Rolling Stone é unharevistaestadounidense dedicada ámúsica e a cultura popular. Edítase dende1967 e ademais de ter a súa edición norteamericana quincenal, posúe varias ediciónsestranxeiras mensuais, repartidas en distintos países do mundo, coas cales a revista permite dar unha ollada máis local á música. Foi fundada enSan Francisco porJann Wenner (que aínda é o editor xefe da revista) e o crítico musicalRalph J. Gleason.
A revista foi coñecida inicialmente pola súa cobertura da música rock e as reportaxes políticas de Hunter S. Thompson. Nos anos 90 a publicación ampliouse e cambiou o seu enfoque cara un público de lectores máis novos interesados en programas de televisión, actores de cine e música popular.[1] Desde entón volveu á súa mestura tradicional de contidos, incluíndo música, entretemento e política.