial da diversión e do cinema, grazas ás numerosas películas de recoñecidos directores cinematográficos.[74]
Osanos cincuenta esesenta lémbranse como o período dadolce vita, contada porFederico Fellini na películahomónima. Roma, que se converteu nunha das capitais internacionais do cinema, é frecuentada polas figuras máis importantes dajet set internacional, que se arrexuntan nas instalacións daVia Veneto. Ao mesmo tempo, converteuse nun dos centros daalta moda italiana, coa apertura de tendas de moda dos máis importantes deseñadores enVia Condotti, Via Borgognona eVia Frattina.
Neste período a cidade expandiuse de modo vertixinoso: desenvolvéronse novos barrios e as zonas periféricas, ata o de agora no campo que rodeaba Roma, foron urbanizadas. Construíuse aestación ferroviaria de Termini e construíronse novas infraestruturas, como o primeiro tramo dometro e aautoestrada Anular A90 así como os complexos deportivos para osxogos olímpicos dos que Roma foi anfitrioa en 1960. O 25 de marzo de 1957, ademais, asináronse en Roma osdous tratados que supuxeron o inicio daComunidade Económica Europea e doEURATOM; desde 1962 ata 1965 celebrouse na basílica de San Pedro oConcilio Vaticano Segundo.[74]
Hoxe en día, Roma, a cidade máis poboada e grande de Italia, é o centro da vida política italiana e da relixión católica; en calidade de cidade capital, goza de especiais poderes administrativos, pasando de ser municipio a cidade metropolitana.[75]
A descrición doEscudo de Roma está contida no primeiro artigo dos estatutos municipais:[76]
O emblema do municipio está constituído por un escudo de forma puntiaguda, de cor púrpura, con cruz grega de ouro, colocada arriba á dereita, seguida das letras maiúsculas de ouro S. P. Q. R. dispostas en banda e en escalado, coroado por oito floróns de ouro, cinco dos cales son visibles
Outros símbolos de Roma, á parte do escudo municipal, son aloba capitolina, estatua de bronce que representa á lendaria loba que aleitou aos dous xemelgos Rómulo e Remo; oColiseo, oanfiteatro máis grande do Imperio Romano, recoñecido, no 2007, como unha dassete marabillas do mundo moderno (a única en Europa);[77] aCupulota, a cúpula da basílica de San Pedro naCidade do Vaticano, que domina toda a cidade e simboliza tamén ao mundo cristián.[78] A aguia imperial ―efixie militar― foi símbolo da cidade durante aantigüidade;[79] tamén o foi durante a Idade Media oleón, animal emblemático da supremacía.[80]
O lema da cidade éSPQR, en latínSenatus Populusque Romanus (o Senado e o Pobo de Roma), que na antigüidade indicaba as dúasclases que constituían á sociedade romana, a dospatricios e a dosplebeos.[81]
Cores: amarelo e vermello, representando, respectivamente, o cristianismo e o imperio.
¡Roma é a capital do mundo! Neste lugar renóvase toda a historia do mundo, e sinto nacer por segunda vez, e haber verdadeiramente rexurdido, o día que puxen pé en Roma. As súas belezas alzáronme aos poucos ao alto
Roma preséntase como o resultado do continuo sobrepoñerse de testemuños arquitectónicos e urbanísticos de diversos séculos, nunha compenetración única e suxestiva que mostra a complexa relación que a cidade sostivo co seu pasado, nun alternarse de desenvolvementos caóticos, períodos de decadencia, renacementos e tentativas, na idade contemporánea, de modernización do tecido urbano. Unha gran cantidade dos bens culturais do mundo atópase en Roma[82] xa que é a cidade con máis monumentos do mundo, tanto en sentido absoluto[83] como en termos de densidade ou superficie (monumentos por metro cadrado)[84].
OPanteón, igrexa de Santa María dos MártiresCasa das Vestais.San Pedro na Cidade do Vaticano.Archibasílica de San Xoán de Letrán.
Os edificios relixiosos de Roma constitúen unha parte fundamental do patrimonio monumental da cidade capitolina: estes son o símbolo da importancia cultural, social e artística do compoñente relixioso durante todos os períodos da historia romana.
Os máis importantes edificios sacros da antigüidade foron ostemplos: non eran lugares de congregación dos fieis, senón que albergaban unicamente a imaxe da divindade á que estaban dedicados. Estímase que na tardía idade republicana de Roma habería preto dun centenar de templos.[85]
Roma é a cidade co maior número de igrexas no mundo,[86][87] considerando tamén o importante número de lugares de culto protestantes, ortodoxos e doutras confesións cristiás.
Entre 1984 e 1992, no barrio chamado Parioli, construíuse amesquita máis grande de Europa, que ocupa unha superficie de 34 000 m²; así mesmo, no barrio xudeu atópase oTemplo Maior de Roma, completado a principios do século XX.
Tamén son moi numerosas as construcións relixiosas funerarias: en Roma están presentes ao redor de sesenta catacumbas, os cemiterios subterráneos cristiáns do primeiro século despois de Cristo; os mausoleos, tumbas de excepcional monumentalidade, adornaban as vías consulares (especialmente a famosa Vía Appia). Non faltaban os sepulcros, hipoxeos, necrópoles e tumbas en forma de pirámides, baseadas no modelo exipcio.
Os principais cemiterios romanos son ocemiterio do Verán, o cemiterio comunal e monumental da cidade; o cemiterio Flaminio, o máis grande de Italia; e o cemiterio acatólico de Roma (ou dos protestantes), establecido na primeira metade do século XVIII para a sepultura dos estranxeiros practicantes doutras relixións.
Os edificios civís de Roma consisten en varios centenares de edificios e outros monumentos que acompañan á historia da cidade durante os seus 28 séculos: daarx Capitolina e asdomus (casas) da antiga Roma aos edificios señoriais da Idade Media, desde as luxosas vilas da Roma pontificia ás edificacións modernas que caracterizan a zona EUR e os barrios máis recentes.
Apraza do Campidoglio alberga o edificio Senatorial, sede de representación da municipalidade de Roma, e o edificio dos Conservadores así como o edificio Novo, sede dos Museos Capitolinos. Múltiples son os edificios históricos da cidade, sede das familias nobres, cardinalicias e papais que exercitaron a súa poder en Roma: entre estes, opalazzo Venezia, opalacio Farnesio, opalacio Colonna e opalacio Barberini.
Despois da anexión de Roma ao Reino de Italia, moitos edificios foron utilizados como sedes de varios órganos do goberno provincial, rexional e nacional, como opalacio do Quirinale, sede da Presidencia da República; opalazzo Madama, sede do Senado da República; opalazzo Montecitorio, sede da Cámara dos Deputados; opalazzo Chigi é sede do Goberno Italiano; opalazzo Valentini, sede da provincia de Roma; opalazzo Koch, sede do Banco de Italia; opalazzo della Consulta, sede da Corte Constitucional; oPalacio Spada, sede do Consello de Estado; oPalacio de Xustiza (coñecido como oPalazzaccio), sede da Corte Suprema de Casación, e os varios palacios ministeriais.
Tamén son numerosas as vilas e xardíns que formaban parte no pasado das moradas dos nobres, construídos ou arranxados a partir dos xardíns urbanos que pertencían aos personaxes sobresaíntes da Roma antiga (ashortas). As vilas urbanas máis grandes son aVila Doria Pamphili, e aVila Borghese, aVila Ada, aVila Giulia e aVila Torlonia.
No transcorrer da súa historia plurisecular, Roma foi sede de centenares de teatros e outros edificios dedicados ao entretemento, como oscircos (o circo máis soado foi oCirco Máximo, capaz de albergar ao redor de 250 000 espectadores, récord aínda hoxe non superado) e os anfiteatros (o maior dos cales, o Coliseo, converteuse en símbolo da cidade e emblema cultural mundial).
Os acuedutos construíronse na Antigüidade: a súa lonxitude chegou a medir ao redor de 350 km; na modernidade os papas ocupáronse da súa restauración e construíron algúns outros; os últimos foron construídos no transcurso do século XX para o aumento das necesidades de auga da cidade.
O Tíber e o Aniene, os ríos que atravesan a cidade, están atravesados por máis de trintapontes: na área urbana, vinte e oito atravesan o Tíber (entre eles aponte Milvio, aponte Sant'Angelo e aponte Sisto), mentres que cinco construíronse para atravesar o Aniene, entre os cales está oponte Nomentano.
Os edificios militares de Roma remóntanse ás orixes míticas da cidade, candoRómulo alzaría as murallas da Roma cadrada, e xogaron un papel importante en todo o transcorrer da historia da cidade, determinando o seu desenvolvemento e a súa defensa.
Roma é a única capital europea que conservou case completamente o circuíto das súas murallas, que poden dividirse en seis sistemas defensivos distintos (as murallas romuleanas, as murallas servianas, as murallas aurelianas, as murallas leoninas, as murallas vaticanas e as murallas gianicolenses).
A principal muralla da cidade, construída por orde deAureliano, presentaba dezaseis portas, a maior parte das cales coincidía cunha vía consular: entre elas, a porta San Sebastiano, a porta San Paolo, a porta do Popolo e a porta Pía.
Outras imaxes características de Roma, sobre todo na época medieval, eran as torres e os castelos, residencias das poderosas familias baronais que apadronaron a cidade entre o século X e o XIV: Gregorovius afirmou que, na Idade Media, Roma contaba con ao redor de 900 torres, a maior parte delas foron destruídas na segunda metade do século XIII; en cambio, numerosos castelos sobreviviron e caracterizan a paisaxe da campiña romana.
Despois da unificación de Italia, a cidade pasou a estar protexida por un campo atrincheirado composto por quince fortes que formaban un anel de ao redor de 40 km.
Roma é a cidade que conserva o maior número deobeliscos: moitos se remontan á Idade Imperial, cando os obeliscos eran transportados directamente de Exipto; outros foron realizados polos romanos, que usaban o mesmo granito dos obeliscos exipcios. A maior parte destes foi restaurada por orde do papaSisto V.[91]
Desde a Antigüidade, as rúas, as prazas e os edificios de Roma adórnanse conestatuas de distintos tipos (ecuestres, estatuas en pé, estatuas sentadas ou bustos, por exemplo). Antigamente atribuíaselles un poder case místico, para protexer ao pobo romano e representar a concesión dos deuses. Particulares e características son as «estatuas que falan» (entre elasPasquino e a estatua doBabuino), a través das cales o pobo, con sátiras e escritos cínicos que colocaba anonimamente nos seus pedestais, expresaba o seu malestar ante aquel que tiña o poder na cidade.[92]
En Roma, no transcurso dos seus séculos, erixíronse numerosas columnas con intención conmemorativa; entre as 14 que aínda existen atópanse acolumna de Marco Aurelio e acolumna de Traxano.[93] Entre as principais columnatas da cidade, a máis coñecida é probablemente a que realizou Bernini no século XVII.
A pouca distancia atópase oColiseo, o monumento que serve de símbolo á Antiga Roma; sobre o próximo outeiro Oppio atópanse os restos daDomus Aurea, a «casa de ouro» de Nerón.[96]
O Xardín do Lago e o Templo de Esculapio en Vila Borghese.
Con ao redor de 52 000 hectáreas de área agrícola, Roma é a cidade máis verde de Europa.[104] Máis aló das vilas históricas hai outras moitas áreas verdes, sen contar os terreos dedicados á agricultura nas zonas máis periféricas.
↑En 1990 foi feita pola Unesco unha ampliación e incluíronse os bens comprendidos dentro dasmurallas gianicolensi construídas a instancia do papaUrbano VIII.
↑16,016,116,216,3A hipótese foi formulada por algúns historiadores antigos de lingua grega e difundidas porPlutarco.
↑A hipótese é unha variante da lenda troiana. O nome sería tomado dos fundadores da cidade, a pesar de que o verdadeiro fundador da cidade foi só un dos xemelgos; cfr.Rendina 2007, p. 17.
↑Hipótese formulada porServio Mario Onorato: Roma tería por significado "cidade do río".
↑Os dous outeiros son comparables pola súa forma a dúas mamas.
↑Neste caso Roma tería por significado "cidade forte";
↑Roma alcanza formalmente ogolfo Pérsico só entre115 e117. Mentres tanto, a fronteira oriental estaba representada polorío Éufrates e polo deserto siriano.
Gabba, Emilio (1999).Introduzione alla storia di Roma(en italiano). Roma: LED.ISBN88-7916-113-X.
Lozzi Bonaventura, Maria Antonietta (2009).Roma antica. Viaggio nel tempo alla scoperta della città eterna(en italiano). Subiaco: Guide ITER.ISBN978-88-8177-143-1.
Rendina, Claudio (2007).Roma ieri, oggi e domani(en italiano). Roma: Newton Compton Editori.ISBN978-88-541-1025-0.